Archive | abril 21, 2015

OS ALUMNOS DO COLEXIO LA SALLE E DO IES DE BECERREÁ GAÑAN ESTE ANO A FINAL DO CERTAME PARLAMENTO XOVE DE BENESTAR

  • FOTO PARLAMENTO XOVEO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu, no Parlamento galego, a final deste concurso no que participaron 43 equipos de 37 centros educativos de toda Galicia, cun total de 215 alumnos e alumnas
  • Os equipos gañadores recibiron como premio unha viaxe valorada en 5.000 euros, na categoría de Bacharelato, e 3.000 euros no caso da categoría de ESO.
  • Os subcampións foron os equipos do colexio La Salle en Bacharelato e do IES Pontepedriña en ESO, que recibiron como premio un ebook para cada un dos membros que compoñen os equipos
  • Os temas sobre os que xiraron os debates foron, no caso de Bacharelato, ‘Foméntase dende os fogares a falta de respecto ao profesorado na escola?’ e na categoría de ESO: ‘Desaparecerán as salas de cine como forma de ocio?’
  • Rodeiro destacou que “os mozos e mozas son os verdadeiros protagonistas desta iniciativa, que convida ao diálogo, ao debate e a expresar as ideas propias, e invita a facelo nun escenario de respecto e tolerancia”Santiago, 18 de abril de 2015.- O equipo do IES de Becerreá, na categoría de Bacharelato, e o do colexio La Salle, na modalidade de ESO, resultaron hoxe gañadores de Parlamento Xove 2015, unha iniciativa organizada anualmente pola Consellería de Traballo e Benestar. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu, no Parlamento galego, a final deste concurso no que participaron 43 equipos de 37 centros educativos de toda Galicia, cun total de 215 alumnos e alumnas. Á final chegaron 16 equipos de 14 centros. Os equipos gañadores recibiron como premio unha viaxe valorada en 5.000 euros, na categoría de Bacharelato, e 3.000 euros no caso da categoría de ESO. Os finalistas foron os equipos do colexio La Salle en Bacharelato e do IES Pontepedriña en ESO. Recibiron como premio un ebook para cada un dos membros que compoñen os equipos.Os participantes na final foron na categoría de ESO con dous equipos o IES Antonio Fraguas de Santiago, e cun equipo o IES Pontepedriña de Santiago, o IES Rosalía de Castro de Santiago, o Colexio La Salle (Santiago), o IES Eduardo Pondal, tamén de Santiago, o CPR Filipense Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa e o IES Monte Castelo de Lugo. Na categoría de Bacharelato participaron con dous equipos o IES de Becerreá; e cun equipo o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, o IES Eduardo Pondal de Santiago, o IES de Foz, o Centro Galén de Lugo, o Colexio La Salle de Santiago e o IES de Rodeira de Cangas.Os temas sobre os que xiraron os debates foron, no caso de Bacharelato, ‘Foméntase dende os fogares a falta de respecto ao profesorado na escola?’ e na categoría de ESO: ‘Cine. Desaparecerán as salas de cine como forma de ocio?’.Pola súa banda, os alumnos e alumnas do equipo gañador ao mellor dossier de investigación, do IES Eduardo Pondal, recibiron como premio un diploma e un disco duro. O tema deste dossier foi o da fase preliminar: ‘Debería adiantarse a maioría de idade legal aos 16 anos?’. E os oito mellores oradores – catro en cada categoría- recibiron como premio un diploma e un ipod.Rodeiro destacou que “os mozos e mozas son os verdadeiros protagonistas desta iniciativa, que convida ao diálogo, ao debate e a expresar as ideas propias, e invita a facelo nun escenario de respecto e tolerancia”.“Os debates non son unha confrontación. O verdadeiro debate afonda na busca de puntos en común. A clave dun bo debate non está so en falar ben, senón tamén en saber escoitar. O debate útil e produtivo é aquel que axuda a tender pontes polas que podamos avanzar todos xuntos”, engadiu en referencia a esta iniciativa que, en cinco anos de vixencia, permitiu a participación de 600 alumnos e 130 profesores.Un modelo participativo

 

  • Parlamento Xove, como actividade na que participa alumnado e profesorado de centros educativos, contribúe ao desenvolvemento de practicamente todas as competencias básicas: competencia lingüística, nos seus catro ámbitos (expresión oral e escrita e compresión oral e escrita); competencia matemática porque en todos os debates manexan datos e porcentaxes que avalan a súa argumentación; tratamento da información e competencia dixital; competencia social e cidadá, porque contribúe á convivencia dado que o traballo realízase en equipo; competencia cultural e artística, porque nos debates esíxese o emprego de figuras estilísticas e capacidade de retórica; e competencia para aprender a aprender e iniciativa persoal.
  • Parlamento Xove parte dun modelo participativo. Permite as mozos e mozas desenvolver a capacidade de levar a cabo diálogos respetuosos e produtivos e permítelles medrar no emprego de ferramentas democráticas. Trátase de debates de carácter argumentativo; espazos de comunicación que permiten a discusión sobre o tema proposto nos que gañarán non os equipos que necesariamente teñan a razón, senón os que mellor sustenten as súas ideas. Durante o transcurso destes debates dialécticos, os mozos desenvolven valores como a capacidade de respectar a opinión dos demais, a colaboración cos compañeiros para elaborar as conclusións e fomentan a toma de conciencia no comportamento democrático.
  •