Primeiro Maio Vigo.

SONY DSCManifestación da CIG en Vigo con motivo do 1º de Maio

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, presentou hoxe en rolda de prensa xunto ao secretario de Organización, Anxo Iglesias, a manifestación que percorrerá a cidade este 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora. A marcha -na que participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo- partirá do cruce da Doblada con Urzaiz (na entrada da rúa peonil do Calvario) ás 11.30 horas e rematará na Porta do Sol.

Os responsábeis sindicais lembraron a importancia dunha data na que se conmemora a execución nos EEUU dun grupo de sindicalistas que reivindicaban a xornada laboral de oito horas, suceso do que se cumpren 125 anos. “Este Primeiro de Maio debe de ser un punto de inflexión, porque non podemos seguir así, con estas políticas que afogan a clase traballadora e que ameazan con converter a comarca de Vigo nun deserto industrial”, indicou Gonçalves.

Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Vigo sinalou que a cifra real de desemprego no conxunto da bisbarra supera as 80.000 persoas, “xa que hai que contabilizar os milleiros de traballadores/as que ingresan mendos de 150 euros brutos ao mes”. Ademais, puxo sobre a mesa os datos da última EPA que deixan ver a destrución de emprego que ese está a producir e que amosan que dende finais de 2014 perdéronse 2500 postos de traballo, sobre todo na industria e no sector servizos. “Unicamente se crearon uns 400 ou 500 empregos na construción debido ao incremento da obra pública con motivo das eleccións municipais; mentres, as gradas do naval seguen baleiras, a automoción en caída libre e pechan negocios a diario”.

Ao mesmo tempo, denunciou que na contorna hai máis de 50.000 persoas en risco de exclusión social, polo que chamou a combater na rúas as políticas do PP que están a precarizar as condicións laborais e a empobrecer a clase traballadora. “Facemos un chamamento á cidadanía a que se manifesta con nós nesta xornada de reivindicación para reclamar emprego e salarios dignos como única saída á actual crise económica”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: