Archivo | abril 29, 2015

Primeiro Maio Vigo.

SONY DSCManifestación da CIG en Vigo con motivo do 1º de Maio

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, presentou hoxe en rolda de prensa xunto ao secretario de Organización, Anxo Iglesias, a manifestación que percorrerá a cidade este 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora. A marcha -na que participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo- partirá do cruce da Doblada con Urzaiz (na entrada da rúa peonil do Calvario) ás 11.30 horas e rematará na Porta do Sol.

Os responsábeis sindicais lembraron a importancia dunha data na que se conmemora a execución nos EEUU dun grupo de sindicalistas que reivindicaban a xornada laboral de oito horas, suceso do que se cumpren 125 anos. “Este Primeiro de Maio debe de ser un punto de inflexión, porque non podemos seguir así, con estas políticas que afogan a clase traballadora e que ameazan con converter a comarca de Vigo nun deserto industrial”, indicou Gonçalves.

Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Vigo sinalou que a cifra real de desemprego no conxunto da bisbarra supera as 80.000 persoas, “xa que hai que contabilizar os milleiros de traballadores/as que ingresan mendos de 150 euros brutos ao mes”. Ademais, puxo sobre a mesa os datos da última EPA que deixan ver a destrución de emprego que ese está a producir e que amosan que dende finais de 2014 perdéronse 2500 postos de traballo, sobre todo na industria e no sector servizos. “Unicamente se crearon uns 400 ou 500 empregos na construción debido ao incremento da obra pública con motivo das eleccións municipais; mentres, as gradas do naval seguen baleiras, a automoción en caída libre e pechan negocios a diario”.

Ao mesmo tempo, denunciou que na contorna hai máis de 50.000 persoas en risco de exclusión social, polo que chamou a combater na rúas as políticas do PP que están a precarizar as condicións laborais e a empobrecer a clase traballadora. “Facemos un chamamento á cidadanía a que se manifesta con nós nesta xornada de reivindicación para reclamar emprego e salarios dignos como única saída á actual crise económica”.

PORRIÑO DA LA BIENVENIDA A LA PRIMAVERA CON LA TRADICIONAL “FESTA DOS MAIOS”

Mayos3 Mayos2El sábado, a partir de las 18:00 horas, se celebrará el certamen de coplas, donde los integrantes de las diferentes agrupaciones cantarán alrededor de estas figuras

 

LA CÁTEDRA ACCIONA DE LA ESCUELA SUR OFRECE UNA CONFERENCIA ABIERTA DE JOSÉ MANUEL SÁNCHEZ RON

unnamed (1)SUR Escuela de Profesiones Artísticas y ACCIONA convocan una nueva cita dentro del programa de clases magistrales de la Cátedra ACCIONA

El físico e historiador de la ciencia José Manuel Sánchez Ron impartirá una conferencia abierta al público el próximo martes 5 de mayo a las 19.30 h en el Círculo de Bellas Artes de Madrid

Bajo el título Belleza y verdad, la conferencia de Sánchez Ron versará sobre el significado del concepto de la belleza en la ciencia y la relación entre ciencia y arte

Afundación presenta en Vigo Xardín suspenso, unha produción do Centro Dramático Galego

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta no seu teatro de Vigo a obra de Abel Neves Xardín suspenso. A representación, dirixida por Cándido Pazó e escenografada por Carlos Alonso, constitúe a última produción do Centro Dramático Galego e terá lugar o vindeiro mércores 6 de maio ás 20:30 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500 e no recinto do espectáculo o propio día da función.

Unha compañía hondureña pecha a XVII MITEU cunha agre actualización do Lararillo

Vigo, 29 de abril de 2015.- Mañá xoves, 30 de abril, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo (MITEU) pecha a súa edición deste ano coa obra da Asociación de Teatro Taller de Tegucigalpa, De cómo moría y resucitaba Láraro, El Lazarillo no Auditorio do Concello (praza do Rei, 1), ás 20.30 horas.

Mar Maior presenta en Madrid A esmorga de Blanco Amor

PELICULA " A ESMORGA " RODAJE EN OURENSEMORRISKARRA ELEJALDEMIGUEL DE LIRAMañá xoves día 30 ás 10h nos Renoir Princesa, xunto co lanzamento do filme co-producido por Vía Láctea, Editorial Galaxia e a TVG

Coa preseza do escritor Manuel Rivas, autor do epílogo desta reedición da novela, e do equipo do filme

O novo selo galego Mar Maior, nacido o pasado outono ao abeiro da Editorial Galaxia, presenta mañá xoves día 30 de abril nos cines Renoir Princesa de Madrid a edición restaurada dunha das novelas máis populares e recoñecidas da literatura galega do século XX: A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.

Estarán presentes:
Manuel Rivas, autor dun apaixoado epílogo no que mantén unha fonda conversa coa novela e máis co autor, dende o tempo presente
Pilar Sampil, xerente de Mar Maior
-O equipo da película homónima, con seu director, Ignacio Vilar, á fronte

El ministro de Industria, Energía y Turismo viaja a Shanghái para apoyar a las empresas españolas en China‏

  • Soria_ShanghaiCepsa1El ministro ha visitado la nueva planta química de Cepsa, donde ha destacado adaptación de las compañías a los cambios que se han producido en China en las últimas décadas.

 

  • Soria se ha reunido además con una representación de las compañías españolas con inversiones en el país asiático.

28.04.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria ha visitado hoy la nueva planta química de Cepsa en Shanghái, la primera planta industrial de la compañía en Asia.

Esta visita se enmarca en el viaje que el ministro de Industria está llevando a cabo en Shanghái con el objetivo de apoyar las inversiones de las empresas españolas que tienen proyectos en el país asiático. El ministro ha mantenido además un encuentro con representantes de varias de ellas.

La planta producirá fenoles (además de acetona y cumeno) para la industria farmacéutica china, así como para el sector del automóvil, telefonía móvil, etc. Contará con una capacidad de producción de 250.000 toneladas al año, lo que se estima supondrá más del 10% del consumo total de China.

Soria ha señalado que esta apertura que pone de relieve la fortaleza de las compañías españolas en el país asiático. Para el ministro, “en las últimas décadas, China se ha transformado completamente y las empresas españolas han respondido de forma flexible a estos cambios y se han adaptado perfectamente a las nuevas condiciones”.

El ministro ha visitado también la planta de ensamblaje general de COMAC, una empresa de participación estatal cuya principal función es la introducción y coordinación de programas para la fabricación de grandes aviones de pasajeros en China, así como el desarrollo de la industria de la aviación civil en el país. Se trata de un cliente importante para algunas empresas españolas. Durante la visita, el ministro ha tenido un encuentro con los directivos de COMAC y con varias compañías españolas del sector aeronáutico.

Para finalizar, Soria ha asistido a una reunión con diversas empresas españolas organizada por la Cámara Oficial de Comercio de España en China. Durante el encuentro, en el que han estado presentes el presidente de la Cámara y el embajador de España en China, el ministro ha trasladado a las empresas el apoyo del Gobierno y se ha interesado por conocer de primera mano sus proyectos.

Soria ha señalado que China es un mercado muy cambiante que en las últimas tres décadas ha sido enormemente dinámico y ha felicitado a las empresas y emprendedores españoles en el país asiático por haber dado una adecuada respuesta y haberse adaptado con flexibilidad en un entorno tan cambiante.

Asimismo, durante su visita a Shanghái, el ministro ha tenido la oportunidad de reunirse con vicepresidente de China Eastern Airlines, Shan Chuanbo, con quien ha tratado la posibilidad de la apertura de nuevas frecuencias directas entre Shanghái y España. Para Soria, las ocho frecuencias que existen entre China y España podrían aumentarse, teniendo en cuenta el enorme potencial turístico chino en España.

Visita a Emiratos Árabes Unidos

Antes de volar hacia Shanghái, el ministro viajó también este fin de semana a Emiratos Árabes Unidos, donde mantuvo un encuentro con empresas afincadas en aquel país con el objetivo de interesarse por los planes de estas compañías.

 

Concello de Vigo

 


O alcalde manifesta a súa “satisfacción” polo informe da OCU que sitúa a Vigo entre as cinco cidades máis limpas de España

A OCU publicaba onte o seu informe sobre a limpeza nas cidades españolas e Abel Caballero amosaba este martes a súa “satisfacción”, xa que Vigo está entre os cinco primeiros municipios de España e, no tocante ás grandes urbes, Vigo e Bilbao están á cabeza no tocante á limpeza. O alcalde recordou que a cidade olívica recibiu en 2008, 2010, 2012 e 2014 o máximo galardón de limpeza, a Vasoira de Platino.

 

O goberno de Vigo concedeu onte 150 axudas de emerxencia para alimentos, enerxía e aluguer

Abel Caballero informou este martes que, no día de onte, o goberno que encabeza outorgou un total de 150 axudas de emerxencia para que familias que o precisen poidan facer frente a pagos de alimentación, enerxía eléctrica e aluguer. Dos case medio millón de euros orzamentados para o 2015, o goberno local leva gastados neste concepto 320.000 euros, polo que o alcalde adiantou que a partida será ampliada, como aconteceu no 2014.

 


Caballero saúda con “agrado” a “ocupación cultural de música e danza na cidade”

O alcalde participou este martes na presentación de distintos eventos culturais que terán lugar na cidade en próximas datas: o Festival Internacional da Danza, Vigo Un Mar de Corais e Vigo Un Mar de Bandas -que comezan o sábado-, e ViKul, o encontro internacional de danza urbana de Vigo, do 12 ao 19 de xullo. Caballero manifestou o seu “agrado” por este “modo de entender a cultura na cidade”.

 

Concello do Porriño

ARRANCA EL PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO CON IMPORTANTES BONIFICACIONES PARA LOS USUARIOS

Ya se puede adquirir la Tarjeta Metropolitana de Galicia con la que el usuario se beneficiará tanto de las tarifas bonificadas del Plan de Transporte Metropolitano, como del transbordo gratuito entre servicios metropolitanos, así como de las bonificaciones adicionales por recurrencia (más de 40 viajes al mes) y, en su caso,  por familia numerosa

Ya se pueden consultar esta y otras noticias en la webwww.concellodoporrino.net

EL CONCELLO DE PORRIÑO FORMALIZA UN CONVENIO DE FORMACIÓN CON LA ACADEMIA GALLEGA DE SEGURIDADFirmaConvenioAGS5

El alcalde de Porriño, Nelson Santos, y el Director Xeral de Emerxencias e Interior de la Xunta de Galicia, Luís Menor, acompañados por el Jefe accidental de la Policía Local, Daniel Rodríguez, y el concejal de Seguridad ciudadana José Manuel Jacobo, firmaron esta mañana el convenio que permitirá desarrollar en nuestro municipio diferentes acciones formativas dirigidas al cuerpo de Policía Local de Porriño

Durante su visita a nuestro municipio, Luís Menor visitó también las dependencias de Protección Civil de Porriño.

 

Fallo xurado Bolsas produción DKV/MARCO – Vigo

Fallo do xurado

Dous proxectos de Patricia Dauder e Misha Bies Golas,

gañadores das Bolsas de produción DKV/MARCO

 

Hoxe martes 28 de abril, durante a conferencia de prensa convocada no salón de actos do MARCO, deuse a coñecer o fallo do xurado das Bolsas de produción DKV/MARCO 2015.

A devandita convocatoria, que se fixo pública o 13 de febreiro, ten como obxecto outorgar dúas bolsas para a realización de cadanseus proxectos de artistas españois ou con residencia legal en España, nacidos a partir de 1972. http://www.marcovigo.com/content/bolsas-de-produci-n-dkvmarco-2015

A selección dos proxectos estivo a cargo dun xurado composto por Alicia Ventura como membro designado por DKV Seguros; Iñaki Martínez Antelo e Agar Ledo Arias por parte do MARCO; David Barro (director Fundación Luis Seoane) e Carlos Rosón (director Fundación RAC) como membros externos.

As dúas propostas gañadoras corresponden a Patricia Dauder (Barcelona, 1973) e Misha Bies Golas (Lalín, Pontevedra, 1977). O xurado tomou a súa decisión tras examinar e valorar en detalle un total de 142 proxectospresentados, 30 deles procedentes de Galicia. Na decisión tívose en conta a calidade das propostas e a súa viabilidade técnica e de realización en función dos prazos e o orzamento. As dúas obras seleccionadas formarán parte da exposición que terá lugar nas salas da planta baixa do MARCO a partir do 16 de outubro de 2015, xunto a outras obras producidas por DKV e pertencentes á súa colección.

Na conferencia de prensa na que se deu a coñecer o resultado participaron Alicia Ventura (responsable da Colección DKV Seguros Médicos), Carlos López Font (2º tenente de alcalde como representante da Fundación MARCO), e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO. Durante a reunión, os membros do xurado salientaron a gran calidade das propostas recibidas, e o éxito da convocatoria.

 

 

Patricia Dauder (Barcelona, 1973)

Recinto

Na obra de Patricia Dauder, materia e estrutura constitúen os medios a través dos cales proxecta ideas e sensacións sobre o paso do tempo e a idea de espazo, sendo a observación do mundo natural unha práctica constante. As imaxes e obxectos son resultado de longos procesos de traballo nos que se establece un diálogo entre o comportamento azaroso dos materiais e sensacións, proxeccións mentais que se nutren de referencias múltiples –literarias, visuais, históricas ou autobiográficas– e ideas como a relación entre positivo e negativo, masa e baleiro, construción e destrución, ou sistemas de representación gráfica como mapas e cosmoloxías.

No último ano xurdiu no seu traballo un interese por transferir algúns procesos executados no estudio cara a territorios semi-urbanos. Esta crecente necesidade de romper coa introspección habitual do estudio e expandir a súa práctica cara a unha esfera máis real desembocou nun proxecto chamado Traballos Subterráneos, que nos vindeiros meses levará a cabo nun solar abandonado en El Prat de Llobregat (Barcelona), onde realizará unha serie de excavacións subterráneas co obxectivo de experimentar con procesos de transformación e erosión que afectan á materia cando xace soterrada por un período de tempo, co obxectivo de abordar diferentes tipoloxías de recintos subterráneos. Os resultados deste traballo de campo plasmaranse á súa vez a través dunha serie de debuxos, esculturas e fotografías.

A proposta Recinto, presentada á convocatoria das Bolsas de produción DKV/MARCO 2015, pretende recoller parte destes resultados e mostralos en forma de instalación. Alén do carácter experimental do traballo de campo no solar, o proxecto permítelle xerar un conxunto de debuxos, fotografías, e obxectos recuperados, que ocuparán os muros e o chan da sala, abordando así a idea do rastro, do desgaste e do fragmento; e como xerar novas composicións e significados a partir dun certo simbolismo.

www.patriciadauder.net

 

Misha Bies Golas (Lalín, Pontevedra, 1977)

O ceo non é humano

A proposta de Misha Bies Golas toma como punto de partida unha narración de Hanta, protagonista do libroUnha soidade demasiado ruidosa, do escritor checo Bohumil Hrabal. Hanta é un obreiro que traballa cunha máquina embaladora para prensar papel nun vello taller subterráneo, e ao longo de trinta e cinco anos foi facendo balas de papel, como esculturas, compostas por libros e láminas con reproducións de obras de grandes autores. O seu proxecto de utilizar a máquina para realizar a obra da súa vida, unha serie de esculturas que conteña todos os volumes da súa colección, verase frustrado pola introdución de novos métodos de produción, inhumanos e impersonais.

O ceo non é humano consiste en instalar unha prensa de papel no sótano do museo, e a partir de aquí realizar de xeito case artesanal e a modo de recreación documental, unha serie de balas de papel prensado, emulando as que Hanta describe no seu relato. “O ceo non é humano e o home que pensa tampouco o é, non pode selo de ningunha maneira, e eu prenso un paquete tras outro, no corazón de cada un poño un libro aberto pola páxina onde o texto é máis fermoso…”

Misha Bies Golas entende este proxecto como unha continuación dos seus últimos traballos en torno aos libros, a literatura, as apropiacións, e a obra de diferentes artistas como Alberto Sánchez, Seoane, ou o Jusep Torres Campaláns de Max Aub.

http://mishabiesgolas.tumblr.com/