Concello de Vigo

 


O goberno local adica case 2 millóns de euros a achegas de libros e comedor escolar

A Xunta de Goberno Local deu luz vede ás bases e á convocatoria das bolsas municipais de libros e comedor para o próximo curso escolar 2015-2016, cun investimento total do Concello próximo aos 2 millóns de euros. O obxectivo do equipo que dirixe Caballero é a concesión da axuda a todos os que o precisen e, como xa acontece neste curso, eliminar a lista de agarda.

 

O Concello impulsa a rehabilitación de dous barrios con 450 vivendas en Coia e Cabral

A Xerencia de Urbanismo deste venres, segundo informou Caballero, validou a declaración de Áreas de Rehabilitación Integral dun polígono en Coia de 360 vivendas e das 96 casas de Santa Clara (Cabral), e a súa incorporación ao Plan Estatal 2013-2016. O investimento estimado para a rehabilitación de ambos barrios supera os 17 millóns.

 


Concello e ARVI organizarán actos para a difusión e coñecemento da actividade pesqueira na cidade

Despois dunha reunión coa dirección da Cooperativa de Armadores, o alcalde de Vigo anunciou un “planteamento conxunto ambicioso” para desenvolver proxectos de consolidación da actividade pesqueira en Vigo e o seu coñecemento entre a cidadanía. Caballero indicou que as accións concretas se plasmarán a partir do verán.

 


O alcalde saúda a expansión empresarial de Frigalsa e a recuperación do edificio de Freiremar

Abel Caballero mantivo unha reunión con responsables de Frigalsa, que presentaron ao alcalde o proxecto de ampliación da súa empresa que suporá unha maior actividade pesqueira e a recuperación do edificio de Freiremar. Caballero salientou que é unha “boa nova” para a cidade tanto a expansión empresarial e a xeración de emprego que conleva como o uso do nomeado inmoble.

 


Abel Caballero rubrica o convenio de colaboración co Vigo Rugby Club

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres o convenio de colaboración do Concello coa dirección da entidade deportiva e, segundo afirmou o rexedor, trasladoulles a intención municipal de dobrar a axuda económica que se lles otorga actualmente.

 

Medidas de tráfico por obras

 

IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2015



Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 24 de marzo do 2015, sinálase o período voluntario de cobranza do: IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA do 1 de abril de 2014 ao 5 de xuño do 2015, ambos os dous incluídos.
Forma de pagamento:Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un aviso de pagamento para tal fin, poderán efectuar o ingreso por algún dos seguintes medios:

 

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO OFICIAL PAVIMENTADOR/A

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 13 de marzo de 2015, adoptou acordo que contén as bases reitoras do proceso selectivo para a formación de unha Bolsa de Emprego que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 da lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), como Oficiais Pavimentadores/as.

 

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2015

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 23.03.2015 acordou aprobar a “Convocatoria de subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, ano 2015”, realizada pola concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, sendo obxecto de publicación no BOP núm. 64, de 7 de abril de 2015.

 

Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2015

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 62 de data 1 de abril de 2015, estará en exposición pública dende o 2 de abril ata o 16 de abril o “Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2015”

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: