Archive | abril 10, 2015

Ampliación de ‘Salvador Dalí. Contador de historias’ en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) ampliará dúas semanas, ata o vindeiro 2 de maio, a súa exposición «Salvador Dalí. Contador de historias», que estaba previsto clausurar o 18 de abril, para atender a demanda de público, especialmente de participantes nas actividades escolares. Máis de catro mil persoas se achegaron xa a mostra, 1416 deles estudantes e outros 962 pecharon reserva ata a súa clausura. A exposición pode visitarse en horario de luns a venres, de 17.30 a 20.30 h e os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.

María do Ceo en Afundación Vigo

Este domingo 12 de abril ás 19.00 terá lugar no Teatro Afundación de Vigo a presentación de «Soños cumpridos», o último traballo discográfico da fadista María do Ceo no que a cantante pon voz ás letras de Eduardo Blanco Amor e Armando González. As entradas están á venda nas canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA DETECTOU EN 2014 181 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA NON DECLARADA, UN 20% MÁIS QUE NO 2013

  • A ATRIGA realizou o pasado ano case 260.000 revisións de autoliquidacións dos principais impostos, un 13% máis que o ano anterior
  • O 87% das revisións de autoliquidacións comprobadas eran correctas e non precisaron modificacións

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) detectou o pasado ano 181 millóns de euros de débeda non declarada, o que supón un incremento do 20,6% respecto ao ano 2013. Así o reflicte un informe sobre as actuacións de control deste organismo presentado hoxe no Consello da Xunta polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

O informe pon de manifesto que a ATRIGA –que empezou a funcionar en xaneiro de 2013- realizou no pasado exercicio un total de 259.588 comprobacións de autoliquidacións no eido do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e do Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD), un 13% máis que no 2013, é dicir, 29.701 comprobacións máis. Ambos impostos concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados por este organismo.

 

Das preto de 260.000 comprobacións efectuadas, no 87% dos casos a Administración confirmou que a autoliquidación do imposto presentada polo contribuínte era correcta. No resto dos casos, a ATRIGA practicou unha liquidación para que o contribuínte tribute conforme á legalidade. O número de liquidacións practicadas foi de 33.404, un 6% máis que no exercicio 2013.

 

Dos 181 millóns de débeda aflorada, a maioría, un total de 148,5 millóns, deriváronse de actuacións de xestión, mentres que os 32,8 millóns restantes foron como consecuencia de labores de inspección. Dentro deses 181 millóns están incluídos os 50,7 millóns derivados do plan especial de loita contra a fraude de 2014, no que se cumpriron os obxectivos iniciais.

 

As comprobacións practicadas pola ATRIGA detectaron que só o 3% das autoliquidacións presentadas polos contribuíntes tiñan aplicados de forma incorrecta algúns dos beneficios fiscais que ten en vigor o Goberno galego.

 

Aprazamentos e fraccionamentos

No ano 2014, os aprazamentos e fraccionamentos concedidos pola Axencia Tributaria de Galicia ascenderon aos 25,7 millóns. Neste contexto, entre 2009 e 2014 concedéronse aprazamentos por 141,8 millóns, fronte aos 40,7 millóns concedidos entre 2005 e 2008.

 

A concesión de aprazamentos e fraccionamentos permite aos contribuíntes afrontar o pagamento das súas débedas tributarias da forma que máis se acomode á súa situación financeira e de tesourería, permitindo ás familias e empresas dispoñer de máis liquidez.

 

Adiós a los testigos de las irregularidades en los siniestros marítimos y felonías de la DGMM y Sasemar. Oficiales Radioelectrónicos de la Marina Mercante

unnamedLos únicos testigos de los numerosos naufragios donde la DGMM y Sasemar ostenta la única responsabilidad y culpabilidad de cientos de naufragios han sido eliminados, ultrajados y vituperados por quien dice representarles y con ellos la posibilidad de acusar a los verdaderos culpables ante la justicia, que junto a los miles de alertas por todos los mares del Mundo han dejado escrito en la historia de la navegación el severo y recto proceder en salvar las gentes de la Mar. Algo que no casaba con las aseguradoras y los culpables de miles de fallecidos en la Mar por negligencia grave. Prueba evidente es que el Sr Catalá, actual Ministro de Justicia otorga la Medalla de la Marina Mercante al Colectivo y el Sr Rafael Rodríguez Valero y el Sr Pedrosa de forma ILEGAL y bajo la burla a los miles de radioelectrónicos la tienen retenida en un cajón mientras utilizan los fondos públicos para comprarse medallas para ellos mismos… [+] »

O DOG PUBLICA HOXE A ORDE DE AXUDAS DO PROGRAMA INICIATIVA XOVE DE XUVENTUDE PARA FINANCIAR PRETO DE 150 PROXECTOS DE 700 MOZOS E MOZAS

  • A Consellería de Traballo e Benestar destina a esta iniciativa 550.000 euros, preto do 10 por cento máis que en 2014
  • Esta actuación permite financiar o cen por cento dos proxectos presentados pola mocidade ata un máximo de 4.000 euros
  • Trátase dun programa de educación non formal, que chega a súa sexta edición apostando por ceder o protagonismo á mocidade
  • Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 por cento sobre o total da cantidade concedida

 

Santiago, 10 de abril de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a liña de axudas de Iniciativa Xove, o programa de educación non formal que aposta por ceder o protagonismo á mocidade financiando os seus proxectos. A Consellería de Traballo e Benestar destina este ano a esta iniciativa 550.000 euros, preto dun 10 por cento máis que en 2014, co que se prevé financiar preto de 150 proxectos de 700 mozos e mozas.

 

Este programa permite financiar o cen por cento os proxectos presentados polos mozos e mozas ata un máximo de 4.000 euros. Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida. Isto permitiralles financiar o proxecto, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

 

A través de Iniciativa Xove, a Administración autonómica non lle indica aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas, co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil.

 

Esta actuación chega a súa sexta edición en 2015 consolidándose como un programa de referencia no eido da participación xuvenil. A iniciativa  é pioneira a nivel nacional na súa aposta polo financiamento de iniciativas de grupos informais de mozos, ademais das tradicionais asociacións.

 

Dende a súa posta en marcha ata hoxe o departamento autonómico ten investido nesta actuación máis de 3,1 millóns de euros co que se financiaron 850 proxectos promovidos por máis de 4.200 mozos.

A XUNTA CEDERALLE AOS CONCELLOS INFORMACIÓN TRIBUTARIA PARA REDUCIR TRÁMITES BUROCRÁTICOS A CIDADÁNS E EMPRESAS

150408 facenda 01xO conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o presidente da FEGAMP, José Manuel Rey Varela, asinaron un convenio nesta materia

  • A través de sistemas telemáticos, os concellos obterán directamente da ATRIGA información de tipo fiscal para a concesión de subvencións ou axudas
  • Esta colaboración enmárcase no obxectivo de facilitar a realización de xestións e trámites burocráticos a todos os cidadáns
  • O mecanismo dota de maior axilidade e fiabilidade a resolución de expedientes