MOTU MAEVA E LIAHONA, PREMIOS PLAY-DOC 2015
Motu Maeva de Maureen Fazendeiro leva o galardón internacional, consistente nun trofeo
de pedra deseñado polo escultor Juan Vázquez e 2.000 euros
– Liahona de Talena Sanders faise co recoñecemento do xurado da crítica CAMIRA, diploma
sen dotación económica
Tui, 25 de abril de 2015. Play-Doc Festival Internacional de Documentais pecha mañá a súa
undécima edición. Como cada ano, dá a coñecer a noite do sábado os seus gañadores. Nesta
ocasión, ao premio do xurado internacional súmase o de CAMIRA (Cinema and Moving Image
Research Assembly), prestixiosa asociación internacional de críticos cinematográficos. O galardón
da competición internacional consiste nunha pequena peza escultórica de pedra tallada polo artista
Juan Vázquez, cunha dotación de 2.000 euros. CAMIRA entrega un diploma en mostra do seu
recoñecemento ao filme elixido, sen dotación económica.
O xurado internacional, composto por José Luis Cienfuegos (director do Sevilla Festival de Cine
Europeo), Cíntia Gil (directora de Doclisboa) e Gabe Klinger (crítico, programador e cineasta)
decidiu outorgar o premio a Motu Maeva de Maureen Fazandeiro; “polo xeito en que consegue
transportar ao espectador a través dunha linguaxe persoal e íntima, mais ao tempo vibrante e
expansiva en relación á Historia”.
Os críticos de CAMIRA Pamela Cohn (Senses of Cinema), Toni D’Angela (La furia umana) e Clara
Martínez Malagelada (Sala 1) optaron por ofrecer o seu galardón a Liahona de Talena Sanders.
Argumentan que “o xurado CAMIRA atopou na película de Talena Sanders unha ollada fresca e
inspiradora, contada cunha voz artística e comprometida”. Particularmente, impresionoulles “o uso
exquisito da montaxe, e a forma na que unha historia persoal se articula coa magnitude da paisaxe e
a Historia”. Engaden: “Desexamos poder seguir vendo novos traballos de Talena Sanders”.
Motu Maeva poderá verse mañá nun pase especial ás 23 horas. O certame clausura ademais coa
estrea de Iris, sobre a magnética deseñadora de moda Iris Apfel. A proxección do último filme de
Albert Maysles é a homenaxe do festival ao recentemente falecido cineasta, referencia mundial do
cinema directo, retrospectiva de Play-Doc en 2013.
MOTU MAEVA Y LIAHONA, PREMIOS PLAY-DOC 2015
Pladesemapesga pone al descubierto al Ministerio de Fomento en las «ocultas» intenciones para hundir el buque factoría ruso Oleg Naidemov.
El hundimiento intencionado del Oleg Naidemov «exige de inmediato» la retirada de todos los representantes de la OMI y supresión de la CIAIM e instamos a que se hagan públicas las partidas presupuestarias sostenidas con dinero público.
Ante el sonado internacionalmente fracaso de la salida del Puerto de Las Palmas del buque-factoría ruso Oleg Naidemov y con la dejadez del hundimiento ocasionando un grave atentado a los recursos turísticos de las Islas Canarias así como en la defensa de sus bienes y derechos, y ante la dejadez de la Ministra Ana Pastor encubriendo a los responsables sin hacer público la apertura de un expediente, Pladesemapesga propone iniciativas parlamentarias para la retirada del Representante Permanente de España en la Organización Marítima Internacional ( OMI ) e insta a que se hagan públicas las partidas presupuestarias sostenidas con dinero público.
De igual forma la supresión de la Comisión de Investigación de Siniestros Marítimos ( CIAIM ) carente de la preceptiva independencia funcional y que ha significado un factor causal determinante extremadamente negativo y peligroso para los intereses de todos los contribuyentes españoles, y utilizada para «presuntos intereses del Gobierno del PP y de la Sra. Ana Pastor junto a al Sr. Valero, Sr Pedrosa y Sr López Sors y el Presidente de la Autoridad Portuaria de Las Palmas y el Capitán Marítimo de zona en sus amañadas decisiones ya reconocidas públicamente en todos los medios de comunicación a los que parece no enterarse la Sra. Ministra de Fomento.
La decisión de un Comité Científico de Expertos en Contaminación, es considerado por Pladesemapesga una burla y una decisión para seguir manipulando dinero público por quien debería ser procesado por incapacidad, ya que sobran normativas y legislaciones donde todo esta escrito, documentado y comprobado, pero sobre todo, aplicado por gobiernos limpios de corrupción donde se anteponen los intereses públicos a los privados.
La Normativa de la Organización Marítima Internacional ( OMI ) minusvalorada y despreciada en la decisión tomada con el buque de Canarias provocando su hundimiento con nefastas consecuencias para las Islas, debe servir como punto de referencia para exigir un cambio en la planificación de la Seguridad Marítima, de la Vida Humana en la Mar y la Lucha Contra la Contaminación.
Resoluciones de distintos Comités y Subcomités de la Organización Marítima Internacional son pruebas fehacientes del disparate realizado en Canarias con el buque Oleg Naidemov que ha dejado perplejos a todos los ciudadanos, nacionales e internacionales y a los expertos de los organismos marítimos indiferentes para no ver perjudicados sus jugosos sueldos, dietas y otros privilegios ya patentados por «indeseables» a los que nadie les pide responsabilidades lo que convierte en IMPUNIDAD absoluta la responsabilidad el naufragio de Canarias.
Resulta sorprendente que una Normativa contemplada en el Ordenamiento Jurídico de España y que caso de ejecutarse en la gestión de la catástrofe medioambiental de las Islas Canarias con la marea negra del Oleg Naidemov hubiera evitado, sin lugar a dudas, no sólo la contaminación sino también el desconcierto reinante en estos momentos, puesto que no se habría producido el naufragio, y en consecuencia evitado el grave daño a la Mar y las Islas.
El análisis secuencial del accidente convertido en catástrofe, con el simple seguimiento de las Resoluciones de los citados Comités y Subcomités de OMI, permite » identificar » a todos y cada uno de los que por acción u omisión debieron ser expedientados y que Pladesemapesga en orden a su responsabilidad enumera así:
Rafael Rodríguez Valero
Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’
A cantautora compostelá impúxose a outros sete finalistas na gala coa que rematou o concurso
A compostelá Sofía Espiñeira foi a vencedora da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. O director artístico do evento, Xoán Curiel, salientou que o xurado tivo un labor “difícil” polo “elevado nivel” dos oito artistas que chegaron á fase final do concurso. Pola súa banda, Pilar Martínez fíxose co accésit á mellor canción, mentres que a propia Sofía Espiñeira gañou tamén o premio do público á mellor artista.
Carme Hermida, concelleira de Cultura e membro do xurado, destacou que Sofía Espiñeira gañou o certame “por ter sabido tocar un instrumento, a guitarra e, ao mesmo tempo, ser quen de focalizar tamén a atención na súa voz”.
Ademais de Hermida, formaron parte do xurado Najla Shami, unha das artistas galegas máis coñecidas, representando á parte artística; Juan Torreiro, en representación da prensa especializada e Inés Portela, xestora cultural en Mada Producións, representando as industrias culturais.
Como premio, Sofía Espiñeira vai ter a posibilidade de gravar un EP. Ademais, disporá dunha serie de concertos e de promoción dese primeiro traballo discográfico, así como un ano de socia na Asociación de Músicos ao Vivo.
Premios do público
Xoán Curiel sinala tamén o “importante apoio” dun público “moi participativo” que concedeu dous accésits que recaeron na propia Sofía Espiñeira como mellor artista e en Pilar Martínez pola mellor canción polo seu tema ´Pensando en ti´.
Por último, o director artístico agradécelle á organización, o Concello de Teo, aos patrocinadores —Secretaría Xeral de Política Lingüística e Gadis— e ás entidades colaboradoras, tales como a Asociación de Músicos ao Vivo, entre outras, a súa implicacion, sen a cal «non sería posible este evento», salienta.
A gañadora
Esta compostelá está vinculada ás artes escénicas desde moi nova. O seu primeiro contacto coa formación musical foi no conservatorio, onde estudou catro anos e obtivo o grao elemental co clarinete como instrumento. Despois, e xa de maneira autodidacta, comezou coa guitarra e o acordeón.
Actualmente posúe alta formación noutras artes escénicas como a danza contemporánea, claqué, teatro, clown, circo e nocións de danza africana. Ademais, está a se iniciar no mundo da nosa música tradicional coa aprendizaxe da pandeireta. Ten realizado varios concertos en distintos locais como cantautora. Comezou a compoñer ao redor dos dezaseis anos.
A RISGA: a Xunta condénanos á miseria e á precariedade
Seguen os problemas da RISGA. Polo momento o decreto que ten que desenvolver a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiciasegue na neveira, mais ben no conxelador. Na consellería falaban de mediados de 2015 como posible data de publicación do mesmo. Polo momento non hai novas, e os tempos fixados na lei están amplamente superados.
Non é que pensemos que o decreto vaia a mellorar a situación actual. Sabemos que consolidará a restritividade na aplicación que sufrimos, porén a aprobación do mesmo pode ser unha oportunidade -se somos quen de xuntar forzas e loitas- para rematar coa indefensión que provoca non ter un marco legal claro e definido.
Mentres agardamos polo decreto, as delegacións provinciais van, paseniño, actualizando os expedientes á normativa vixente aproveitando as revisións anuais dos mesmos. A nova lei mantén moitos dos problemas antigos engadindo, a maiores, novas e máis duras restricións. Facemos unha pequena enumeración dos, vellos e novos, atrancos:
– Un ano de espera pola RISGA. Na delegación de Vigo están a resolver solicitudes presentadas en decembro de 2014. Os atrasos na Xunta, engadidos á demora na tramitación por parte dos servizos sociais do Concello de Vigo fan que teñamos que agardar máis de un 1 ano para poder cobrar á RISGA. Tanto Xunta como Concello de Vigo están a incumprir os prazos máximos de resolución marcados por lei, que non poden exceder os 3 meses dende o momento da solicitude.
– Como xa denunciamos varios colectivos, a nova lei deixa fóra da RISGA a cidadáns da Unión Europea que non acrediten “residencia legal”. Para poder acreditar esa residencia legal se esixe contar con ingresos económicos, incompatibles á súa vez, coa percepción da RISGA. O que, na práctica, está a supoñer que non se outorguen RISGAs a cidadáns da UE.
– Imposibilidade de que varias unidades cobren a RISGA se viven nun piso compartido. A Xunta aplica agora o criterio: “unha RISGA por domicilio”. Aínda que sexan unidades familiares con nenxs a cargo.
– Se tes un emprego precario non podes solicitar a RISGA. Se no momento de presentar a solicitude non estás desempregado non podes solicitar a RISGA. Da igual que sexa un emprego precario, a tempo parcial ou cun salario inferior á contía da RISGA.
– Péchase a posibilidade de solicitar a RISGA se no momento de facelo percibes algunha axuda. Era moi habitual que perceptoras da RAI (=426€ x 11 meses) iniciasen a tramitación da RISGA con varios meses de antelación a que finalizase aquela, para tratar de no quedar ningún mes sen ingresos; o cal agora non é posible e polo tanto obrígannos a permanecer máis meses sen ningún tipo de ingresos.
A Xunta coas súas políticas sociais, lonxe de ir ás causas da desigualdade e da privación de recursos básicos que cada día sufrimos máis galegas (95000 fogares con todos os membros en paro, 37000 desempregadas en Vigo…), léanos no “labirinto da exclusión social”, avanza no control social das persoas empobrecidas e afonda en discursos que responsabilizan aos individuos de problemas sociais os cales precisan de respostas colectivas.
Fronte a isto tomamos o berro das compas de Alambique: Non tragamos máis ante a pobreza, a exclusión e a precariedade! Xa abonda de esmolas, de facer negocio coas nosas necesidades, de políticas de miseria, de controlarnos a vida, de precariedade… Fartas da súa cobiza seguiremos a traballar, a sumar forzas para superar os “salarios ou rendas para pobres” e dar paso á Renda Básica das iguais e moitísimo máis.
Coia, abril 2015