Archivo | mayo 8, 2015

PortAmérica Rías Baixas continúa apostando por el talento gallego e incorpora a su cartel a Killer Barbies, Villanueva, BFlecha y Carmen Johns

La próxima semana, últimas confirmaciones y cambio de precio

Thoughtful fisherman on boat

Thoughtful fisherman on boat

El Festival PortAmérica Rías Baixas suma hoy a su cartel musical a Killer Barbies, Villanueva, BFlecha y Carmen Johns, que se unen a Addictive TV, Agoraphobia, Ana Tijoux, Arizona Baby, Buzzcocks, Calle 13, Eladio y los Seres Queridos, Is Tropical, Little Jesus, Mi Capitán, Neuman, Niños Mutantes, Novedades Carminha, Pasajero, Pedrina y Río, Sensacional, Siniestro Total, Supersubmarina, The Asteroids Galaxy Tour, The Divine Comedy,  The Soul Jacket y Xoel López.

Todos ellos pasarán por alguno de los escenarios de Porto do Molle, Nigrán, los días 16, 17 y 18 de julio.

B-Flecha

BFlecha es el proyecto de Belén Vidal, una productora, DJ y compositora de Vigo que ha firmado un más que brillante debut: βeta. Gran conocedora del funk de todas las épocas, las líneas de sinte ochenteras, el R&B  de ayer y de hoy y la música de baile más sofisticada (2step y house primigenio a la cabeza).

Carmen Johns

Esta joven viguesa comienza a componer sus primeros temas a los 13 años. Tal es su talento que graba su primer álbum a tan temprana edad. Guitarras eléctricas, acústicas y diversos matices que nos llevan de la alegría a la melancolía, y viceversa, con gran elegancia. En PortAmérica presentará su 2º trabajo: Pack your bags, en el que comienza a jugar con nuevos sonidos electrónicos manteniendo la esencia de su personalísimo estilo.

Killer Barbies

No podía faltar a PortAmérica la mítica banda de Vigo que retoma su actividad tras 7 años de silencio. Silvia Superstar, Billy King, Dr. Gonzo y Geyperman ofrecerá un concierto donde además de sus clásicos, presentarán algunos de los nuevos temas que formarán parte de su próximo trabajo, cuya publicación está prevista para principios de 2016. Hey-Ho-Lets go!!!

Villanueva

Viajes de Ida, el primer disco de Villanueva, editado por Esmerarte, ha sido una de las grandes sorpresas musicales de 2014. Varias publicaciones especializadas lo han reseñado como uno de los debuts discográficos más interesantes del pasado año, que concluyó llevándose el Premio Maketón 40 Principales Vigo al Disco del año.

Con estas últimas incorporaciones serán 11 las bandas de nuestra Comunidad que pasarán por la 4ª edición del Festival, afianzando a PortAmérica como gran evento que apuesta por el talento gallego y la escena viguesa.

La próxima semana se cerrará el cartel con 5 nuevas confirmaciones, y los abonos pasarán a costar 45 € + gastos de distribución.  (Precio actual: 40€).

El abono + 5 días de acampada: 65 € + gastos. (Precio actual: 55€).

La entrada VIP,  que incluye: abono de 3 días, 5 días de acampada, acceso a zona exclusiva, parking VIP, descuento en bebidas, catering de cortesía y más sorpresas: 200 € + gastos. ¡Aforo limitado! (Precio actual: 175€).

En los próximos días también se darán a conocer también novedades sobre la programación gastronómica del festival: elShowRocking PortAmérica Rías Baixas, que protagonizarán un año más chefs gallegos e internacionales de reconocido prestigio: Estrellas Michelin y Soles Repsol.

 

PUBLICADA NO DOG A CONVOCATORIA DE 223 PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DE TRABALLO PARA O CURSO 2015/2016

  • As prazas distribúense entre o centro residencial xuvenil “Lug” en Lugo, a residencia Florentino López Cuevillas de Ourense, e a de Altamar de Vigo
  • Os beneficiarios, de entre 16 e 30 anos, deberán estar cursando algún ciclo formativo ou estudos universitarios

 

Santiago, 8 de maio de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2015-2016. Son un total de 223 prazas: 74 no centro residencial xuvenil “Lug” de Lugo, 55 na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense, e 94 na de Altamar de Vigo.

 

Todas as prazas son en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza. Ademais, nas tres instalacións ofrécense unha serie de actividades convivenciais e educativas.

 

Poderán ser beneficiarios os mozos e mozas que reúnan os seguintes requisitos: ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2015; posuír nacionalidade española, pertencer a un país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España e non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.

 

No caso dos estudantes son requisitos específicos: cursar estudos de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio ou superior, ou estudos universitarios cuxa oferta non estea dispoñible no concello onde radique a residencia familiar do participante.

 

Ademais, o 9% das prazas están reservadas para mozos e mozas traballadores que teñan o seu posto nun concello distinto ao da súa residencia familiar.

 

Á hora de adxudicar as prazas, teranse en conta os seguintes baremos xenéricos: a antigüidade na residencia; a renda da unidade familiar; a situación de familia numerosa; a condición de orfandade do solicitante; discapacidade de calquera membro da unidade familiar; a residencia, segundo sexa dentro ou fóra de Galicia; estar en estado de xestación no caso das mulleres; ser vítimas de violencia de xénero ou que os seus proxenitores a sufrisen; ter un irmá con praza renovada na residencia; ter condición de familia monoparental; e a situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou nai.

 

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses, entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de xullo de 2016. A cota mensual será de 324 euros por mes. O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles desde o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

 

 

15 prazas de colaboradores bolseiros

Este mesmo mes a Consellería de Traballo e Benestar convocou 15 prazas de colaboradores-bolseiros nestas tres residencias xuvenís: 4 en Lugo, 5 en Ourense, e 6 en Vigo. Os beneficiarios das mesmas contarán con aloxamento e mantenza gratuítos, a cambio de desenvolver labores de dinamización xuvenil

O CONSELLEIRO DE FACENDA REALIZA O ACTO DE IZADO DA BANDEIRA DA UE PARA CONMEMORAR O DÍA DE EUROPA, QUE SE CELEBRA MAÑÁ

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participará no acto de izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa. Na fachada principal do edificio da Xunta.  foto xoán crespo 08/05/15

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participará no acto de izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa. Na fachada principal do edificio da Xunta.
foto xoán crespo
08/05/15

Santiago, 8 de maio de 2015.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participou hoxe no izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa, nun acto que se celebrou diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia, en San Caetano. A celebración, que se desenvolve cada 9 de maio, tivo que ser adiantada para hoxe venres, ao coincidir a convocatoria neste caso en sábado.

 

A Comunidade galega, pese ao seu carácter periférico xeograficamente, tense convertido nunha das rexións que máis se ten implicado na construción europea, cunha relación cada vez máis sólida con Bruxelas tanto política, como económica e socialmente.

 

A política pesqueira e agrícola, os fondos estruturais e a cooperación transfronteiriza son algúns deses asuntos comunitarios nos que a implicación de Galicia con Europa queda patente día a día. Ademais, a solidariedade comunitaria, como parte esencial da UE desde o seu inicio, ten contribuído de xeito decisivo ao crecemento autonómico desde a súa adhesión.

 

O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas, para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales un 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente, sendo a orixe e semente da creación da actual Unión Europea.

 

O acto realizado hoxe nas instalacións da Administración autonómica está previsto na normativa europea de fondos estruturais da política de cohesión.

 

DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO 2015 Programación especial no MARCO

Venres 15, sábado 16 e domingo 17 de maio – Vigo

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

Horario de apertura: venres, sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (ampliación de horario o domingo pola tarde)

 

 

Día Internacional do Museo 2015

Museos para unha sociedade sostible

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2015 é ‘Museos para unha sociedade sostible’, que pon de manifesto o papel que xogan os museos á hora de sensibilizar ao público sobre a necesidade dunha sociedade menos debaldidora, máis solidaria e que utilice os recursos dun xeito máis respectuoso cos sistemas biolóxicos.

http://network.icom.museum/international-museum-day/L/1/

Unha vez máis, o MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do 16 e 17 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, xunto coasexposicións que nesas datas se exhiben en salas: a retrospectiva de FRANCISCO MANTECÓN na planta baixa, a mostra Cismadores de MAURO CERQUEIRA no Anexo; e o proxecto PORT AUTHORITY do artista lituano Gintaras Didžiapetris, que se clausura o domingo 17 de maio nas salas do primeiro andar.

Na programación da fin de semana DIM destaca o ciclo MARCO Escena, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, ademais doutras actividades específicas —taller de scrapbooking na Biblioteca-Centro de documentación, programación do Laboratorio das Artes, visitas guiadas— para público infantil e adulto.

 

MARCO Escena

Programa de artes escénicas comisariado por Pablo Fidalgo Lareo

Venres 15, sábado 16 e domingo 17 de maio

Entrada gratuíta. Aforo limitado

Recollida de entradas en taquilla unha hora antes de cada actuación, ata completar aforo

 

 

CALENDARIO E HORARIOS

Venres 15

Urândia Aragão

Fio condutor

Horario: ás 18.00 (1º pase) e ás 20.00 (2º pase)

Lugar: sala perimetral B1 (1º andar)

Máximo 28 asistentes por sesión

 

Sábado 16

Urândia Aragão

Fio condutor

Horario: ás 11.30 (1º pase) e ás 13.30 (2º pase)

Lugar: sala perimetral B1 (1º andar)

Máximo 28 asistentes por sesión

 

 

Sábado 16

Branca Novoneyra

Parada

Horario: ás 18.00

Lugar: sala frontal B2 (1º andar)

 

Diego Anido

La piel de mi familia

Horario: ás 19.00

Lugar: sala frontal B2 (1º andar)

 

 

 

 

Mis documentos

Ciclo de conferencias performativas comisariado por Lola Arias, coa  asistencia de Sofía Medici

Ana Borralho & João Galante

Só há uma vida e nela quero ter tempo para construir-me e destruir-me

 

Horario: ás 20.00

Lugar: salón de actos

A obra de Ana Borralho & João Galante estará protagonizada por adolescentes entre 15 e 18 anos da área de Vigo, participantes no taller que levarán a cabo os artistas no MARCO, do 9 ao 14 de maio.

 

 

 

 

Foto: Ana Borralho & João Galante

Domingo 17

Uxía P. Vaellounnamed (1)

Fantasma

Horario: ás 18.00

Lugar: sala frontal B2 (1º andar)

 

 

Mis documentos

Ciclo de conferencias performativas comisariado por Lola Arias, coa asistencia de Sofía Medici

 

 

Ana Borralho & João Galante

Só há uma vida e nela quero ter tempo para construir-me e destruir-me

Horario: ás 20.00

Lugar: salón de actos

MARCO Escena

Programa de artes escénicas comisariado por Pablo Fidalgo Lareo

Venres 15, sábado 16 e domingo 17 de maio

 

 

Urândia Aragão

Fio condutor

Estrea o 29 de maio de 2014 no Festival Alkantara, Lisboa

Concepto e dirección artística: Urândia Aragão

Apoio dramatúrgico: Rui Catalão

Apoio artístico: Carlos Manuel Oliveira

Luz: Thomas Walgrave

Son: David Leitão

Escenografía: Urândia Aragão

Asistencia escénica: Catarina Prata

Voces: Elena Castilla, Isabel María Gil, Pablo Fidalgo Lareo, Ramón Ibañez, Virginia Guille, Xoana y Dora das Neves, Iria Fernández Mouriz, Paula Pintos Ureta, Marta Fernández Caballero, Marta Viana Tomé

Residencias artísticas: Espaço Alkantara e Atelier RE.AL

Produción: Départs co apoio do Programa Cultura da Unión Europea

Coprodución: Alkantara

Co apoio de: casaBranca e Fundação Gulbenkian

Agradecementos: Laura Lopes y Rui Aguiar

Espectador, não te assustes. Vais deparar-te com muitas pontas soltas e vai depender de ti encontrar-se um fio condutor. Serás parte integrante do que vier a acontecer. Que todas essas pontas soltas possam constituir uma trama uniforme, com os seus padrões e formas reconhecíveis, é uma hipótese que só a felicidade do momento poderá revelar.

Fio condutor dramatiza e pon en escena voces do espazo público, discursos na cidade, historias de vidas anónimas, en forma de fragmentos de monólogos e conversacións cotiás que o público é invitado a compartir e reproducir de forma individual, a dúo, ou a coro.

Fio condutor explora a cidade a través dos corpos que a habitan, o espazo e o cotián como materia plástica, na relación entre imaxes habitadas por corpos e corpos habitados por imaxes. É unha viaxe, tanto virtual como física, por lugares onde o mundo e a imaxinación se funden…

Urândia Aragão é unha artista portuguesa interdisciplinar que se formou en deseño gráfico e interfaces multimedia antes de iniciar a súa formación en danza en Forum Dança, eira33 eRE.AL. Na súa investigación explora disciplinas como o deseño, a fotografía, o vídeo e a escritura en relación co corpo. O seu traballo ten lugar na interface entre a vida e a arte. Fio condutor é o resultado dun ciclo de tres residencias artísticas ao longo de 2013 en Espaço Alkantara, Lisboa.

 

Mis documentos

Ciclo de conferencias performativas

comisariado por Lola Arias coa asistencia de Sofía Medici

Estrea o 12 e 13 de febreiro de 2015 no Festival Escenas do cambio, Santiago de Compostela

 

Mis documentos é un ciclo de conferencias performativas onde artistas de distintas disciplinas presentan unha investigación persoal, unha experiencia radical, unha historia que lles obsesiona secretamente. É un ciclo de formato mínimo: o artista en escena cos seus documentos. Unha forma de facer visibles esas investigacións que ás veces se perden nunha carpeta sen nome no ordenador. A poeta Branca Novoneyra presenta Parada, unha volta á súa aldea, un lugar de trece casas onde pasou unha infancia sen nenos. O actor e escritor Diego Anido saca a relucir estraños segredos familiares en. La piel de mi familia. A coreógrafa Uxía Vaello trata de descubrir por que o seu avó José Vaello, un republicano atípico, estivo detido na Illa de San Simón

 

Branca Novoneyra

Parada

Texto: Branca Novoneyra

Vídeo: Xes Chapela

Parada é un documento no que a poeta Branca Novoneyra retorna a Parada, unha pequena aldea na Serra do Caurel onde pasou os primeiros anos da súa infancia. A despoboación da serra relaciónase cos recordos infantís e documentos familiares que trazan unha viaxe acelerada de volta ao mundo rural esquecido, onde aínda permanecen os últimos resistentes.

Branca Novoneyra (Lugo, 1976) comezou creando pezas que conectaban a danza coa palabra. Publicou dous libros de poemas, Dentro del laberinto (2009) e Cristal escuro (2012), e foi unha das gañadoras de La Voz + Joven de Obra Social Caja Madrid en 2010. Na actualidade colabora con diversos medios e estruturas culturais en proxectos escénicos e poéticos, e coorganiza o ciclo de lecturas poéticas Picaversos en Santiago de Compostela.

 

Diego Anido

La piel de mi familia

Texto: Diego Anido

Música: Rafa Anido

La piel de mi familia é unha peza na que Diego Anido recrea a súa historia familiar, dende os seus avós ata os nosos días, reflexionando sobre as relacións, a paisaxe e o futuro, acompañado ao final pola música do seu irmán Rafa Anido.

Tras anos de adicción á televisión e un correcto fracaso escolar, Diego Anido (Santiago, 1976) inicia en 2002 a súa formación en artes escénicas en Santiago de Compostela. En 2004 trasládase a Barcelona co obxectivo de ampliar a súa formación en “movemento”. Durante este período colabora como actor, performer, bailarín, creador, director… en diferentes colectivos e compañías como AREATangent, Raravis-Andrés Corchero-Rosa Muñoz, IndiGest, Voadora, Lola Arias… e forma parte de Agrupación Señor Serrano, con xiras por todo o mundo. Creou catro pezas en solitario: Paperboy (2004), El Alemán (2006), Cucaracha (2009) e Symon Pédícrí (2013).

En Fantasma, Uxía Vaello intenta reconstruír a vida do seu avó, José Vaello, un republicano algo excéntrico, que pasou dous anos na Illa de San Simón como preso preventivo durante a Guerra Civil española. A peza é un caderno de bitácora, na que se presentan os datos da investigación de Uxía a partir dos poucos documentos e obxectos persoais do seu avó que aínda conserva.

Uxía P. Vaello (Vilagarcía de Arousa, 1978) traballa como creadora, intérprete e deseñadora de vestiario nas áreas do teatro e da danza dende 2007. Compaxina a creación das súas propias pezas (Arder nun hotel, Play, Assemblage, Rewind. Fantasías en 1987) co seu labor para outras compañías, como Voadora, coa que traballa de forma continuada dende 2010.

 

 

 

 

 

Foto: Manuel G. Vicente

Ana Borralho & João Galante

Só há uma vida e nela quero ter tempo para construir-me e destruir-me

A peza escénica de Ana Borralho e João Galante está protagonizada por un grupo de adolescentes da área de Vigo, participantes no obradoiro dirixido polos artistas do 9 ao 15 de maio no MARCO.

 

Estrea o 4 de abril de 2015 en Lagos, Portugal

Concepto, dirección artística, espazo e deseño de luz: Ana Borralho & João Galante

Texto orixinal: Pablo Fidalgo Lareo

Traducción: Francisco Frazão

Banda sonora orixinal: Coolgate, Pedro Augusto

Asistencia en ensaios: Catarina Gonçalves

Colaborador artistíco: Tiago Gandra

Son: Pedro Augusto

Produción executiva: Andrea Sozzi

Dirección de produción: Mónica Samões

Performers: Nerea Conde, Elena Corcobado, Ana Rivero, Nahuel Rodríguez, Silvia Caamaño Rodríguez, Irene Berciano Allegue, David Carbo Fálquez, Lena Landqvist Souto, Sara Faro Lubiáns

unnamed

Produción: casaBranca

Coprodución: Culturgest / Projecto Panos – Palcos Novos Palavras Novas (Texto orixinal: Pablo Fidalgo Lareo, Traducción: Francisco Frazão)

Co apoio de: Câmara Municipal de Lagos, Centro Cultural de Lagos, Espaço Jovem, TEL – Teatro Experimental de Lagos, LAC – Laboratório de Actividades Criativas (LAR Residência), Culturgest, Agrupamento de Escolas Gil Eanes – Escola Secundária Gil Eanes, Alkantara

Agradecementos: IES Rosais 2 (Vigo), IES Alexandre Bóveda (Vigo), IES Álvaro Cunqueiro (Vigo), IES Salvaterra de Miño, ESAD Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo), Vagalume Teatro (Vigo)

 

Fronte a fronte co seu público, un grupo de adolescentes proponse falar do que significa, ou do que creen significa, ser un “ser libre”. Cun futuro que non promete máis que o recoñecemento das vellas regras dun sistema social e político moribundo, defenden un futuro que pretenden reclamar na súa plena liberdade.

A partir dun texto orixinal de Pablo Fidalgo Lareo, estes mozos pretenden engulir o mundo, mastigalo e devolvelo ao seu público, pero este proceso implica o desenvolvemento dun veleno, en forma de palabras, creado para poder pensar o sistema entrópico no que estamos todos inmersos.

Ana Borralho & João Galante coñecéronse cando estudaban artes plásticas en Ar.Co. Como actores/co creadores traballaron regularmente co grupo de teatro Olho. Dende 2002 traballan en común en áreas como a performance, danza, instalación, fotografía, son e vídeo. Dende 2004 os seus traballos presentáronse en festivais internacionais en Portugal, Francia, España, Suíza, Escocia, Brasil, Alemaña, Inglaterra, Austria, Italia, Emiratos Árabes Unidos, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia e Bélxica. Das pezas creadas conxuntamente destacanMistermissmissmister, sexyMF, No Body Never Mind, World of Interiors, Untitled, Still Life, Atlas, Linha do Horizonte e Art Piss (on money and politics). Viven e traballan entre Lisboa e Lagos (Portugal).

 

[RECREA]SCRAP

Taller de Scrapbooking con postais de arte

Sábado 16 de maio

 

 

Taller de Scrapbooking para público adulto

 

Data e horario: sábado 16 de maio en 2 sesións:

Grupo 1: horario de mañá, de 11.00 a 13.00

Grupo 2: horario de tarde, de 18.00 a 20.00

 

Lugar: Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO

Máximo 10 participantes por sesiónunnamed (2)

 

Inscrición: o taller é gratuito e as prazas cubriranse por orde de inscrición, enviando un e-mail a centro.documentacion@marcovigo.com onde conste nome, apelidos, e-mail e teléfono.

Se o taller está completo farase unha lista de espera e avisarase se quedaran vacantes.

 

Materiais: os participantes traerán algunha fotografía e, se queren, instrumentos que se poidan compartir (troqueladoras, selos, tesouras de formas …). No obradoiro estarán dispoñibles estes materiais e outros similares.

Un scrapbook é literalmente un “álbum de recortes”. Na actualidade, esta técnica recuperouse engadíndolle o uso de selos, troqueladoras, papeis decorativos e moitos outros elementos, e, extendeuse máis alá dos álbumes ilustrados, á creación de tarxetas de felicitación, libros de receitas e todo tipo de obxectos. Coincidindo coa fin de semana en que celebramos o Día Internacional do Museo —que este ano está relacionado co mundo sustentable e a reciclaxe— a Biblioteca-Centro de documentación do MARCO organiza unha actividade de Scrapbooking, concibida como obradoiro para público adulto. Para iso, poñemos a disposición dos participantes todas as ferramentas e decoracións posibles doScrap, xunto con invitacións en papel que se reciben no Museo ao longo do ano, realizadas con múltiples papeis e incribles materiais, que se combinarán á perfección nas creacións do obradoiro.

 

 

 

TUNEANDO!

Obradoiros infantís para público familiar

Sábado 16 e domingo 17 de maio

 

 

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos

 

Horarios: sábado 16 e domingo 17 de maio, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00

Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)

 

Coincidindo coa fin de semana do DIM, no Laboratorio das Artes preparamos unha montaña de obxectos e materiais utilizados ao longo destes meses nos talleres infantís. Agora dependerá de nós atopar as pistas para tunear e converter estes obxectos noutras cousas… que acontecerá…? Antes de entrar nos talleres, cada participante pode recoller na taquilla do MARCO a pulseira da FEAM que o identificará como Amig@ dos Museos.

 

 

O MARCO POR DENTRO

Visitas guiadas ás exposicións

 

 

Horario: venres 15, sábado 16 e domingo 17 de maio, ás 12.30, 17.30 e 19.30

Lugar: salas de exposición da planta baixa, do 1º andar, e Anexo

 

Percorrendo os espazos do MARCO na compaña dos monitores de sala, descubriremos novos itinerarios e contidos a través da abstracción xeométrica de FRANCISCO MANTECÓN; das historias que nos contan os Cismadores de MAURO CERQUEIRA; e do recinto aduaneiro creado por Gintaras Didiapetris en PORT AUTHORITY; unha exposición creada a xeito de depósito, un lugar no que a vida observable dos obxectos conforma unha visión particular do mundo.

 

 

Restaurante Miguel Oliveira

 

 

Con ocasión da fin de semana do DIM, o restaurante Miguel Oliveira abrirá o domingo 17 de maio, con servizo de cafetería dentro do horario do Museo, ademais do venres e sábado como é habitual.

 

 

La Asociación de la Prensa de Vigo abre un registro de denuncias y quejas para preservar la libertad de información durante la campaña electoral

  • clip_image002A través la cuenta de correo electrónico periodistasvigo@gmail.com se podrá trasladar a la APV cualquier actuación, debidamente contrastada, que se considere que viola la libertad de expresión y de información en la provincia de Pontevedra durante la campaña a las elecciones del 24M.

 

Vigo, 8 de mayo de 2015.- La Asociación de la Prensa de Vigo (APV) ha puesto en marcha hoy, coincidiendo con el inicio de la campaña electoral, un registro de quejas y denuncias sobre todas las violaciones o intentos de restricción a la libertad de expresión y de información que se puedan producir durante la campaña electoral para las elecciones municipales del próximo 24 de mayo.

A través la cuenta de correo electrónico periodistasvigo@gmail.com, los profesionales de la información de la provincia de Pontevedra podrán trasladar a la APV cualquier incidencia, debidamente contrastada, que pueda surgir en este sentido.

La Asociación de la Prensa de Vigo evaluará estas denuncias y adoptará las medidas pertinentes, entendiendo que la difusión de las restricciones a la libertad de expresión es la mejor manera de terminar con las prácticas que intenten coartar el libre ejercicio del periodismo.

Concello de Vigo

 


O alcalde invita á cidadanía a visitar a primeira exposición do novo Centro de Arte Fotográfica de Vigo

O Concello de Vigo abre este xoves o novo Centro de Arte Fotográfica de Vigo, ubicado na praza de Eduardo Chao, no Casco Vello, e o alcalde invitou á cidadanía a coñecer o novo recinto cultural coa mostra inaugural “Vigo, unha cidade retratada”, “a aproximación á cidade de Vigo a través das fotografías do Arquivo Pacheco”, subliñou Caballero, aberta ata o próximo 17 de agosto.

 


Caballero avoga pola dinamización comercial de Teis na presentación do I Concurso de Pinchos

O alcalde participou este xoves na presentación do I Concurso de Pinchos Zona Teis, que terá lugar as catro fins de semana do mes de maio, de venres a domingo, en 19 establecementos do populoso barrio vigués. Abel Caballero trasladou o apoio do goberno de Vigo á Asociación de Comerciantes de Teis, organizadora do certame, e avogou pola dinamización comercial da zona.

 


Caballero convida a que a cidadanía vexa na Media Maratón de Vigo “o ambente das grandes probas atléticas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a XVIII Media Maratón de Vigo, pertencente ao Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que se disputará este domingo ás 10:00 horas polas principais arterias da cidade con saída e chegada no centro (Policarpo Sanz e Sireno).

 


“Paseo polo Vigo literario” con Pedro Feijoo

O Concello de Vigo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza a actividade “Paseo polo Vigo literario” que comeza o sábado 9 de maio co roteiro guiado por Pedro Feijoo. A saída será as 11:30 dende a oliveira do Paseo de Alfonso

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

 

ABANCA inaugura coa visita do Premio Nobel da Paz, Kailash Satyarthi, a iniciativa ‘Palabras para Galicia’

Palabras para Galicia celebra a súa primeira edición coa presenza de Kailash Satyarthi, Premio Nobel da Paz 2014, que ofrecerá esta tarde na Coruña (Palexco, 19:30 h.) a conferencia Educación para unha sociedade sustentable: Construíndo alianzas innovadoras.

 

RECEPCION_NOBEL_2

PORRIÑO RENUEVA SU COLABORACIÓN CON PROYECTO HOMBRE GALICIA

ProyectoHombre1El convenio entre ambas entidades, que supone una aportación económica de más de 7000 euros, se formalizó en la Casa Consistorial, donde el alcalde de Porriño, Nelson Santos, y la concejala de Bienestar Social, Teresa Veloso, recibieron a Ramón Gómez, Presidente de Proyecto Hombre Galicia, y a Jerónimo García, Vicepresidente de la Asociación de Familias y Amigos de Proyecto Hombre Galicia

Bomberos de Galicia reclaman dignidad bajo el lema “Rescátanos”

DSC_0897Desde la privatización de numerosos parques la calidad en la prestación de servicios ha ido disminuyendo poniendo en riesgo a los propios bomberos y a los ciudadanos en general

 

El Cuerpo de Bomberos, que siempre ha estado y estará, al servicio de la sociedad, demanda una especial atención a verse mermada la calidad del servicio y atención que prestan a los ciudadanos desde la privatización de los Parques de Bomberos.

 

Siempre hemos reconocido esta profesión como un empleo público, ya que los bomberos opositan para ganarse su plaza; pero sin embargo, cuando Xunta de Galicia y Diputaciones Provinciales decidieron poner la gestión en manos de empresas privadas, ya no disponen de las mismas condiciones que otros parques, todavía públicos, tienen hasta el momento. Tal como sus sindicatos afirman “un servicio de bomberos privado implica precariedad laboral y menoscabo de las condiciones de trabajo y seguridad para sus efectivos”, algo que repercute directamente en la ciudadanía.

 

Como ejemplo de diferenciación entre un servicio privatizado y uno público, mientras los primeros tienen un servicio mínimo de 3 personas por salida, en el caso de los bomberos funcionarios se incrementa a 7 efectivos; de este modo tanto si la emergencia se trata de un contenedor en llamas, una nave industrial o un edificio de 5 plantas, el riesgo laboral es mayor para los pertenecientes a un parque de bomberos privatizado. Y es que, si bien es cierto que pueden solicitar refuerzos a otros parques, la realidad es que en una emergencia la primera media hora es crucial tanto para poner a salvo vidas, como  para evitar males mayores.

 

Esta situación ha ido incrementándose poco a poco a lo largo de 10 años, hasta el punto en el que, actualmente, ya son más de la mitad los bomberos que dependen de empresas privadas “basadas en intereses económicos que dejan de lado la seguridad ciudadana y se centran en el clientelismo de los servicios de emergencias”, demandan desde las distintas agrupaciones sindicales.

 

“Un bombero ha de tener total disponibilidad para atender una emergencia, ha de tener la capacidad necesaria para actuar en caso de emergencia y esta no se debe valorar en función al lucro económico. ¡Esto solo se consigue a través de un servicio público atendido por empleados públicos!”.

 

Por todo ello y bajo el lema de “Rescátanos”, bomberos de todo el ámbito autonómico y nacional, se concentrarán el próximo viernes 15 de mayo a las 11.00 h en Santiago de Compostela.

 

El parque de bomberos de Porriño, con 20 efectivos para dar cobertura a 22 ayuntamientos, es uno de los afectados por esta situación, por ello tenemos que apoyarlos para poner freno a esta práctica de privatización y devolverles los derechos que poco a poco les han ido quitando.

 

 

 

 

A XUNTA DESTACA QUE O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO XA LEVA REPARTIDAS 7.000 TARXETAS DESDE A SÚA POSTA EN MARCHA

A directora xeral de Mobilidade explica no Parlamento que a Xunta ten as portas abertas á incorporación de novos concellos da área, como o de Vilaboa, solicitada polo mesmo partido que non apoiou a incorporación noutros 11 municipios da comarca, o PSdeG

 Helena de Lucas salienta que a Xunta aposta por estender este sistema de transporte público ao maior número de concellos, como demostra o feito de que nos últimos anos seis municipios se sumaron a el seis concellos e, a semana pasada, catro máis

  • Destaca que os usuarios da área de Vigo teñen acceso a descontos medios de 600 euros ao ano e o non gozan de transbordos gratuítos no bus urbano pola negativa do concello de Vigo a incorporarse ao Plan
  • Coa posta en funcionamento de Vigo son xa 61 os concellos incorporados ao Plan de Transporte Metropolitano, que arrincou en 2010 con 39 municipios
  • A directora xeral salienta que, unha vez posto en marcha o Plan na comarca de Vigo cos concellos que integran a área metropolitana, é o momento de estudar con rigor a futura ampliación desta área de transporte que acaba de nacer

 

Santiago, 7 de maio de 2015.- A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, destacou hoxe que o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo leva distribuídas 7.000 tarxetas desde a súa posta en marcha, o pasado 27 de abril. En resposta a unha pregunta en comisión parlamentaria, explicou que a Xunta de Galicia ten as portas abertas á incorporación a este sistema de novos concellos da área, como o de Vilaboa, unha incorporación solicitada desde o PSdeG, o mesmo partido que non apoiou a incorporación doutros 11 concellos  da comarca. “Afortunadamente, os votos só foron decisivos nun destes casos: en Gondomar, polo que os seus veciños están obrigados a pagar máis caro o seu transporte e perden uns aforros duns 600 euros ao ano”, indicou a directora xeral.

 

Helena de Lucas destacou que os usuarios da área de Vigo teñen acceso a descontos medios de 600 euros ao ano e non gozan de transbordos gratuítos no bus urbano pola negativa do concello de Vigo a incorporarse ao Plan. O plan botou a andar cos doce concellos que subscribiron o convenio coa Xunta de Galicia para a súa posta en marcha e reducirá o prezo dos desprazamentos entre eses municipios, así como entre eses concellos e o de Vigo.

 

Os concellos integrados no Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo son Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén. Os veciños de Vigo tamén se poden beneficiar deste plan nas súas viaxes aos concellos limítrofes, aínda que, pola ausencia deste concello do Plan non se inclúen nel os transbordos gratuítos no urbano

 

Helena de Lucas manifestou, en comisión parlamentaria, a súa alegría polo feito de que máis concellos queiran adherirse ao plan avala o éxito do mesmo e as vantaxes para os veciños. “Espero que proximamente poidamos incorporar ao concello de Vigo e alégrome moito de de que esteamos todos a traballar xuntos polo interese xeral”. Reiterou que a Xunta aposta por estender este sistema de transporte público ao maior número de concellos, como demostra o feito de que nos últimos anos seis municipios se sumaron a el seis concellos e, a semana pasada, catro máis.

 

Segundo explicou hoxe a directora xeral de Mobilidade a Xunta, para a constitución da área de transporte metropolitana de Vigo, contou cos concellos integrantes da área metropolitana de Vigo, estabelecida na LEI 4/2012, de 12 de abril, da Área Metropolitana de Vigo.  “Por iso comezamos a traballar cos catorce concellos que compoñen a área metropolitana, porque entre eles xa temos detectada a relevancia das relacións de transporte. Ese é o motivo e non outro para que Vilaboa non estea integrado na área de Vigo á data de hoxe”, indicou Helena de Lucas.

 

A representante do Goberno autonómico indicou que aínda que Vilaboa solicitou formalmente á súa integración na área de transporte o ano pasado, non se ten incorporado nesta primeira fase, porque “a creación da área é un proceso de traballo no que unha vez decididos os concellos integrantes e comezado a análise dos tráficos, non podemos ir cambiando o criterio se o que queremos é avanzar de xeito eficaz”.

 

Agora é a momento de estudar os tráficos e facer os estudos necesarios con rigor de cara á futura ampliación desta área de transporte metropolitano que acaba de nacer.

 

En resposta a unha pregunta parlamentaria, De Lucas explicou que nos últimos anos integráronse seis concellos ás áreas creadas en 2010 e a semana pasada as comisións de seguimento de Lugo e A Coruña acordaron, a proposta da Xunta, integrar catro concellos máis. Así, coa posta en funcionamento de Vigo estamos a falar de 61 concellos cando en 2010 eran 39.

 

O funcionamento deste servizo implica a 11 empresas de autobuses e as tres navieiras que realizan o transporte de ría entre Cangas e Moaña e Vigo.