A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA DETECTOU EN 2014 181 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA NON DECLARADA, UN 20% MÁIS QUE NO 2013

  • A ATRIGA realizou o pasado ano case 260.000 revisións de autoliquidacións dos principais impostos, un 13% máis que o ano anterior
  • O 87% das revisións de autoliquidacións comprobadas eran correctas e non precisaron modificacións

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) detectou o pasado ano 181 millóns de euros de débeda non declarada, o que supón un incremento do 20,6% respecto ao ano 2013. Así o reflicte un informe sobre as actuacións de control deste organismo presentado hoxe no Consello da Xunta polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

O informe pon de manifesto que a ATRIGA –que empezou a funcionar en xaneiro de 2013- realizou no pasado exercicio un total de 259.588 comprobacións de autoliquidacións no eido do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e do Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD), un 13% máis que no 2013, é dicir, 29.701 comprobacións máis. Ambos impostos concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados por este organismo.

 

Das preto de 260.000 comprobacións efectuadas, no 87% dos casos a Administración confirmou que a autoliquidación do imposto presentada polo contribuínte era correcta. No resto dos casos, a ATRIGA practicou unha liquidación para que o contribuínte tribute conforme á legalidade. O número de liquidacións practicadas foi de 33.404, un 6% máis que no exercicio 2013.

 

Dos 181 millóns de débeda aflorada, a maioría, un total de 148,5 millóns, deriváronse de actuacións de xestión, mentres que os 32,8 millóns restantes foron como consecuencia de labores de inspección. Dentro deses 181 millóns están incluídos os 50,7 millóns derivados do plan especial de loita contra a fraude de 2014, no que se cumpriron os obxectivos iniciais.

 

As comprobacións practicadas pola ATRIGA detectaron que só o 3% das autoliquidacións presentadas polos contribuíntes tiñan aplicados de forma incorrecta algúns dos beneficios fiscais que ten en vigor o Goberno galego.

 

Aprazamentos e fraccionamentos

No ano 2014, os aprazamentos e fraccionamentos concedidos pola Axencia Tributaria de Galicia ascenderon aos 25,7 millóns. Neste contexto, entre 2009 e 2014 concedéronse aprazamentos por 141,8 millóns, fronte aos 40,7 millóns concedidos entre 2005 e 2008.

 

A concesión de aprazamentos e fraccionamentos permite aos contribuíntes afrontar o pagamento das súas débedas tributarias da forma que máis se acomode á súa situación financeira e de tesourería, permitindo ás familias e empresas dispoñer de máis liquidez.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: