XUVENTUDE OFERTA 800 PRAZAS PARA PARTICIPAR EN CAMPOS DE TRABALLO DE GALICIA, OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E O ESTRANXEIRO

  • A convocatoria acaba de publicarse na web http://xuventude.xunta.es e o prazo de inscrición abrirase o mércores 22 de abril
  • Preto de 500 prazas estarán en Galicia, máis dun cento no resto de España, e case 200 distribuiranse en distintos países de todo o mundo
  • Os seus destinatarios son mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos

Santiago, 16 de abril de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta este ano preto de 800 prazas para participar en campos de traballo de Galicia, doutras comunidades autónomas e de distintos países do mundo. A convocatoria acaba de publicarse na web http://xuventude.xunta.es e o prazo de inscrición abrirase o próximo mércores 22 de abril.

 

O total de prazas distribúese do seguinte xeito: 485 de acollida en instalacións desta comunidade autónoma; 115 noutras zonas de España; e 197 serán de envío a outros países. Deste xeito, e cunha oferta un 18 por cento superior á do ano pasado, Galicia convértese na autonomía española que máis prazas convoca en campos de traballo.

 

Este tipo de iniciativas constitúen unha “excelente” ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban actividades de participación, voluntariado ou mobilidade. Así, promoven a implicación da mocidade, afondando en materias do seu interese. Ao mesmo tempo, a mobilidade cara outros territorios favorece o intercambio de experiencias e o desenvolvemento de valores como a convivencia, tolerancia, ou traballo en equipo. Os participantes poderán acreditar a súa experiencia a través de certificados de educación non formal.

 

Oferta concreta

En concreto, en Galicia haberá 22 campos de traballo en: Illas Cíes (4 quendas), Cotobade, Ribadumia, Illa de Cortegada (Vilagarcía), Riós, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, A Peroxa, Portomarín, Xermade, Quiroga, Outes, A Laracha (2 campos), Ponteceso, Boqueixón, Rois e Padrón.

 

As quendas serán de 10 ou 12 días ao longo do verán, e os voluntarios poderán participar en actividades ambientais, etnográficas, sociais, arqueolóxicas ou de fomento do emprendemento. Nos campos galegos poderán participar mozos e mozas desta comunidade autónoma, doutras zonas do territorio nacional, de países estranxeiros e pertencentes á Galicia exterior.

 

No resto de España haberá prazas en Andalucía, Aragón, Canarias, Cantabria, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, A Rioxa, Madrid, País Vasco e Comunidade Valenciana.

 

No estranxeiro, a oferta chegará a 31 países de varios continentes: Alemaña, Armenia, Bielorrusia, Bélxica, Camboia, China, Corea do Sur, Costa Rica, Escocia, Estados Unidos, Estonia, Francia, Grecia, India, Islandia, Italia, Xapón, Lituania, México, Nepal, Países Baixos, Reino Unido, República Checa, Rusia, Serbia, Suíza, Tailandia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Vietnam.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: