Chega ás librerías e cines de España A Esmorga, unha “historia que morde”

unnamedO novo selo Mar Maior publica unha edición restaurada da novela do célebre autor galego Eduardo Blanco Amor. “Unha apoteose festiva, dionisiaca, carnavalesca”, en palabras de Manuel Rivas

Presentouse esta mañá nos Cines Renoir Princesa de Madrid, xunto coa película dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Karra Elejalde, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira

 

Madrid, 30 de abril de 2015.- Os Cines Renoir Princesa de Madrid acolleron esta mañá a presentación conxunta da novela A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e da película homónima, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Karra Elejalde, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira. Este relato tráxico protagonizado por tres homes nunha viaxe de “apoteose festiva, dionisíaca, carnavalesca, en que os personaxes se desprenden de roupa e prexuízos” está xa nas librarías de toda España e chegará o próximo venres día 8 ás salas de cine comercial. Á presentación acudiu o escritor Manuel Rivas, autor do epílogo e defensor apaixoado da novela e do seu autor.

A noite de “esmorga” na cidade ficticia de Auria, trasposición literaria de Ourense, transcorre en 24 horas de narración veloz e inexorable, repletas de tensión. Choiva, alcohol e sangue corren polas páxinas da novela e por unha película, que -en palabras de Karra Elejalde- “non é fiel en nada á novela, para conseguir ser fiel en todo“. Libro e película amosan con brutalidade e sutileza relacións humanas complexas e transgresoras. “É unha obra de literatura queer“, sentenciou Manuel Rivas na presentación. E o director da película, Ignacio Vilar, recordou que lera a novela na adolescencia, “clandestinamente”, porque estaba prohibida por aquel entón, e entendeu que “aínda que pensabamos que eramos raros, léndoa decatámonos de que eramos o máis normal do mundo”.

Rivas define o autor como “un transgresor narrativo, un insurxente poético, un exiliado exterior e interior, un elegante vagabundo, un bo salvaxe” e engade: “Eduardo Blanco Amor non tiña vocación de escritor maldito pero o establishmentliterario tratouno como tal. Era “periférico”, era “republicano”, era “homosexual”. Todo nel tiña un aire emigrante. Nutriuse da patria da infancia, quizais porque a súa patria real era un país invisible, errante, unha diáspora de aquí e de alá.” Pilar Sampil, xerente da editorial Mar Maior, editora de A esmorga en español, defendeu a enorme “fidelidade” de Ignacio Vilar á novela e recordou que nesta edición do libro se restauraron os fragmentos da primeira edición, que se publicou en Arxentina en 1960, mutilados pola censura franquista.

“En España, os policías do pensamento, a mediados do século xx, decidiron que este libro que temos nas mans, tan lixeiro de peso, era un perigo”, recorda Manuel Rivas, e é que “o corpo do delicto chegara como polisón dende Arxentina a Galicia, cara a finais de 1955, na maleta de Isaac Díaz Pardo, o refundador de Sargadelos. El levou ese vulto insurxente, ese marabilloso contrabando, á editorial Galaxia. Todos sabían, Eduardo Blanco Amor o primeiro, que se trataba de algo especial. Unha planta diferente, excitante, para a “casta” literatura contemporánea, galega e española. A mellor novela galega, en idioma galego, nunca antes escrita, xerminara no exilio. Non trataba do exilio, pero tiña o estigma. ”

Dixeron dela
Traducida polo propio Eduardo Blanco Amor baixo o título La parranda, A esmorga é unha das grandes novelas a literatura galega do século XX e foi considerada pola crítica “o Ulises galego” (Carlos Reviriego) e “a mellor novela da historia da literatura galega (Ángel  Basanta). “Nada lle falta para que poida ser considerada como unha pequena obra mestra” (Manuel Rodríguez Lapa). “Un libro que tería namorado Buñuel e Foucault e que deixa tocada a sensibilidade de quen o le” (Suso de Toro).

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: