O GRUPO POPULAR DEFENDE NO PARLAMENTO QUE RENFE ANALICE A VIABILIDADE DE ESTABLECER BONIFICACIÓNS PARA DESEMPREGADOS

  • Estas rebaixas estarán dirixidas a subvencionar os traxectos de media distancia e cercanías

Santiago, 9 de abril de 2015.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Parlamento a necesidade de que Renfe analice a viabilidade de establecer bonificacións e tarifas especiais para o colectivo de persoas paradas ou desempregadas que, en especial, estarán dirixidas a subvencionar os traxectos de media distancia e cercanías.

O portavoz de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso, explicou que non existe ningunha bonificación ou tarifa especial para o colectivo de persoas paradas ou desempregadas residentes en Galicia nin no resto do territorio nacional. “O establecemento de tarifas especiais para determinados colectivos no transporte público, ademais de representar unha axuda social, é unha maneira de fomentar o transporte público”,  indicou.

“Polo tanto, dado o índice de paro existente en España e en Galicia, aínda que a Comunidade galega presenta un mellor comportamento neste sentido, parece lóxico analizar a posibilidade de establecer bonificacións ou tarifas especiais que permitan mellorar as condicións de acceso ao transporte público do colectivo de parados ou desempregados”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: