Archive | mayo 19, 2015

Programa Xogas? “Da base á elite deportiva”‏

Conferencia divulgativa: “Da base á elite deportiva”

·         Participan os adestradores Belarmino Alonso “Milucho”, Fran Teixeira e Eduardo Berizzo.

·         Lugar: auditorio da AVCD Monte da Mina (Monte da Mina, 16-Castrelos)

·         Data: martes 19 de maio

·         Hora: 19.30

·         Entrada libre ata completar o aforo

image003

La bombona de butano baja y pasará a costar un máximo de 14,12 euros a partir de mañana‏

  • El nuevo precio estará vigente en mayo y junio. En julio se volverá a revisar el precio según las cotizaciones internacionales.

 descarga

18.03.15. El precio máximo de la bombona de butano será de 14,12 euros, impuestos incluidos, a partir de mañana, frente a los 15,81 euros por bombona actuales, según la última actualización de la fórmula que fija el cálculo de los precios de los gases licuados de petróleo envasados (GLP). Esto supone una reducción de un 10,7% en el precio final de la bombona.

 

Esta reducción del precio es adicional a la que la del pasado mes de marzo cuando el precio de la bombona se redujo un 9,7% al pasar de 17,5 euros por bombona a 15, 81 euros por bombona.

 

El nuevo precio estará vigente hasta el tercer martes del mes julio que se revisará de nuevo el precio según las cotizaciones internacionales. A partir de esta revisión el precio de la bombona sólo podrá subir o bajar un máximo del 5%, con el fin de dar estabilidad de precios al consumidor.

 

El precio regulado afecta a las bombonas de butano que más comúnmente utilizan los hogares, envases con carga igual o superior a 8 kg e inferior a 20 kg, cuya tara sea superior a 9kg. El precio máximo de la bombona se actualiza cada dos meses, en función de las cotizaciones internacionales.

 

El déficit que existía en la comercialización de la bombona de butano, ha sido totalmente eliminado en el último bimestre.

BENESTAR PARTICIPA EN SALAMANCA NA III XUNTANZA DO GRUPO ESTATAL DE DEMENCIAS DO IMSERSO

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, representou hoxe á Consellería nesta reunión na que destacou a transformación do sistema de servizos sociais que está a deseñar a Xunta para optimizalo
  • Para levar a cabo esta modificación, Piñeiro lembrou que se está a elaborar un novo sistema de carteiras que inclúe, ademais do eido da dependencia, a de persoas con autonomía, familia e infancia, e inclusión
  • A carteira de dependencia, xa aprobada pola Xunta, inclúe servizos específicos para a atención de persoas con demencias
  • A prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal é outra das liñas de actuación que se está a desenvolver para mellorar o sistema social

 

Salamanca, 19 de maio de 2015.- A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe en Salamanca na III Xuntanza do Grupo Estatal de Demencias do Imserso na que, entre outros temas, abordáronse as conclusións e propostas para avanzar na definición da política de Estado de alzhéimer, ao tempo que se analizou o informe técnico de avaliación externa sobre esta enfermidade en España.

 

Piñeiro resaltou que a Xunta de Galicia está a transformar o sistema de servizos sociais para optimizar e ampliar os recursos existentes e, para isto, está a levar a cabo catro liñas de actuación principais: un novo modelo normativo coa posta en marcha de catro carteiras que, ademais do eido da dependencia, inclúe a de persoas con autonomía, familia e infancia, e inclusión; a modernización tecnolóxica no ámbito social na que destacan, entre outros, os novos sistemas de teleasistencia avanzada; a prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal; e o impulso á coordinación sociosanitaria.

 

Con respecto á carteira de dependencia, xa aprobada polo Goberno galego, destacou que inclúe servizos específicos para a atención de persoas con demencias con recursos á medida das necesidades das persoas, co que se conseguirá “unha atención máis ampla, diversa, e innovadora”.

 

Polo tanto, Piñeiro indicou que a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal é  unha prioridade para o Goberno galego. Ao respecto, a Comunidade autónoma conta por primeira vez cunha Estratexia para a detección precoz da dependencia, que contén un total de 400 medidas. Con esta folla de ruta consolidarase, ademais, o enfoque preventivo como eixo transversal das políticas sociais na comunidade autónoma.

 

La Diputación pone en marcha 704 cursos para 12.500 personas en los programas de tiempo libre ‘Pensa en tí’ y ‘Tí tamén contas’

IMG_5153_resizedLa oferta de actividades está disponible en la web de la Diputación,  y los interesados pueden matricularse por 6 euros en las asociaciones donde se impartirá cada uno.

• Todos los cursos tendrán una duración mínima de seis horas y están dirigidos a colectivos de mujeres, de mayores y de personas con discapacidades.

• “El crecimiento ha sido exponencial y los asistentes nos dicen que han cambiado su vida, que se encuentran mejor, más socializados y que necesitan menos cuidados”, dice Marta Iglesias.

Vigo, 19 de mayo. Un total de 704 cursos disponibles para cerca de 12.500 personas. Así resumió la diputada viguesa Marta Iglesias la oferta de cursos que la Diputación de Pontevedra ha activado desde hoy mismo en colaboración con asociaciones de vecinos, sociales y colectivos especializados.
La gama de actividades de ocupación del tiempo libre está catalogada por temas e incluye en cada uno de ellos una abanico de posibilidades de formación y ocupación, todas ellas impartidas por profesionales especializados.
Se trata de la mayor oferta que una administración pública pone a disposición de colectivos específicos para ocupar el tiempo libre y trabajar la socialización.
En concreto, las actividades están dirigidas a personas mayores y a personas con alguna discapacidad, a través del programa ‘Ti tamén contas?; y  por otro lado a mujeres, mediante el ciclo ‘Ti tamén contas’.
Marta Iglesias apuntó que el crecimiento de esta oferta a lo largo de los últimos años (comenzaron a impartirse estos cursos en el año 2005, “ha sido exponencial y los asistentes nos dicen que han cambiado su vida, que se encuentran mejor, más socializados y que necesitan menos cuidados”.
Todos los interesados pueden matricularse desde hoy mismo en las distintas asociaciones donde se desarrollarán cada uno de los cursos. La oferta disponible está alojada en la página web de la Diputación, al margen de la información facilitada por cada uno de los colectivos implicados.
Iglesias Bueno aclaró que se trata de cursos totalmente abiertos, de modo que no hay que estar integrado en ninguna asociación o colectivo social para participar en los mismos.
Se solicitará una matrícula simbólica de seis euros para garantizar la asistencia por parte de los inscritos y evitar que al final queden plazas libres.

JamesonNotodofilmfest anuncia los nominados de su XIII edición

unnamedEl jurado, compuesto por Fernando Franco, Javier Fesser, Montxo Armendáriz, Ernesto Sevilla, Jonás Trueba, Julio de la Rosa y Emma Suárez, ha elegido a los nominados de la XIII edición de JamesonNotodofilmfest

Los nominados optaran a los 47.000€ en premios repartidos en 18 categorías entre las que se encuentran el Gran Premio Jameson a la mejor película, el Premio Jameson a la Mejor Película de Triple Destilación, Premio Paramount Channel al Mejor Remake Tu vida pide cine, el premio LG al mejor cortometraje grabado con móvil y el Premio del Público El País

Los ganadores se darán a conocer en la entrega de premios que tendrá lugar el próximo 12 de junio en la Cineteca de Matadero dentro del programa de actividades de JamesonNotodofilmfest Weekend

El festival sigue aumentando su número de espectadores y registra hasta el momento más de 9 millones de películas vistas

CONFERENCIA DE PRENSA. ABANCA e a ONCE presentan a primeira aplicación de Banca Móbil totalmente accesible para persoas con discapacidade

19.05.2015. Mañá mércores, 20 de maio, ás 10.30 horas, na sala de prensa da sede de ABANCA en A Coruña (Rúa Nueva, 30 – soto),  a entidade financeira galega presentará a nova versión da súa aplicación de Banca Móbil totalmente accesible para persoas con discapacidade visual.

No acto estarán presentes o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, o director xeral de Información, Procesos e Operacións de ABANCA, José Manuel Valiño, o delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o presidente do consello territorial de Galicia da ONCE, Carlos Fernández Lamigueiro.

 

DATA 20 de maio de 2015
HORA 10.30 horas
LUGAR Sala de prensa sede de ABANCA en A Coruña

A 15ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o mércores 20 de maio

Baixo o lema: “Galego, a  nosa creación común”, doce carreiras pola lingua percorren 12 localidades galegas entre 4 e o 25 de maio.

A edición 2015 do Correlingua, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos, desde infantil a bacharelato, organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, comezou o 4 de maio en Compostela e rematará na  Estrada o 25 de maio.

 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

 

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 20 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Parque de Castrelos nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará o grupo gañador do Cantalingua: Para @s máis pequen@s desde as once da mañá actuará Paco Nogueiras; no propio parque estarán tamén Sacha na horta. Nesta edición participan en torno a 25 centros educativos (de educación infantil, primaria e secundaria ) con aproximadamente 2000 alumnos.

 

Como todos os anos contaremos, para conducir o acto da festa final, cunha persoa de relevo, que nesta ocasión é a actriz Isabel Risco, gañadora do premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto na serie Era Visto!.

 

Dará a saída á marcha na praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo ABEL CABALLERO.

 

A CIG-Saúde denuncia o uso partidista que está a facer o Partido Popular co novo hospital de Vigo

A Deputación Provincial e formación conservadora están a organizar visitas ao centro médico dende hai días

O pasado martes 12 de maio a Deputación organizou unha visita cun grupo de persoas con discapacidade, hoxe luns as 17 horas o PP organiza outra visita ao novo hospital con outro grupo de cidadáns.

Lembramos que a obra do novo hospital xa foi entregada ao SERGAS, polo que consideramos responsable de tal uso partidista á estrutura do SERGAS. Resulta vergonzoso que mentres se lle nega a visita a traballadoras e traballadores da área Sanitaria se use de forma electoralista.

Pensamos que a Xunta electoral debería intervir para frear esta actitude caciquil, moi propia do PP, e darlle un correctivo ao partido popular e lembrarlle que en campaña electoral non se poden facer este tipo de actos partidistas.

Dende CIG-Saúde creemos  que o PP fai uso das infraestruturas que pagamos toda a cidadanía como si fora o seu propio cortixo, e logo falan de rexenerar a vida política.

 

En Vigo, a luns 18 de maio de 2015

Pladesemapesga: “Rosa Quintana (PP) ha boicoteado desde Mozambique el desarrollo del sector pesquero en Galicia”. ..

pladesemapesga28 millones de euros en financiar un proyecto de desarrollo de la industria pesquera en Mozambique, mientras la abandonan en Galicia.
En este sentido, portavoces de la Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia han señalado que “ya esta demostrado que es más sencillo defender el sector pesquero que generar ataques y normativas continuadas para destruirlo” y tachan de “verdadero escándalo” la “obsesión de Rosa Quintana” y del PP por DESTRUIR el sector pesquero de Galicia. La plataforma, consideró “un sinsentido” que en Galicia “estemos, con todas las flotas y profesionales de la Mar que tenemos, en fase de destrucción de empleo y de recortes a la flota frente al 40% del aumento en el desarrollo en la flotas de la Unión Europea”. Pladesemapesga afirma que este hecho “solo tiene un diagnóstico: Rosa Quintana con la benevolencia de Feijóo esta boicoteando, primero desde la Xunta y con el apoyo de Feijóo desde el Gobierno de España (Mariano rajoy), el desarrollo del sector pesquero de Galicia”. “Estos sucesos solo tienen explicación para el que pone los intereses privados por delante de los intereses de los gallegos y las gallegas”, dicen. No es de recibo que el Gobierno del PP ayude a desarrollar la pesca en Mozambique, junto a la Fundación de la Unión Europea para la Pesca y el Instituto Portugués de Apoyo al Desarrollo (IPAD), ha invertido cerca de 28 millones de euros en financiar un proyecto de desarrollo de la industria pesquera en Mozambique, mientras ese país expulsa a la flota gallega de sus caladeros.. [+] »

Cheque Social: o goberno municipal institucionaliza a caridade

VIGO

En plena campaña electoral, o goberno municipal convoca o “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, coñecido como “cheque social”.

Perante isto, non temos máis que denunciar, non só o momento da convocatoria, se non, sobre todo a miseria e ineficacia das Políticas Sociais que existen neste Concello e das que Caballero nunca fala:

– Colapso do departamento: até dous meses de atraso por unha cita coa traballadora social, incumprimento de prazos de tramitación de axudas como a RISGA, etc.

– Peche do programa Sereos, o cal foi substituído por un autobús na zona de Jacinto Benavente que foi caer nas mans de Érguete.

– Privatización de servizos e programas: Grupo 5 xestiona o albergue municipal, CLECE o programa de intervención familiar, o servizo de axuda no fogar e parte de CEDRO.

– Aposta pola caridade: o departamento de Benestar Social substitúe os dereitos pola esmola. Centos de miles de cartos saen en convenios con entidades privadas que atenden necesidades da veciñas que sofren o colapso do servizos sociais municipais e autonómicos.

As devanditas bases levan aprobadas dende a Xunta de Goberno Local celebrada o 30 de decembro. Porén, non é até 5 meses despois, o pasado 14 de maio, cando se decide convocar o programa. Volve o Alcalde unha vez máis, a utilizar a necesidade da xente como propaganda política con fins partidistas. Resulta inaceptable que se xogue desta maneira cunha axuda que debería servir para paliar a precariedade na que viven cada vez máis persoas, como se fose un mitin, unha pegada de carteis ou unha foto na prensa.

Por riba disto, e como xa ten sucedido nas dúas convocatorias anteriores, o programa resulta restritivo, insuficiente e miserento:

1º. Mentres a situación económica da cidadanía empeora cada día máis, o goberno municipal segue a destinar 2.000.000 € para esta axuda, contía que, tal e como quedou amosado na última convocatoria, resulta totalmente insuficiente para paliar as extremas situacións de empobrecemento que sufrimos.

2º. A axuda se outorga á unidade familiar, como beneficiaria, de tal maneira que só se pode percibir unha contía por domicilio. Por contra reivindicamos o dereito de cada persoa, individualmente, a satisfacer as súas necesidades básicas.

3º. Escollen o modelo de concorrencia competitiva que impide atallar a situación concreta de cada familia, ao depender a contía da axuda do número de solicitudes, e non das necesidades particulares de cada caso.

4º. Nos gastos que poden ser subvencionados non se traslada a realidade da situación de moitas familias, enmarcándose nun esaxerado formalismo que non se acomoda aos peculiares modelos convivenciais aos que a xente ten que recorrer. Así, por exemplo:

a) Non se prevé como subministro a auga.

b) Non se prevé como gasto de vivenda diferentes modelos de vida: pisos compartidos, retorno ás vivendas familiares…

c) Esíxese a “garantía de continuidade na vivenda” como requisito para sufragar os gastos de alugueiro. Porén, a experiencia contrastada coas resolucións das AEM está a facer que en moitos casos non se estime a concesión da axuda por considerar que a renda do alugueiro resulta desproporcionada ou non axustada aos recursos da familia.

5º. Exclúense das axudas as persoas estranxeiras que non teñan autorización de residencia, o que supón deixar fora da convocatoria a moitas veciñas que tamén teñen necesidades que cubrir, sen ningún tipo de xustificación ou lexitimación.
O mesmo ocorre coas nacionais de estados membros da UE ás que se lles require estar inscritas no Rexistro Central de Estranxeiros, o cal só se permite facer se se conta con ingresos que garantan a subsistencia. Polo que, de facto, estase a privar destas axudas a estas persoas.

6º. Esixir un período mínimo de empadroamento tan elevado (3 anos) supón unha decisión puramente restritiva, pensada para deixar fora a moitas persoas que residen na cidade e que ficarán sen axuda.

7º. As contías máximas de ingresos, unha vez descontados os gastos de aloxamento (se é que os admiten ou estiman), resultan excesivamente restritivas: por exemplo, para unha familia de 4 membros que poida descontar o máximo de gastos de aloxamento (325 €), establecese un límite de ingresos de 450 €, o que supón uns ingresos máximos per cápita de pouco máis de 110 euros. Ademais o restritivo dos límites intensifícase segundo aumentan os membros da unidade familiar.

8º. En canto ao procedemento:

a) O prazo máximo de resolución (3 meses dende a publicación da convocatoria) fica sen efecto porque se establece o silencio negativo (é dicir, se transcorridos os tres meses non existe resolución, estimarase denegada a axuda), co que aos solicitantes non lles queda máis remedio que agardar ao máis que probable atraso na concesión das axudas.

A experiencia das últimas dúas convocatorias amosa que o ese prazo de 3 meses é sobrepasado con creces polo Concello, deixando ás persoas agardando meses por esta axuda.

Cun departamento de benestar social colapsado, con insuficiencia de medios e persoal, o Concello volve a convocar un programa propagandístico cuxa resolución vaise demorar até o infinito.

b) O outorgamento de puntuación volve ser excesivamente restritivo: unha vez superado o primeiro obstáculo do límite dos ingresos máximos, atopámonos con que unha familia de 4 membros que teña uns ingresos de 451 euros (112 por persoa) non obtén puntuación algunha (táboa 2), co que non percibirá axuda. Desta maneira, as bases limitan aínda máis os criterios do ano pasado, cando os ingresos máximos per cápita eran de 150 euros. O mesmo acontece cunha familia de 5 membros con 551 euros de ingresos.

c) O prazo para adquirir os alimentos da axuda concedida (10 días) semella moi escaso.

En definitiva, contra a “fanfarria” e propaganda do Alcalde, non temos máis que amosar luz sobre a realidade desta convocatoria, e denunciar a inexistencia dunha política social real e xusta por parte dun Concello que permite que a cidadanía perpetúe a situación de precariedade na que vive.

Fronte á caridade institucional, esiximos medidas que desborden o sistema. Esiximos, e traballamos, pola Renda Básica das iguais e por moitísimo máis. As súas políticas o único que procuran é maquillar a crúa realidade, perpetuar a desigualdade e a inxustiza, desmobilizarnos e confundirnos dos vieiros que debemos camiñar para parir unha vida digna e plena.

 

Maio 2015

ODS-Coia