MOTU MAEVA E LIAHONA, PREMIOS PLAY-DOC 2015

talenasanders©gusabreu maureenfazendeiro©tamaradelafuenteMotu Maeva de Maureen Fazendeiro leva o galardón internacional, consistente nun trofeo
de pedra deseñado polo escultor Juan Vázquez e 2.000 euros
– Liahona de Talena Sanders faise co recoñecemento do xurado da crítica CAMIRA, diploma
sen dotación económica
Tui, 25 de abril de 2015. Play-Doc Festival Internacional de Documentais pecha mañá a súa
undécima edición. Como cada ano, dá a coñecer a noite do sábado os seus gañadores. Nesta
ocasión, ao premio do xurado internacional súmase o de CAMIRA (Cinema and Moving Image
Research Assembly), prestixiosa asociación internacional de críticos cinematográficos. O galardón
da competición internacional consiste nunha pequena peza escultórica de pedra tallada polo artista
Juan Vázquez, cunha dotación de 2.000 euros. CAMIRA entrega un diploma en mostra do seu
recoñecemento ao filme elixido, sen dotación económica.
O xurado internacional, composto por José Luis Cienfuegos (director do Sevilla Festival de Cine
Europeo), Cíntia Gil (directora de Doclisboa) e Gabe Klinger (crítico, programador e cineasta)
decidiu outorgar o premio a Motu Maeva de Maureen Fazandeiro; “polo xeito en que consegue
transportar ao espectador a través dunha linguaxe persoal e íntima, mais ao tempo vibrante e
expansiva en relación á Historia”.
Os críticos de CAMIRA Pamela Cohn (Senses of Cinema), Toni D’Angela (La furia umana) e Clara
Martínez Malagelada (Sala 1) optaron por ofrecer o seu galardón a Liahona de Talena Sanders.
Argumentan que “o xurado CAMIRA atopou na película de Talena Sanders unha ollada fresca e
inspiradora, contada cunha voz artística e comprometida”. Particularmente, impresionoulles “o uso
exquisito da montaxe, e a forma na que unha historia persoal se articula coa magnitude da paisaxe e
a Historia”. Engaden: “Desexamos poder seguir vendo novos traballos de Talena Sanders”.
Motu Maeva poderá verse mañá nun pase especial ás 23 horas. O certame clausura ademais coa
estrea de Iris, sobre a magnética deseñadora de moda Iris Apfel. A proxección do último filme de
Albert Maysles é a homenaxe do festival ao recentemente falecido cineasta, referencia mundial do
cinema directo, retrospectiva de Play-Doc en 2013.

MOTU MAEVA Y LIAHONA, PREMIOS PLAY-DOC 2015

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: