Archive | abril 14, 2015

LA “XXVII FEIRA APÍCOLA RÍAS BAIXAS”- “BEE HAPPY MARKET” VUELVE A ENDULZAR PORRIÑO

El alcalde de Porriño, Nelson Santos, y el concejal de Comercio e Industria, Marcelino Coto, presentaron esta mañana este tradicional evento acompañados representantes de la organizaciónbeehappymarketjpg

 BeeHappyMarket_page1_image1

Miel y artesanía, obradoiros para niños, catas de miel, sesión vermú y rutas de tapas se darán cita, los próximos 17 y 18 de abril, en la XXVII “Feira Apícola Rías Baixas” de Porriño  llega nuevamente acompañada del mercado “Bee Happy Market”

Nuevas fechas de Vetusta Morla en festivales este verano

unnamedVetusta Morla encabezará este verano alguno de los festivales más importantes de la temporada. Entre las fechas se encuentran la edición de Badajoz del Festival Contempopranea y el Sonidos Líquidos de Lanzarote en junio; el No Sin Música de Cádiz en julio; elOBA Festival de Arriondas (Asturias) y el Sonorama de Aranda de Duero en agosto y el Festival Gigante de Guadalajara  en septiembre. Próximamente se anunciarán nuevos conciertos.

Estas fechas serán una continuación de los seis conciertos únicos en cuanto a repertorio y puesta en escena que la banda ofreceráen grandes recintos: el Sant Jordi Club de Barcelona el 24 y 25 de abril, el BEC de Bilbao el 1 de mayo, el Auditorio Rocío Jurado deSevilla el 9 de mayo (en un nuevo recinto más apropiado para la visibilidad y el montaje de estos shows), la Feria de Muestras deValencia el 16 de mayo y el Palacio de los Deportes (Barclaycard Center) de Madrid el 23 de mayo.

Próximos conciertos Vetusta Morla:

24 abril – Barcelona – San Jordi Club (Festival del Mil-lenni)
25 abril – Barcelona – San Jordi Club (Festival del Mil-lenni) ENTRADAS AGOTADAS
1 mayo – Bilbao – Espacio BEC
9 mayo – Sevilla – Auditorio Rocío Jurado
16 mayo – Valencia – Feria de Muestras
23 mayo – Madrid – Barclaycard Center (Palacio de los Deportes) ENTRADAS AGOTADAS

21 noviembre – Madrid – Barclaycard Center (Palacio de los Deportes) FIN DE GIRA

 

A XUNTA DE GALICIA REMATA AS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA VIGO-TUI (PO-552) COA SENDA PEONIL ENTRE PRIEGUE E NIGRÁN

  • clip_image002O obxectivo da actuación foi a creación dun itinerario peonil de 710 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada PO-552
  • Os veciños de Nigrán poden agora achegarse desde a súa localidade ata a travesía das Rexas, empregando esta vía executada ao longo da estrada 

 

Santiago, 14 de abril de 2015.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) vén de rematar as obras dunha senda peonil que transcurrre ao longo da estrada  Vigo-Tui (PO-552) á altura da parroquia de Priegue, no Concello pontevedrés de Nigrán. Con esta actuación os veciños da zona poden camiñar desde a mencionada parroquia ata a entrada de Nigrán, empregando un itinerario máis seguro, completamente, habilitado ao efecto.

 

As obras contaron cun investimento de máis de 140.000 euros e permitiron crear un itinerario peonil de 710 metros de lonxitude entre os puntos quilométricos 8+160, no que finalizan as beirarrúas existentes nas Rexas, e 8+870, no que se inician as beirarrúas de Nigrán.

 

Deste xeito, interconéctanse os distintos núcleos de edificacións que se localizan ao longo do treito, mellorando a seguridade viaria dos viandantes, que, anteriormente, debían circular pola estreita beiravía coa que contaba a estrada, que rexistra intensidades de tráfico elevadas neste punto, no entorno dos 15.000 vehículos/día.

 

Obras concretas

A senda peonil construíuse en paralelo á estrada, ao mesmo nivel da rasante desta para garantir a drenaxe axeitada, e cun ancho mínimo de 1,5 metros. Executáronse en formigón coloreado, de xeito que resulta facilmente perceptible para os usuarios.

 

A obra complementouse coa execución dunha gabia de seguridade para a recollida e evacuación das augas superficiais da plataforma ata os puntos de desaugue. Ademais, colocáronse os sistemas de contención precisos para separar o tráfico rodado do peonil, reducindo así a posibilidade de atropelo por saída de vía.

 

A actuación desenvolveuse dentro da zona de dominio público da estrada, polo que non requiriu de expropiacións, compatibilizando así a mellora do tránsito cunha mínima afección para os veciños.

 

Esta obra beneficia aos preto de 18.000 habitantes do Concello de Nigrán, que viron mellorada a súa seguridade viaria. O departamento que dirixe Ethel Vázquez, mediante este tipo de actuacións, pretende proporcionar aos cidadáns unha rede viaria mais segura e cómoda, que mellore a accesibilidade do conxunto de usuarios.

 

Na seguinte imaxe sinálase o treito obxecto da actuación.

 

A XUNTA REMATA AS OBRAS DE MELLORA DA CURVA DA COSTA DA MORTE, EN MOS, CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 268.000 EUROS

  • clip_image002Estes traballos incrementan a seguridade viaria nesta estrada, ao definir carrís que facilitan aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito máis ordenado
  • A actuación mellora a intersección de acceso a Sequeiros, na PO-331, que se atopa situada no punto quilométrico 3+500 da estrada que comunica Torneiros e Gondomar

Santiago, 14 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou tras un investimento de máis de 268.000 euros as obras de mellora da denominada curva da Costa da Morte, na estrada O Porriño-Gondomar (PO-331), no concello pontevedrés de Mos. Trátase dunha actuación realizada co obxecto de mellorar a seguridade nos movementos nesta zona.

Antes da execución das obras, o acceso ao núcleo de Sequeiros dende a PO-331 presentaba unha reducida visibilidade, tanto para os xiros de saída da citada estrada cara á vía local pola que se accede a esta localidade, coma na incorporación á estrada autonómica.

Por outra parte, neste punto atópase a coñecida Fonte de Atín, utilizada por numerosos veciños, que dispón na fronte dunha pequena explanada. Era frecuente que os veciños fixeran cambios de sentido nese punto, a pesar da súa reducida visibilidade e radio de xiro, o que podía xerar situacións de risco.

A estrada nese punto rexistra notables intensidades de tráfico (superiores aos 6.000 veh/día), polo que se decidiu intervir incorporando un carril central de espera e unha semiglorieta que permita o cambio de sentido, mellorando a visibilidade na intersección e habilitando un punto axeitado para permitir os xiros en condicións de seguridade.

O acondicionamento de intersección da estrada PO-331, executado no punto quilométrico 3+500 incluíu:

  • Ensanche da calzada cara a marxe esquerda (lado terraplén), e execución dun muro de escollera de 134 metros de lonxitude e unha altura media  de 1,75 m.
  • Nova drenaxe transversal
  • Alumeado

Estes traballos garanten e incrementan a seguridade viaria nesta estrada galega, ao definir carrís que facilitan aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito ordenado e delimitado.

 

La Fábrica reedita “Otras Américas” el primer libro de fotografías de Sebastião Salgado

Publicado por vez primera en 1986 por la editorial francesa Contrejour y la española ELR, el unnamedlibro nace de los numerosos viajes que Salgado realizó entre 1977 y 1984 por América Latina

El libro recoge 49 imágenes en blanco y negro que evocan la perdurabilidad de las culturas campesinas e indígenas

La fuerza y el poder estético de las fotografías, junto al diseño de Lélia Wanick Salgado, contribuyeron al éxito del libro, que recibió multitud de premios, se tradujo a cuatro idiomas y se agotó en pocos meses

Esta nueva edición en español del mítico libro conserva el diseño y los textos originales, entre los que destaca una reflexión de Gonzalo Torrente Ballester sobre el arte de la fotografía

 

Afundación presenta en Vigo e Pontevedra Al final de la carretera

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta nos seus teatros de Pontevedra e Vigo a adaptación de Juan Carlos Rubio da obra de Willy Russell Al final de la carretera. A representación, dirixida por Gabriel Olivares, terá lugar o sábado 25 e domingo 26 de abril ás 20.30 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500 e no recinto do espectáculo o propio día da función.

Máis de 1500 escolares asistirán en Vigo ao novo espectáculo de Odaiko Percussion Group: Invención

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle mañá mércores 15 de abril e este xoves 16 de abril, no Teatro Afundación de Vigo, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a representación da obra Invención por parte da compañía Odaiko Percussion Group. Máis de 1500 escolares procedentes de 25 centros de Vigo e arredores fixeron a súa reserva para asistir a este espectáculo.

Afundación trae a Vigo a espectacular representación sobre xeo de «O lago dos cisnes»

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presentará entre o 13 e o 17 de maio no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), nun total de oito funcións, a última produción de Imperial Ice Stars, «O lago dos cisnes sobre xeo», unha espectacular versión do clásico de Tchaikovski que situará sobre o escenario 25 patinadores que suman máis de 200 medallas, logradas en competicións mundiais, europeas e nacionais. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. 

 

Tasquinhas “Sabores da Aldeia”, com Petiscos, Preparadas para O Festival Gastronómico de Valença

As Tasquinhas dos “Sabores da Aldeia” já estão preparadas para acolher o Festival Gastronómico de Valença que decorre na cidade, este fim de semana, entre 17 e 19 de abril, com petiscos, pratos, sobremesas tradicionais e vinhos do concelho.Valençasabores

Em Petisco ou em prato será possível descobrir os sabores locais mais genuínos dos enchidos, do presunto, do bolo do tacho, das pataniscas de lampreia, da orelha de porco, das belouras, dos manjares de bacalhau, do anho, do cabrito, do porco no espeto, do Caldo Verde de Valença, uma das 7 maravilhas gastronómicas de Portugal e tantas outras iguarias.

Na doçaria tradicional o destaque vai para as sopas secas, o arroz doce, as rosquilhas e os papudos, as rabanadas e as papas de farinha de milho.

“Sabores da Aldeia” completa-se com a Feira de Artesanato e Produtos Locais, no Jardim das Amoreiras, na Fortaleza, onde será possível apreciar e adquirir produtos como os vinhos de Valença, os fumeiros, a broa de milho cozida no tradicional forno a lenha, a doçaria tradicional, os licores e compotas e o artesanato local.

Sabores da Aldeia é a montra de receitas seculares que surgiram nas cozinhas fartas dos lavradores apuradas durante séculos e que geraram pratos únicos, com produtos locais, muitos celebrizados, hoje, na restauração valenciana.

Séculos a apurar o gosto e as receitas, a fronteira e a Fortaleza de valor mundial, o comércio tradicional, o verde do Minho refletidos nos Sabores da Aldeia, com um amplo programa de animação e entretimento, fazem de Valença o destino gastronómico privilegiado do próximo fim de semana.

A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença em colaboração com as juntas de freguesia e associações do concelho.

 

MATO DEFENDE A INCLUSIÓN, O ENVELLECEMENTO ACTIVO E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL NO ENCONTRO ESTATAL DE PERSOAS MAIORES XORDAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe esta xornada que se está a celebrar en Santiago de Compostela
  • Apuntou que estes valores contribuirán a consolidar a Galicia como unha sociedade máis “madura, saudable e igualitaria”
  • Apostou, ademais, pola igualdade plena de dereitos e polo emprego como a mellor ferramenta de integración
  • Destacou a relevancia de impulsar a atención temperá, un aspecto de gran importancia para as persoas con discapacidade auditiva

 

Santiago, 14 de abril de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou hoxe pola inclusión, o envellecemento activo e a solidariedade interxeracional como obxectivos “fundamentais” na área social, que permitirán consolidar a Galicia como unha sociedade “máis madura, saudable e igualitaria”.

 

Así o destacou hoxe durante a inauguración do IX Encontro estatal de persoas maiores xordas que se está a celebrar en Santiago de Compostela e no que apuntou que este “compromiso solidario” é compartido pola Xunta de Galicia e as entidades do terceiro sector, como FAXPG (Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia).

 

Deste xeito, “o apoio a todas as persoas sen excepción, a busca da súa integración, e a igualdade plena de dereitos e oportunidades” tense convertido nunha das principais liñas de actuación deste departamento autonómico, que en 2015 incrementou por segundo ano consecutivo o orzamento destinado á atención á discapacidade, ata chegar aos 100 millóns de euros.

 

Dentro deste apoio, o emprego adquire un papel salientable, en tanto é, segundo Mato, a “mellor ferramenta de integración que existe”. Por iso, as iniciativas vinculadas á discapacidade e ao eido laboral contan un orzamento duns 18 millóns de euros

 

Ademais do compromiso orzamentario, Mato lembrou outros avances normativos que se teñen acometido co fin de respaldar ao colectivo de persoas con discapacidade. Entre outros, citou a nova Lei de accesibilidade de Galicia, que entrou en vigor o mes pasado e actualiza o marco lexislativo; ou as novidades en atención temperá, como a aprobación do primeiro decreto e do protocolo de coordinación, a constitución do Consello autonómico, e a creación da rede galega de atención temperá. A este respecto, destacou a relevancia de impulsar a atención temperá, un aspecto de gran importancia para as persoas con discapacidade auditiva.

 

O Encontro celebrado hoxe céntrase tamén no envellecemento activo, un obxectivo “fundamental para que as persoas maiores leven unha vida activa e para que esta sexa saudable e plena”.

 

Para avanzar nesta liña, a Consellería puxo en marcha en 2013 unha Estratexia para a prevención da dependencia, que inclúe 400 medidas ata 2020. Ademais, ese mesmo ano, a Comisión Europea nomeou a Galicia como rexión de referencia do envellecemento activo, polos avances realizados especialmente en novas tecnoloxías.

 

A renovación na atención social tamén se reflicte no novo modelo de carteiras, que pon o acento nos servizos máis que nas infraestruturas. Actualmente, está en vigor a destinada ás persoas con dependencia, e proximamente publicaranse a de persoas con autonomía, familia e infancia ou inclusión. Tanto na de dependencia, como no borrador da de persoas con autonomías, recóllense servizos específicos para persoas con discapacidade auditiva, detallou Mato.

 

“En definitiva, traballamos da man das entidades de iniciativa social para conseguir unha integración social plena das persoas con discapacidade, e máis aínda se se trata de persoas maiores, como é o caso do encontro celebrado hoxe”, rematou Mato.

 

Ruta en Sálvora

Dentro do programa de actividades que desenvolverán os participantes a este Encontro destaca a ruta de sendeirismo pola aldea de Sálvora, de 2,5 quilómetros, organizada para a xornada de mañá, mércores 15 de abril. Os participantes embarcarán no porto de Riveira ás 10:30 horas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca a importancia de levar a cabo esta actividade, para facer accesible a todas as persoas, con independencia das limitacións físicas, o patrimonio natural e paisaxístico de Galicia.