O DOG PUBLICA HOXE A ORDE DE AXUDAS DO PROGRAMA INICIATIVA XOVE DE XUVENTUDE PARA FINANCIAR PRETO DE 150 PROXECTOS DE 700 MOZOS E MOZAS

  • A Consellería de Traballo e Benestar destina a esta iniciativa 550.000 euros, preto do 10 por cento máis que en 2014
  • Esta actuación permite financiar o cen por cento dos proxectos presentados pola mocidade ata un máximo de 4.000 euros
  • Trátase dun programa de educación non formal, que chega a súa sexta edición apostando por ceder o protagonismo á mocidade
  • Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 por cento sobre o total da cantidade concedida

 

Santiago, 10 de abril de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a liña de axudas de Iniciativa Xove, o programa de educación non formal que aposta por ceder o protagonismo á mocidade financiando os seus proxectos. A Consellería de Traballo e Benestar destina este ano a esta iniciativa 550.000 euros, preto dun 10 por cento máis que en 2014, co que se prevé financiar preto de 150 proxectos de 700 mozos e mozas.

 

Este programa permite financiar o cen por cento os proxectos presentados polos mozos e mozas ata un máximo de 4.000 euros. Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, reciben un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida. Isto permitiralles financiar o proxecto, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

 

A través de Iniciativa Xove, a Administración autonómica non lle indica aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas, co propósito de estimular o liderado, a creatividade e o talento xuvenil.

 

Esta actuación chega a súa sexta edición en 2015 consolidándose como un programa de referencia no eido da participación xuvenil. A iniciativa  é pioneira a nivel nacional na súa aposta polo financiamento de iniciativas de grupos informais de mozos, ademais das tradicionais asociacións.

 

Dende a súa posta en marcha ata hoxe o departamento autonómico ten investido nesta actuación máis de 3,1 millóns de euros co que se financiaron 850 proxectos promovidos por máis de 4.200 mozos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: