TRABALLO PUBLICA A CONVOCATORIA DO PROGRAMA PARA A ADQUISICIÓN DE EXPERIENCIA EN ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DOTADO CON 2 MILLÓNS

  • A iniciativa diríxese a parados de longa duración de difícil inserción que, mentres se forman, tamén prestarán servizos que redunden en beneficio da colectividade
  • Forma parte do programa de ‘Activación para o emprego en Galicia’, que conta cun orzamento total de 10 millóns de euros para o desenvolvemento de seis medidas concretas
  • Este plan inclúe outras cinco medidas son á contratación de 75 orientadores e técnicos para o SPEG; un programa formativo de competencias clave; o programa de formación dual; incentivos á contratación por conta allea; e o programa de fomento do emprego autónomo

 

Santiago, 15 de abril de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para a contratación temporal de parados de longa duración beneficiarios do Programa de activación para o emprego, posto en marcha de maneira pioneira pola Consellería de Traballo e Benestar a principios de ano.

 

Con esta convocatoria, que conta cun orzamento de dous millóns de euros, preténdese a adquisición de experiencia laboral a través de contratacións de traballadores en situación de desemprego (o principal requisito é que teñan transcorrido 6 meses desde o esgotamento das axudas ou das prestacións) en entidades sen ánimo de lucro durante seis meses. Ao tempo, prestaranse servizos de utilidade pública ou interese social que redunden en beneficio da colectividade. As actividades deberán estar relacionadas coa súa titulación ou formación previa, e sempre redundar na mellora do seu nivel de competencia profesional.

 

A convocatoria é en réxime de concorrencia competitiva e a presentación de solicitudes terá que realizarse unicamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica https://sede.xunta.es. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde mañá.

 

A Xunta acordou en xaneiro o desenvolvemento do programa de ‘Activación para o emprego en Galicia’ dirixido a parados de longa duración con cargas familiares, avaliado por unha comisión de seguimento entre a Xunta, a CEG, UGT-Galicia, e CC.OO. Galicia. Conta cun orzamento total de 10 millóns de euros para o desenvolvemento das seis medidas concretas que compoñen esta planificación.

 

Ademais da publicada hoxe no DOG, as outras cinco actuacións son á contratación de 75 orientadores e técnicos para o SPEG, con 2,5 millóns de euros; un programa formativo de competencias clave, con 2,3 millóns; o programa de formación dual; incentivos á contratación por conta allea, cun orzamento de 2,7 millóns de euros; e o programa de fomento do emprego autónomo, dotado con 500.000 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: