Concello de Vigo

 

O Concello ultima o concurso para abrir novas rutas aéreas internacionais e reforzar Barcelona

A Vigo Convention Bureau, reunida este mércores, abordou distintas cuestións sobre a promoción turística da cidade, entre as que Abel Caballero subliñou a potenciación das conexións aeroportuarias. O alcalde avanzou que antes de que conclúa maio estará listo o concurso público para reforzar o voo a Barcelona e conseguir novas rutas en distintos mercados internacionais. Así, o aeroporto de Vigo conta este verán con 12 destinos e no próximo acadaranse as 19 conexións.

 

O goberno de Vigo inicia a próxima semana reformas na sede da UNED por 45.000 euros

A comezos da próxima semana o Concello iniciará os traballos de mellora da sede da UNED de Vigo, no Casco Vello, cun orzamento de 45.000 euros. Así informóuno este mércores o alcalde de Vigo, quen apuntou que o obxectivo da reforma é a restauración e posta en valor do inmoble.

 

Vigo súmase a unha campaña internacional de potenciación dos mercados tradicionais

Coa participación de Vigo, “Ama o teu mercado” é unha proposta internacional que abrangue un total de 2.000 recintos de 16 países do mundo e se desenvolverá do 14 ao 30 de maio, segundo informou este mércores o alcalde de Vigo. “Queremos que os mercados sexan reforzados na forma máis eficaz nesta campaña internacional”, apuntou Caballero.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: