Archivo | abril 24, 2015

ETHEL VÁZQUEZ ANUNCIA QUE O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DA ÁREA DE VIGO ESTARÁ PLENAMENTE OPERATIVO DESDE O VINDEIRO LUNS, 27 DE ABRIL

  • Indica que a inminente posta en marcha do plan beneficiará a medio millón de veciños desta área e pon en valor o traballo realizado polos concellos e técnicos que fixeron posible a culminación deste proxecto que suporá a mellora da calidade de vida dos cidadáns
  • Salienta que desde hoxe os cidadáns da área metropolitana de Vigo xa poden mercar as tarxetas que darán acceso a este servizo que xa funciona con éxito nas áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
  • O emprego da tarxeta ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas.
  • Os usuarios que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% e o 50%

 

 

Vigo, 23 de abril de 2015.- O Plan de Transporte Metropolitano de Vigo estará plenamente operativo a partir do vindeiro luns, 27 de abril, segundo anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutras, Ethel Vázquez.

 

Vázquez, quen participou hoxe no almorzo coloquio Vigo, a construción dun motor económico de país, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, salientou que desde hoxe os cidadáns desta área metropolitana xa poden mercar nas oficinas de Abanca as tarxetas que darán acceso a este servizo que xa funciona con éxito nas áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

 

Trátase dun sistema intermodal, xa que no caso de Vigo inclúe autobús e transporte de ría, que conectará os cidadáns dos concellos veciños con aforros medios nos billetes do 50%. En concreto, o plan botará a andar cos doce concellos da comarca que subscribiron o convenio: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén.

 

A conselleira destacou que a posta en marcha deste servizo de transporte público, forman parte da aposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que Vigo “siga sendo o motor económico de Galicia”.

 

Ethel Vázquez destacou que a inminente posta en marcha do plan beneficiará a medio millón de veciños desta área e puxo en valor o traballo realizado polos concellos e técnicos que fixeron posible a culminación deste proxecto que suporá a mellora da calidade de vida dos cidadáns.

 

Aforros económicos

O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas. Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal)  e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.

 

O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, http://tmg.cmati.xunta.es/, ofrece información precisa sobre o procedemento de recarga na rede de caixeiros electrónicos e nas oficinas desta entidade, así como unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

 

En termos xerais os prezos das viaxes varían en función do número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe . Por exemplo, para unha viaxe no transporte metropolitano desde calquera localidade do concello de Baiona ata calquera parada do concello de Vigo será catalogado como de 2 saltos, polo que o custe utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,30 euros. Antes da aplicación das novas tarifas asociadas ao plan, este mesmo desprazamento tiña un custe medio de 2,31 euros.

 

 

As tarxetas do Plan de Transporte Metropolitano xa están á venda nas seguintes oficinas da área de Vigo:

 

LOCALIDADE ENDEREZO
Baiona R/Carabela A Pinta, 10
Sabarís- Baiona R/ Julián Valverde, 1
Cangas R/ Méndez Núñez, 13  e Av. Eugenio Sequeiros, 13
Aldán- Cangas R/ San Cibrán, 17
Coiro- Cangas Av. Ourense, 27
Hío- Cangas Lg. Igrexario, 57
Fornelos de Montes Pr. A Igrexa, 17
Moaña R/ Concepción Arenal, 170  e R/ Ramón Cabanillas, 1
Domaio—Moaña R/ Palmas, 85
Puxeiros– Mos Av. Puxeiros, 52
Vigo Av. García Barbón, 1
Nigrán Av. Val Miñor, 1
Panxón– Nigrán R/ Mariñeiro, 1
A Ramallosa- Nigrán R/ Manuel Lemos, 1
Redondela Pr. Ribadavia, 2  e R/ Alfonso XII, 1
Chapela- Redondela Av. Vigo, 222
Cesantes– Redondela R/ Alto do Tras, 23
O Porriño R/ Ramón González, 19
Salceda de Caselas R/ Victoriano Pérez Vidal, 1
Salvaterra de Miño R/ do Miño, 17
Arcade- Soutomaior Av. Xosé Solla, 1

 

 

Antonio Seijo fará coa súa banda un Tributo ao pop nos teatros de Afundación de Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presentará nos seus teatros de Vigo e Pontevedra a Antonio Seijo e o seu grupo, Skylight, co espectáculoTributo ao pop. Os concertos, a beneficio da loita contra o cancro, terán lugar ás 21.00 h o venres 25 de abril, no Teatro Afundación de Vigo e o sábado 23 de maio no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, enwww.ataquilla.com ou por teléfono no 902 504 500.

A representación da obra En el estanque dorado trasládase ao mes de novembro

A representación da obra En el estanque dorado, programada por Afundación no Teatro da entidade en Vigo para o vindeiro 8 de maio, aprazarase ata o vindeiro mes de novembro, debido ao accidente doméstico que sufriu recentemente un dos seus protagonistas, Héctor Alterio. O espectáculo está incluído dentro da temporada de abono de Afundación en Vigo polo que a entidade decidiu incorporar no seu lugar a obra El invernadero, dirixida por Mario Gas e protagonizada, entre outros, por Gonzalo de Castro e Tristán Ulloa, que se representará o vindeiro venres 22 de maio. As persoas interesadas nesta nova proposta, e que xa adquirisen a súa entrada, poderán asistir á función sen necesidade de ter que cambiala. Así mesmo, quen non teñan interese neste novo espectáculo, poderán contactar coa entidade a través do teléfono no 902 504 500 onde se procederá á anulación da compra e á devolución do importe dos billetes.

 

PUBLICADA NO DOG A CONVOCATORIA DE BENESTAR DE 600 PRAZAS PARA ESTADÍAS EN BALNEARIOS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE GALICIA

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá e rematará o próximo 14 de maio, os interesados xa poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores
  • Como novidade, nesta convocatoria os participantes poderán ir acompañados de fillos ou fillas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Esta iniciativa facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal en balnearios de Galicia
  • A duración de cada estadía é de dez días (nove noites)

 

Santiago, 24 de abril de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula a convocatoria do programa “Benestar en balnearios” da Consellería de Traballo e Benestar co que se pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.

 

Nesta ocasión convócanse un total de 600 prazas repartidas por toda Galicia. En concreto, nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra); Arnoia en Ourense; Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo); Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra); Baños de Molgas en Ourense; Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra); O Carballiño (Ourense); Carballo (A Coruña); Cuntis (Pontevedra); Laias en Cenlle (Ourense); Lobios (Ourense); Río Pambre en Palas de Rei (Lugo); e Termas Romanas de Lugo.

 

O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá e rematará o próximo 14 de maio. Os interesados xa poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web do departamento http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores

 

Esta iniciativa facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites).

 

A mesma inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocultural.

 

Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 65 anos ou 60 reunindo a condición de pensionista, residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais ou condutuais.

 

Como novidade, este ano tamén poderán participar os fillos ou fillas ou as persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o podan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se podan desprazar con autonomía e compartan a habitación coas persoas proxenitoras.

 

As solicitudes poderanse presentar nas xefaturas territoriais e nos centros sociocomunitarios. No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda deberán presentar unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.

Este sábado celebrarase a final da II edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

Canción de autorO II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’ celebra a súa gala final este sábado día 25 de abril. Esta fase do concurso contará con 8 finalistas de “grande calidade”, tal e como afirma o director artístico do dito Certame, Xoán Curiel. A cita será ás oito do serán no Auditorio da Ramallosa e a entrada é de balde. Ademais, o público terá un papel moi importante, xa que será quen outorgue o accésit á mellor canción e á/ao mellor artista.

Na dita gala, os oito finalistas: Sofía Espiñeira, Laura Iglesias, Noé Subiela, Isis, Pilar Martínez, Lucía da Fonte, Sandra Tenreiro e Umbra, disporán de oito minutos para defenderen a súa actuación, estilo e calidade. Como novidade, o público poderá dar dous accésits, sendo un deles á mellor canción —e non á canción orixinal tal e como si se fixera na pasada edición do Certame.

Desde a organización animan a calquera persoa interesada a se achegar á xornada decisiva do concurso, que se converterá nunha «festa da música e a palabra». A gran final comezará ás 20 h no Centro Sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello, e as entradas son de balde. A gala terá unha duración aproximada de dúas horas.

Tal e como afirma Xoán Curiel, a elevada calidade das e dos participantes fixo “moi difícil” o traballo do xurado formado polo propio cantor fonsagradino, pola Concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, pola artista Najla Shami, o xornalista Juan Torreiro e a xestora musical Inés Portela.

A organización

O II Certame de Canción de Autor en galego ‘Concello de Teo’ está organizado polo propio Concello e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de Gadis e conta coas colaboracións de, entre outras entidades, Músicos ao Vivo. Para todos eles, o agradecemento de Xoán Curiel, xa que «sen a súa implicación non sería posible organizar este evento».

