STANDARD&POOR´S MANTÉN ESTABLE O RATING DE GALICIA E RESALTA QUE É A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE MELLOR PAGA AOS PROVEDORES

  • A axencia de cualificación destaca a súa “adecuada” liquidez e o seu “forte acceso” ao financiamento externo
  • Recoñece igualmente que a estabilidade política na autonomía permite tomar as decisións precisas para cumprir coas metas de déficit
  • Lembra que non fixo uso do FLA e valora positivamente que se adherise ao novo mecanismo de apoio á liquidez para as CCAA cumpridoras
  • A axencia atribúe á Comunidade galega un nivel de crédito indicativo superior ao do Estado, pero lembra que non pode ter un rating superior ao de España

Santiago, 17 de abril de 2015.- A axencia de cualificación Standard&Poor´s vén de manter estable o rating de Galicia, de forma que a cualificación da débeda da Comunidade mantense en BBB, e resalta que é a Administración autonómica que presenta o tempo medio de pago a provedores máis baixo de todas as autonomías de réxime común.

A axencia evalúa satisfactoriamente a xestión financeira de Galicia, a súa “adecuada” liquidez cun “forte acceso” á liquidez externa e a estabilidade política na autonomía, o que permite que poida tomar as decisións necesarias para cumprir coas metas de déficit. Tamén resalta que a xestión financeira da Comunidade Autónoma é “satisfactoria”, e que a liquidez da Administración galega é “adecuada”.

Standard&Poor´s lembra igualmente que a comunidade autónoma non fixo uso do Fondo de Liquidez Autónomico (FLA) que puxo en marcha o Goberno central no ano 2012, e pon en valor que Galicia decidise adherirse ao novo mecanismo de apoio á liquidez creado en 2015 para aquelas autonomías que cumpren cos seus obxectivos de déficit e de débeda, o que vai permitir a Galicia financiarse sen custos durante tres anos.

Ademais, a axencia de cualificación precisa que a Comunidade galega debería ter unha cualificación superior, algo que non é posible porque S&P non permite que unha comunidade autónoma de réxime común –quedan excluídas as forais- teña un rating superior ao do Estado soberano.

Standard&Poor´s indica que de acordo cos seus criterios, o nivel de crédito indicativo (ICL) para a Comunidade autónoma de Galicia é BBB+, superior á súa cualificación, que se ve limitada polo rating do Estado. A ICL non é unha cualificación de crédito, senón que reflicte o nivel de solvencia que esta axencia outorga a Galicia, sen ter en conta o límite de cualificación do Estado soberano ao que pertence.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: