Archive | abril 12, 2015

Concello de Vigo

 


O goberno local adica case 2 millóns de euros a achegas de libros e comedor escolar

A Xunta de Goberno Local deu luz vede ás bases e á convocatoria das bolsas municipais de libros e comedor para o próximo curso escolar 2015-2016, cun investimento total do Concello próximo aos 2 millóns de euros. O obxectivo do equipo que dirixe Caballero é a concesión da axuda a todos os que o precisen e, como xa acontece neste curso, eliminar a lista de agarda.

 

O Concello impulsa a rehabilitación de dous barrios con 450 vivendas en Coia e Cabral

A Xerencia de Urbanismo deste venres, segundo informou Caballero, validou a declaración de Áreas de Rehabilitación Integral dun polígono en Coia de 360 vivendas e das 96 casas de Santa Clara (Cabral), e a súa incorporación ao Plan Estatal 2013-2016. O investimento estimado para a rehabilitación de ambos barrios supera os 17 millóns.

 


Concello e ARVI organizarán actos para a difusión e coñecemento da actividade pesqueira na cidade

Despois dunha reunión coa dirección da Cooperativa de Armadores, o alcalde de Vigo anunciou un «planteamento conxunto ambicioso» para desenvolver proxectos de consolidación da actividade pesqueira en Vigo e o seu coñecemento entre a cidadanía. Caballero indicou que as accións concretas se plasmarán a partir do verán.

 


O alcalde saúda a expansión empresarial de Frigalsa e a recuperación do edificio de Freiremar

Abel Caballero mantivo unha reunión con responsables de Frigalsa, que presentaron ao alcalde o proxecto de ampliación da súa empresa que suporá unha maior actividade pesqueira e a recuperación do edificio de Freiremar. Caballero salientou que é unha «boa nova» para a cidade tanto a expansión empresarial e a xeración de emprego que conleva como o uso do nomeado inmoble.

 


Abel Caballero rubrica o convenio de colaboración co Vigo Rugby Club

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres o convenio de colaboración do Concello coa dirección da entidade deportiva e, segundo afirmou o rexedor, trasladoulles a intención municipal de dobrar a axuda económica que se lles otorga actualmente.

 

Medidas de tráfico por obras

 

IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2015



Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 24 de marzo do 2015, sinálase o período voluntario de cobranza do: IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA do 1 de abril de 2014 ao 5 de xuño do 2015, ambos os dous incluídos.
Forma de pagamento:Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un aviso de pagamento para tal fin, poderán efectuar o ingreso por algún dos seguintes medios:

 

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO OFICIAL PAVIMENTADOR/A

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 13 de marzo de 2015, adoptou acordo que contén as bases reitoras do proceso selectivo para a formación de unha Bolsa de Emprego que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 da lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), como Oficiais Pavimentadores/as.

 

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2015

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 23.03.2015 acordou aprobar a «Convocatoria de subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, ano 2015», realizada pola concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, sendo obxecto de publicación no BOP núm. 64, de 7 de abril de 2015.

 

Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2015

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 62 de data 1 de abril de 2015, estará en exposición pública dende o 2 de abril ata o 16 de abril o «Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2015»

Malos tempos para San Juan e a sardiña..»Polo San Juan a sardiña molla o pan» ..

unnamedDe acordo coa Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia (PLADESEMAPESGA), o volume de captura de sardina e outros peixes pelágicos menores, reduciuse considerablemente no litoral galego entre 2011 e 2012, ao pasar de máis de 40 mil toneladas a só 24 mil, o que afectou á o sector e á industria pesquera. Desde a entrada do actual goberno do PP non se deron a coñecer datos sobre esta especie, o cal xerou a retirada e desguace de licenzas de captura para o aprovechamiento do recurso mariño. A lonja da Coruña poxou máis de 21 toneladas de sardina desde o 20 de setembro, dían no que o Goberno do (PP) Mariano Rajoy e feijóo decretaron a pechadura da pesquería nas nosas augas ocasionando os graves problemas do sector que se manteñen 8 meses despois.. [+] »

Nueva Agrupación política en Arbo.

agrupaelectoresarboIDEAS E PERSOAS PARA ARBO
Estamos en pleno proceso de construcion da alternativa de goberno para os vindeiros 4 anos en Arbo. Queremos coñecer as túas ideas e propostas: sobre calquera aspecto ou sector, sobre o que farías desde o goberno arbense e tamén o que non farías.
Fai as túas propostas neste muro. Ou se prefires mándanolas a aearbo@gmail.com.
Tamén tes a oportunidade de ser candidato ou candidata na nosa lista electoral. Envíanos os motivos que te levan a candidatarte, convidamoste á vindeira reunión aberta e participas na nosa lista, que é a túa tamén, a de todos e todas as arbenses con sentido común que queren un Arbo diferente, que pense nas persoas, que promova a igualdade de oportunidades, que loite polo emprego, que defenda o Río, que diga NON á Alta Tensión, que defenda uns servizos públicos de calidade….Ideas e persoas para Arbo, esperámolas, esperámoste.

O GRUPO POPULAR DEFENDE NO PARLAMENTO QUE RENFE ANALICE A VIABILIDADE DE ESTABLECER BONIFICACIÓNS PARA DESEMPREGADOS

  • Estas rebaixas estarán dirixidas a subvencionar os traxectos de media distancia e cercanías

Santiago, 9 de abril de 2015.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Parlamento a necesidade de que Renfe analice a viabilidade de establecer bonificacións e tarifas especiais para o colectivo de persoas paradas ou desempregadas que, en especial, estarán dirixidas a subvencionar os traxectos de media distancia e cercanías.

O portavoz de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso, explicou que non existe ningunha bonificación ou tarifa especial para o colectivo de persoas paradas ou desempregadas residentes en Galicia nin no resto do territorio nacional. “O establecemento de tarifas especiais para determinados colectivos no transporte público, ademais de representar unha axuda social, é unha maneira de fomentar o transporte público”,  indicou.

“Polo tanto, dado o índice de paro existente en España e en Galicia, aínda que a Comunidade galega presenta un mellor comportamento neste sentido, parece lóxico analizar a posibilidade de establecer bonificacións ou tarifas especiais que permitan mellorar as condicións de acceso ao transporte público do colectivo de parados ou desempregados”.