O premio

O premio ao gañador ou gañadora será, entre outros, a gravación dun EP. Ademais, a vencedora ou vencedor disporá dunha serie de concertos e de promoción na prensa.

Tanto para os que chegaron á final como para os que non, Xoán Curiel mostra a súa «satisfacción» porque estes traballos serviron para visibilizar os e as creadoras noveis do noso país.

 

 

Sábado 25 – Concerto solidario coas detidas e multadas na rotonda de Coia

concerto25abrilA Asemblea Aberta de Coia, co apoio de Distrito 9, organizamos un CONCERTO SOLIDARIO coas PERSOAS DETIDAS e MULTADAS na LOITA da ROTONDA de COIASerá o SÁBADO 25 de abril a partires das 20:00 no local que Distrito 9 ten no camiño Figueirido 89 en Coia (Vigo). A música a porán os grupos: Zangief, Sesións HALO, Camarada Nimoy, Family Folks e O Peque Figueroa.

A entrada é de 4€, e todo o recadado vai para a causa da rotonda. As entradas estarán a venta antes do concerto no local de Distrito 09.

Meses de loita desobediente e pacífica en contra da instalación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia trouxeron por parte do goberno municipal: represión, violencia e multas económicas. A estratexia repetida en demasiados puntos do territorio é sinxela, tratar de acalar as protestas lexítimas e necesarias a través do medo e da represión dos aparatos do estado.

No caso de Coia as consecuencias polo momento son: dous detidos, varias persoas multadas e varias ameazas de novas sancións. Polo momento o custo en euros supera os 1100€, pero sospeitamos que non ficará aí.

Por isto pedimos solidariedade e o facemos con música. Arte ao servizo das necesidades dun barrio, que como tantos da cidade, sofren o empobrecemento crecente.

Para aquelas que poidan apoiar economicamente a nosa causa o poden facer realizando un ingreso nesta conta: ES 96 2100 4831 90 2200066357

La Secretaria Isabel Concheiro, Esperanza Abuin (Voz de Galicia) y Rodas del BNG no saben de lo que hablan en relación al Paquito II…

unnamedLa Secretaria ve irregularidades y no abre expediente ni informes de su responsabilidad..Dejando que corra la vida, tras 3 fallecidos.
Rosa Quintana a través de la Secretaría Xeral Técnica, María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade pretende sacarse el “muerto” de encima , eso sí, después de ir a Corrubedo a hacerse la foto política enviando las culpas y balones fuera…Pero no muestra ni un solo expediente de la Secretaría que por Ley le corresponde al amparo de la Batea a la que pertenecía el Paquito II como barco auxiliar y plena competencia de la Xunta de Galicia tal y como ha demostrado Pladesemapesga El «Paquito Dos» no realizó ninguna llamada de socorro antes del naufragio…Y fueron las cofradías en confabulación con Rosa Quintana quienes exigían la retirada de los botes salvavidas de las barcas auxiliares tal y como denunciaba Pladesemapesga el 17 Diciembre, 2014, lo que les convierte en colaboradores necesarios de los fallecidos en el naufragio del Paquito II. Pladesemapesga estudia llevar al juzgado las responsabilidades de la Sra. Isabel Concheiro Rodríguez-Segade al considerar que con su silencio y la falta de apertura de expediente esta encubriendo a los verdaderos y presuntos culpables del naufragio Paquito. II La Consellería do Mar alega falta de competencias en Salvamento para no explicar el naufragio de la embarcación..¿ Pero calla y oculta su propia responsabilidad bajo el control normativo de las BATEAS y en su consecuencia del buque auxiliar de la misma. Afirma la Sra. Isabel burlándose de la ignorancia de los presentes en la Comisión de Pesca que la embarcación no contaba con autorización de la Xunta para cambiar mejillón de la ría de Arousa a la de Muros.. [+] »

Standard&Poors eleva un chanzo a cualificación a longo prazo de ABANCA

A axencia de cualificación tamén aumenta o rating de viabilidade, situándoo en b mantendo a perspectiva estable

22.04.2015. A axencia de cualificación Standard&Poors (S&P) aumentou un chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA (de B a B+), mantendo a súa perspectiva estable. O rating emisor a curto prazo foi confirmado en B.

A axencia mellorou tamén o rating de viabilidade de ABANCA que é o que reflicte a fortaleza financeira intrínseca da entidade, incrementándoo nun chanzo (de b- a b), como consecuencia da mellora da capitalización da entidade. Ademais, Standard&Poors recoñece a significativa redución dos activos problemáticos de ABANCA e as súas iniciativas para a mellora dos procesos de riscos.