XESTUR ADXUDICA MÁIS DE 21.000 METROS CADRADOS EN SETE NOVAS PARCELAS DE SOLO EMPRESARIAL EN SANTIAGO, PONTE CALDELAS

  • Tamén foi informado da solicitude de adxudicación directa doutras dez parcelas
  • A urbanización da parcela Z-14 do Parque Ofimático será licitada por un importe de máis de 431.000 euros conta con dous compromisos de venda
  • O consello de administración aprobou tamén a licitación da obra de remate da rehabilitación dun edificio na Tinería por máis de 68.000 euros

 

Santiago, 12 de maio de 2015.- O consello de administración da empresa pública Xestur aprobou hoxe a adxudicación de sete parcelas de solo empresarial nos parques de A Reigosa (Ponte Caldelas), Mos e A Sionlla (Santiago de Compostela), que supoñen máis de 21.000 metros cadrados en total.

 

A meirande parte do solo adxudicado corresponde a cinco parcelas do parque empresarial da Sionlla (Santiago de Compostela), cunha superficie total de 18.540 metros cadrados. No parque da Veigadaña, en Mos, adxudicouse unha parcela de 1.205 metros cadrados e no da Reigosa (Ponte Caldelas) outra de 1.263 metros cadrados.

 

PARCELAS ADXUDICADAS

Parque Nº de parcelas Superficie m2
A Sionlla (Santiago de Compostela) 5 18.540
A Veigadaña (Mos) 1 1.205
A Reigosa (Ponte Caldelas) 1 1.263
TOTAL 7 21.008

 

Por outra parte, o consello de administración foi informado das solicitudes presentadas por oito empresas para a adxudicación directa de dez parcelas en tres parques empresariais. As solicitudes abarcan oito parcelas do parque empresarial das Gándaras (Lugo), cunha superficie total de 6.487 metros cadrados, así como unha parcela no parque empresarial de Barreiros (560 metros cadrados) e outra no de Sigüeiro (Oroso) de 4.739 metros cadrados.

 

PARCELAS SOLICITADAS

Parque Nº de parcelas Superficie m2
As Gándaras (Lugo) 8 6.487
Barreiros 1 560
Sigüeiro (Oroso) 1 4.739
TOTAL 10 11.786

 

Parque Ofimático da Coruña

O consello de administración tamén aprobou a licitación das obras para completar a urbanización da parcela Z-14 do Parque Ofimático da Coruña, que foi segregada en tres parcelas diferentes e sobre as que hai asinados dous compromisos de venda.

 

As obras consistirán na execución das acometidas das parcelas ás redes xerais, a execución de accesos rodados ao viario perimetral e o explanado da parcela con pendentes uniformes.

 

A obra será licitada por un importe de máis de 431.000 euros.

 

Obras na Tinería

Tamén se aprobou a licitación da obra de remate da rehabilitación da edificación emprazada no número 16 da Rúa Río Miño, na Tinería. As obras consistirá no remate dos pavimentos, pintura, instalacións de calefacción e escaleiras.

 

Esta obra de remate do edificio, no que se obterán dúas vivendas, licitarase por máis de 68.000 euros máis IVE.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: