A XUNTA REMATA AS OBRAS DE MELLORA DA CURVA DA COSTA DA MORTE, EN MOS, CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 268.000 EUROS

  • clip_image002Estes traballos incrementan a seguridade viaria nesta estrada, ao definir carrís que facilitan aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito máis ordenado
  • A actuación mellora a intersección de acceso a Sequeiros, na PO-331, que se atopa situada no punto quilométrico 3+500 da estrada que comunica Torneiros e Gondomar

Santiago, 14 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou tras un investimento de máis de 268.000 euros as obras de mellora da denominada curva da Costa da Morte, na estrada O Porriño-Gondomar (PO-331), no concello pontevedrés de Mos. Trátase dunha actuación realizada co obxecto de mellorar a seguridade nos movementos nesta zona.

Antes da execución das obras, o acceso ao núcleo de Sequeiros dende a PO-331 presentaba unha reducida visibilidade, tanto para os xiros de saída da citada estrada cara á vía local pola que se accede a esta localidade, coma na incorporación á estrada autonómica.

Por outra parte, neste punto atópase a coñecida Fonte de Atín, utilizada por numerosos veciños, que dispón na fronte dunha pequena explanada. Era frecuente que os veciños fixeran cambios de sentido nese punto, a pesar da súa reducida visibilidade e radio de xiro, o que podía xerar situacións de risco.

A estrada nese punto rexistra notables intensidades de tráfico (superiores aos 6.000 veh/día), polo que se decidiu intervir incorporando un carril central de espera e unha semiglorieta que permita o cambio de sentido, mellorando a visibilidade na intersección e habilitando un punto axeitado para permitir os xiros en condicións de seguridade.

O acondicionamento de intersección da estrada PO-331, executado no punto quilométrico 3+500 incluíu:

  • Ensanche da calzada cara a marxe esquerda (lado terraplén), e execución dun muro de escollera de 134 metros de lonxitude e unha altura media  de 1,75 m.
  • Nova drenaxe transversal
  • Alumeado

Estes traballos garanten e incrementan a seguridade viaria nesta estrada galega, ao definir carrís que facilitan aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito ordenado e delimitado.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: