MATO DEFENDE A INCLUSIÓN, O ENVELLECEMENTO ACTIVO E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL NO ENCONTRO ESTATAL DE PERSOAS MAIORES XORDAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe esta xornada que se está a celebrar en Santiago de Compostela
  • Apuntou que estes valores contribuirán a consolidar a Galicia como unha sociedade máis “madura, saudable e igualitaria”
  • Apostou, ademais, pola igualdade plena de dereitos e polo emprego como a mellor ferramenta de integración
  • Destacou a relevancia de impulsar a atención temperá, un aspecto de gran importancia para as persoas con discapacidade auditiva

 

Santiago, 14 de abril de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou hoxe pola inclusión, o envellecemento activo e a solidariedade interxeracional como obxectivos “fundamentais” na área social, que permitirán consolidar a Galicia como unha sociedade “máis madura, saudable e igualitaria”.

 

Así o destacou hoxe durante a inauguración do IX Encontro estatal de persoas maiores xordas que se está a celebrar en Santiago de Compostela e no que apuntou que este “compromiso solidario” é compartido pola Xunta de Galicia e as entidades do terceiro sector, como FAXPG (Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia).

 

Deste xeito, “o apoio a todas as persoas sen excepción, a busca da súa integración, e a igualdade plena de dereitos e oportunidades” tense convertido nunha das principais liñas de actuación deste departamento autonómico, que en 2015 incrementou por segundo ano consecutivo o orzamento destinado á atención á discapacidade, ata chegar aos 100 millóns de euros.

 

Dentro deste apoio, o emprego adquire un papel salientable, en tanto é, segundo Mato, a “mellor ferramenta de integración que existe”. Por iso, as iniciativas vinculadas á discapacidade e ao eido laboral contan un orzamento duns 18 millóns de euros

 

Ademais do compromiso orzamentario, Mato lembrou outros avances normativos que se teñen acometido co fin de respaldar ao colectivo de persoas con discapacidade. Entre outros, citou a nova Lei de accesibilidade de Galicia, que entrou en vigor o mes pasado e actualiza o marco lexislativo; ou as novidades en atención temperá, como a aprobación do primeiro decreto e do protocolo de coordinación, a constitución do Consello autonómico, e a creación da rede galega de atención temperá. A este respecto, destacou a relevancia de impulsar a atención temperá, un aspecto de gran importancia para as persoas con discapacidade auditiva.

 

O Encontro celebrado hoxe céntrase tamén no envellecemento activo, un obxectivo “fundamental para que as persoas maiores leven unha vida activa e para que esta sexa saudable e plena”.

 

Para avanzar nesta liña, a Consellería puxo en marcha en 2013 unha Estratexia para a prevención da dependencia, que inclúe 400 medidas ata 2020. Ademais, ese mesmo ano, a Comisión Europea nomeou a Galicia como rexión de referencia do envellecemento activo, polos avances realizados especialmente en novas tecnoloxías.

 

A renovación na atención social tamén se reflicte no novo modelo de carteiras, que pon o acento nos servizos máis que nas infraestruturas. Actualmente, está en vigor a destinada ás persoas con dependencia, e proximamente publicaranse a de persoas con autonomía, familia e infancia ou inclusión. Tanto na de dependencia, como no borrador da de persoas con autonomías, recóllense servizos específicos para persoas con discapacidade auditiva, detallou Mato.

 

“En definitiva, traballamos da man das entidades de iniciativa social para conseguir unha integración social plena das persoas con discapacidade, e máis aínda se se trata de persoas maiores, como é o caso do encontro celebrado hoxe”, rematou Mato.

 

Ruta en Sálvora

Dentro do programa de actividades que desenvolverán os participantes a este Encontro destaca a ruta de sendeirismo pola aldea de Sálvora, de 2,5 quilómetros, organizada para a xornada de mañá, mércores 15 de abril. Os participantes embarcarán no porto de Riveira ás 10:30 horas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca a importancia de levar a cabo esta actividade, para facer accesible a todas as persoas, con independencia das limitacións físicas, o patrimonio natural e paisaxístico de Galicia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: