O CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE COIA ACADOU UN 70% DE INSERCIÓN NOS CURSOS RELACIONADOS CO SECTOR INDUSTRIAL

  • PSX_20150514_133201A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá as instalacións do CIFP, que conta con acordos de colaboración con máis de 200 empresas da área de Vigo onde os alumnos e alumnas realizan as súas prácticas.
  • O centro ten ao redor de 450 alumnos e alumnas entre as Accións Formativas dirixidas a Desempregados (AFD) e o Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial.
  • O CIFP de Coia, dependente da Xunta de Galicia, desenvolve accións formativas orientadas á formación profesional como sistema integral en sectores estratéxicos e produtivos coma son a automoción, o naval ou o metal.
  • Bravo Bosch coñeceu tamén aos alumnos e alumnas do curso de xardinaría, que realizan traballos no entorno da parroquia do Cristo da Vitoria e nos centros públicos escolares da zona realizando así unha dobre labor de formación e realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

 

Vigo, 14 de maio de 2015.- O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia obtivo no último ano un nivel de inserción laboral dun 70% nos cursos relacionados co sector da industria. Deste modo, os alumnos e alumnas que realizaron a súa formación teórica e práctica ao longo do 2014 tiveron a oportunidade de conseguir un emprego nalgunha das máis de 200 empresas da zona de Vigo coas que o centro de formación profesional ten acordos de colaboración para que os seus estudantes realicen as súas prácticas.

 

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou as instalacións do centro acompañada da súa directora, Ángeles Cortés, e parte do seu equipo directivo, onde destacou que “temos que seguir a camiñar neste sentido” para que os alumnos e alumnas que pasan polo CIFP de Coia teñan “a mellor e maior formación”.

 

Na actualidade son ao redor de 450 alumnos e alumnas os que realizan a súa formación no centro divididos entre os cursos relativos a Accións Formativas dirixidas a Desempregados (AFD) e o Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial.

 

Durante a visita, Bravo Bosch tivo verbas especiais para os alumnos e alumnas do curso de Auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería xa que, ademais de recibir a súa formación teórica nas aulas, nestes momentos están a realizar a formación práctica no entorno do CIFP. Concretamente, realizan traballos de acondicionamento e mantemento dos xardíns da parroquia do Cristo da Vitoria así coma nos centros públicos escolares da zona de Coia onde se atopa o centro de formación na rúa Baiona. Deste modo, realizan unha dobre labor no desenvolvemento do seu curso, por unha banda de formación práctica e, por outra, de realización de obras e servizos de interese social para a comunidade que están a ser moi bo acollidos polos veciños e veciñas.

 

Ademais, e coma sinalou a delegada, por primeira vez este alumnado –xunto aos alumnos do curso de microinformática- poderá acollerse se así o desexa ao programa da Rede Eures para realizar prácticas de 2 meses en países da Unión Europea coma República Checa, Portugal, Irlanda, Francia ou Italia.

 

Melloras para este ano 2015

O equipo directivo do CIFP de Coia aproveitou a visita de Bravo Bosch para solicitarlle unha serie de melloras para este ano 2015. Solicitaron a renovación de equipos informáticos de aulas e talleres; a incorporación ao taller de Fabricación/CNC dun torno CNC (control numérico computarizado) con torreta motorizada para acoplar 12 ferramentas e, por último, a necesidade de contar no taller de Automatismos dun robot que permita acceder ao sistema máis actual en tecnoloxía robótica e software de automatización coa finalidade de  desenvolver nas súas aulas e talleres procesos industriais similares aos actuais da industria de Vigo e a súa área de influenza.

 

A delegada considerou as súas peticións e sinalou que a través dos Fondos Europeos que debe recibir a Consellería de Traballo e Benestar “se podería facer fronte as súas necesidades”.

 

O Centro Integrado de Formación Profesional de Coia

O CIFP de Coia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, desenvolve accións formativas orientadas á formación profesional como sistema integral en sectores estratéxicos e produtivos coma son a automoción, o naval ou o metal.

 

Neste senso, programa e imparte cursos de formación dirixidos á fabricación, montaxe e mantemento de bens de equipos e maquinaria industrial, economía verde, de instalacións frigoríficas e de instalacións solares, os cales aportan a cualificación e recualificación necesaria para acadar a inserción laboral dos alumnos desempregados e mellorar a empregabilidade e a competitividade do tecido empresarial.

 

A finalidade é así favorecer a inserción e reinserción laboral das persoas que perderon o seu emprego ademais de mellorar a empregabilidade da poboación activa.

 

Na actualidade conta cunha superficie de 3.000 metros cadrados interiores e 2.700 m2 de axardinamento e patios tras gañar unha nova área de aulas de formación de 820 metros cadrados despois do traslado da oficina de emprego de Coia –coa que compartía instalacións- ao seu novo emprazamento en San Paio de Navia. Co obxectivo de acometer con efectividade a impartición da súa formación profesional, o CIFP acondicionou a superficie total do centro incorporando á nova área de formación aulas das especialidades de microinformática, fotovoltaica e deseño industrial.  Así, dispón actualmente de 16 aulas e 8 talleres.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: