MEDIO AMBIENTE MELLORA A SEGURIDADE DA ESTRADA PO-340 ENTRE GONDOMAR E A RAMALLOSA, NO CONCELLO DE NIGRÁN

Increméntase a seguridade dos peóns ampliando e diferenciando a beiravía en ambas as marxes da estrada autonómica

 

  • Esta semana comezou a execución dos traballos, que estarán finalizados no mes de maio
  • Actuarase nunha lonxitude de 3,3 km, reforzando a sinalización e o balizamento do treito para acadar unha maior seguridade para o conxunto de usuarios
  • O investimento previsto superará os 80.000 euros

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar unha actuación na estrada autonómica PO-340 entre Gondomar e A Ramallosa (Nigrán) que mellorará a seguridade viaria do conxunto de usuarios e en especial dos peóns.

A actuación ten por obxecto redistribuír a sección transversal da estrada, aumentando o ancho das beiravías de ambas as marxes do vial e estreitando lixeiramente os carrís, para a mellora da seguridade viaria dos usuarios deste vial, que rexistra notables intensidades de tráfico.

A ampliación e reforzo da sinalización previstas nas beiravías, facilitará e mellorará de xeito importante o tránsito peonil. Pola súa banda, a redución dos carrís colaborará á diminuír a velocidade de circulación dos condutores, que resulta moi conveniente dado que no treito se mesturan zonas con usos moi diversos (industrial, escolar, etc), e a estrada conta con numerosas interseccións e accesos.

Os traballos incluirán a extensión dunha capa superficial de cor clara para mellor diferenciación da zona pola que habitualmente transitan os peóns, a instalación de captafaros convencionais para unha mellor guía da condución nocturna e o repintado das marcas viais nos laterais.

 

Esta actuación, executada a través da Axencia Galega de Infraestruturas, esténdese nunha lonxitude de 3,3 km da estrada PO-340, en concreto entre os puntos quilométricos 17+870 (á saída do núcleo de Gondomar) e 21+350 (travesía da Ramallosa), e implica un investimento de 83.771 euros.

 

Prevese que os traballos, iniciados esta semana, rematen no mes de maio.

 

Traballos para mellorar a seguridade de peóns e ciclistas no Val Miñor

 

A Xunta de Galicia ten como unha das súas prioridades en materia de estradas a mellora da seguridade viaria, e en concreto a adaptación das súas infraestruturas para a compatibilización do tráfico rodado cos peóns e ciclistas que transitan por elas, especialmente en zonas densamente poboadas como o Val Miñor.  O exemplo máis relevante é o das obras de construción de carrís para uso peonil e ciclista nas estradas Vigo-Baiona (PO-325) e Baiona – A Guarda (PO-552), que supuxeron a posta en servizo de máis de 40 Km de infraestruturas diferenciadas destinadas a favorecer a circulación de peóns e bicicletas, e requiriron dun investimento superior aos 24 millóns de euros..

 

Hai que destacar que tamén na estrada PO-552 está en proceso de licitación por 215.000 euros a obra de prolongación do carril bici entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 na estrada PO-552, neste caso no concello de Baiona, que dará continuidade aos carrís executados entre Vigo e Baiona e entre Baiona e A Guarda.

 

Finalmente, está tamén en proceso de licitación por máis de 100.000 euros un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas de Vigo e a súa comarca nos que resulta conveniente executar sendas peonís ou vías ciclistas para fomento da mobilidade sostible, de modo que se completen as infraestruturas executadas ata o día de hoxe.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: