Archive | mayo 24, 2015

TRABALLO AVOGA POR REFORZAR OS MECANISMOS DE INSPECCIÓN COMO GARANTÍA PARA PROTEXER AOS CIDADÁNS QUE CUMPREN A LEGALIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu a xuntanza da comisión de seguimento do acordo existente entre a Inspección de Traballo e Seguridade Social de España e a Autoridade para as Condicións do Traballo de Portugal para o intercambio de información e cooperación
  • O protocolo recolle seis ámbitos de actuación prioritarios e seis compromisos esenciais relacionados coa seguridade e saúde no traballo, o permiso de traballo de cidadáns extracomunitarios ou intercambio de información sobre os fluxos de traballadores, entre outros
  • En Galicia continúase a apostar polo reforzo da actividade inspectora e, en total, para 2015 hai previstas 37.547 ordes de servizo, un 0,5% máis que en 2014
  • Estas ordes están estruturadas en catro áreas: dúas de competencia autonómica (a prevención de riscos laborais e o emprego e as relacións laborais) e dúas de competencia estatal (a seguridade social e a economía irregular)

 

Santiago, 22 de maio de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe a “gran importancia” que o departamento autonómico outorga á inspección de traballo “porque incide directamente na calidade de vida dos traballadores e traballadoras e das súas familias”.

 

Beatriz Mato presidiu a décima xuntanza da comisión de seguimento do acordo asinado en 2003 entre a Inspección de Traballo e Seguridade Social de España e a Autoridade para as Condicións do Traballo de Portugal para o intercambio de información e cooperación.

 

O encontro tivo lugar en Santiago e, na súa intervención, avogou por reforzar os mecanismos de inspección e velar por que se desenvolvan da mellor maneira posible desde un punto de vista positivo de protexer aos cidadáns e a aqueles que cumpren estritamente a legalidade.

 

Neste sentido, a titular de Traballo explicou que “están en xogo materias tan importantes como a saúde e a seguridade laboral; as condicións de traballo ou as cotizacións á Seguridade Social”, así como que “debemos defender o principio básico de igualdade, combatendo a competencia desleal que supón a economía sumerxida”.

 

Mato engadiu que en Galicia continúase a apostar polo reforzo da actividade inspectora. En total, para 2015 hai previstas 37.547 ordes de servizo, un 0,5% máis que en 2014. Estas ordes están estruturadas en catro áreas: dúas de competencia autonómica (a prevención de riscos laborais e o emprego e as relacións laborais) e dúas de competencia estatal (a seguridade social e a economía irregular).

 

A conselleira valorou que a colaboración entre administracións “é absolutamente fundamental para acadar a máxima eficacia e eficiencia da actividade inspectora” e, nese sentido, destacou a vixencia e a relevancia do acordo que asinaron España e Portugal en 2003, do seu desenvolvemento e do seguemento que hoxe está a realizar esta Comisión.

 

O acordo recolle seis ámbitos de actuación prioritarios e seis compromisos esenciais: seguridade e saúde no traballo, para intercambiar información en materia de prevención de riscos laborais respecto ás empresas do país veciño que operen en territorio propio; accidentes de traballo, para informar a autoridade inspectora do país veciño do resultado da investigación de accidentes que afecten a traballadores de empresas de dito país, así como das medidas adoptadas como consecuencia deles.

 

En terceiro lugar, aborda o permiso de traballo de cidadáns extracomunitarios, que recolle o compromiso de solucionar as diverxencias atopadas nas respectivas lexislacións con respecto á esixencia dun permiso de traballo dos cidadáns extracomunitarios contratados por empresas de Portugal; ou as actuacións comprobatorias previas e procedemento sancionador con empresas domiciliadas no país veciño, co obxectivo de colaborar coa autoridade inspectora no caso de que houbese dificultades de localización da sede social dunha empresa ou da identificación do representante legal.

 

En quinto lugar, o convenio recolle o intercambio de información sobre os fluxos de traballadores que se desprazan para unha prestación de servizos transnacional, que acuden diariamente ao outro lado da fronteira, e que se trasladan por un período de dous ou tres meses no sector agrícola. Por último, o sexto compromiso supón a cooperación e asistencia derivada da directiva europea sobre desprazamento de traballadores no marco dunha prestación de servizos transnacional, que pretende levar a cabo un control e intercambio recíproco de información sobre as empresas con desprazamentos transnacionais de traballadores, así como a identidade de ditos traballadores.

 

Horarios Tres Sesenta Festival 2015 –

Horarios Tres Sesenta Festival 2015

En 15 días arranca la 4ª edición del Festival Tres Sesenta de Pamplona, del que hoy se dan a conocer los horarios.

 unnamed

Viernes 5 de junio

19.45 – The Icer Company
20.30 – Villanueva
21.40 – Arizona Baby
23.00 – Loquillo
00.50 – Is Tropical

Sábado 6 de junio

19.30 – Reina Republicana
20.50 – Mi Capitán
21.50 – Buzzcocks
23.05 – León Benavente
00.30 – Supersubmarina

Domingo 7 de junio

20.30 – Ellos
22.00 – Pet Shop Boys

Abono anticipado: 60 € + gastos de distribución – Taquilla: 70 €
Entrada viernes o sábado: 25 € + gastos – Taquilla: 30 €
Entrada domingo: 40 € + gastos – Taquilla: 48 €

¿Eres usuario del Carné Joven? Tienen descuentos especiales para ti. Entérate www.facebook.com/carnejovennavarra

¡AFORO LIMITADO!

 

MEDIO AMBIENTE ADXUDICA AS OBRAS AS OBRAS DE PROLONGACIÓN DO CARRIL BICI DE BAIONA POR MÁIS DE 170.000 EUROS

  • clip_image002Esta actuación permitirá conectar o paseo marítimo existente ata o Parador co carril bici Baiona– A Guarda
  • O contrato foi adxudicado á empresa Construcións Taboada e Ramos, SL
  • Nas vindeiras semanas asinarase o contrato e realizaranse as tarefas preparatorias e o replanteo das obras, que se iniciarán a principios deste verán

 

Santiago, 22 de maio de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a prolongación ata o Parador de Baiona do carril bici existente na PO-552 dende a Guarda ata as proximidades desta vila pontevedresa.

 

As obras foron adxudicadas á empresa Construcións Taboada e Ramos, SL por máis de 170.000 euros (174.603,00 €). As tarefas preparatorias e de replanteo dos traballos realizaranse nas vindeiras semanas, unha vez sexa asinado o contrato de obras, o que permitirá o inicio efectivo das mesmas a principios do verán.

 

O trazado do novo carril-bici, dun quilómetro de lonxitude discorrerá entre o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o 17+700 (curva do Hotel Rompeolas) da estrada Vigo – Tui (PO-552), e dará continuidade ao carril bici xa rematado entre Baiona e A Guarda que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona.

 

O carril bici terá un ancho de 2 metros, distinguíndose os seguintes subtreitos:

  • Desde pk 16+700 (Parador) ao 17+030 (Glorieta), discorre polo treito central da actual Alameda, anexo aos árbores existentes
  • Desde o pk 17+030 (glorieta) ao pk 17+700, deséñase polo lado do mar para o que se despraza o eixo da estrada, sendo preciso acondicionar as actuais calzada e beirarrúas, onde existen. Ademais, executaranse novas beirarrúas onde actualmente non existen.O prazo de execución das obras será de tres meses; non obstante, tentarase acelerar a súa execución de modo que o novo carril – bici poida estar dispoñible o antes posible no verán.

     

    Deste xeito, existirá continuidade entre o paseo para bicicletas existente na fronte marítima de Baiona e o executado polo goberno autonómico mediante a obra Itinerario ciclista ao longo da estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda, que se finalizou en setembro de 2012.

     

    A Axencia Galega de Infraestruturas adxudicou tamén outras dúas actuacións para o fomento da mobilidade peonil ou ciclista: unha en Ponteceso, para a execución dunha senda peonil desde A Trabe ata Anllóns, e outra no Concello de Foz, de dotación de beirarrúas na LU-162 en Cangas de Foz. En total estas tres sendas requirirán dun investimento  próximo aos 600.000 euros, que será financiado nun 80 % con fondos Feder.

     

    Fomento da mobilidade peonil e ciclista

    O Goberno autonómico está actualmente a desenvolver diversos programas cos que se pretende favorecer a sostibilidade ambiental, reducindo a utilización dos vehículos privados, tanto mediante o fomento do transporte colectivo ou público coma coa execución de infraestruturas que favorezan a utilización de formas alternativas de transporte, menos contaminantes.

     

    Nos últimos anos, o departamento de Infraestruturas executou varias obras de construción de carrís para uso peonil e ciclista na comarca de Vigo, nas estradas Vigo-Baiona (PO-325) e Baiona – A Guarda (PO-552). Estas actuacións supuxeron xa a posta en servizo de mais de 40 Km de infraestruturas diferenciadas destinadas a favorecer a circulación de peóns e bicicletas, e requiriron dun investimento superior aos 24 M€. A utilidade destas sendas verase complementada coas resultantes da obra que se vén de adxudicar.

     

    Ademais das obras, a Consellería de Medio Ambiente está a traballar na análise das posibles actuacións que faciliten os desprazamentos peonís e ciclistas en sete comarcas, mediante outros tantos contratos que se licitaron nos primeiros días deste ano. Un deles analiza as necesidades nesta materia nas estradas autonómicas da Comarca de Vigo.

     

    O contrato, adxudicado a Eptisa, Servizos de Enxeñería SL, foi asinado recentemente e conta cun prazo de redacción de 12 meses. Comprenderá dúas actuacións diferenciadas: en primeiro lugar, realizarase un estudo inicial de identificación de sendas na comarca de Vigo, no que se analice a situación actual na área de estudo en relación ás sendas peonís e/ou ciclistas e se propoña a realización de actuacións concretas para resolver a problemática que poida detectarse; en segundo lugar, redactaranse os proxectos construtivos que desenvolvan as actuacións identificadas coma necesarias.

     

    A consellería que dirixe Ethel Vázquez aposta por este tipo de actuacións, coas que se facilita a circulación en condicións de maior seguridade para o conxunto dos usuarios e ademais se fomentan comportamentos máis respectuosos co medio ambiente.

PRETO DE 3.300 PERSOAS PRESENTARANSE MAÑÁ EN SILLEDA ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

  • O obxectivo desta iniciativa é fomentar o acceso dos participantes aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade
  • As competencias, que se dividen en dous niveis, céntranse nas seguintes especialidades: matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés

 

Santiago, 22 de maio de 2015.- Preto de 3.300 persoas presentaranse mañá no Recinto Feiral de Silleda ás probas de avaliación en competencias clave que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

 

Estas probas de avaliación permiten aos beneficiarios que non teñan un nivel determinado de formación acreditada acceder a aqueles cursos de formación vinculados a certificados de profesionalidade.

 

En concreto, mañá examinaranse de competencias de nivel 2 e 3 nas seguintes especialidades: matemáticas, lingua castelá, lingua galega, e inglés. En total, entre os case 3.300 participantes desenvolverán unhas 11.600 probas nestas materias. A que acumula un maior número é matemáticas, seguida de lingua castelá, lingua galega, e inglés.

 

Toda a información pode consultarse no enderezo http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave  onde, ademais das listaxes de admitidos e excluídos, pode consultarse a porta do pavillón que corresponde a cada persoa, tanto para as quendas de mañá como de tarde.

 

As persoas admitidas para as probas da mañá de nivel 2 deberán acudir ao pavillón número 1 ás 09,00 horas da mañá, mentres que os que se presenten ao nivel 3 deberán achegarse ás 15,30 horas.

 

A posta en marcha desta iniciativa responde á renovación que desde 2009 se vén realizando en toda a oferta de formación para o emprego, en base aos novos certificados de profesionalidade. Unha das principais novidades que introducen estes módulos é a de esixir uns requisitos de acceso para os alumnos, que aseguren deste xeito que contan cunha formación mínima para seguir con aproveitamento a actividade.

 

En definitiva, con este fin, puxéronse en marcha as probas de avaliación en competencias clave, que permiten acceder a estes cursos a aquelas persoas que non poidan acreditar posuír a formación básica necesaria para optar aos mesmos.

 

Desde 2009 preto de 19.000 persoas participaron neste proceso, que adoitan aprobar de media un 80 por cento dos participantes

MARCO: última semana expo MANTECÓN + próxima inauguración

unnamed

Última semana da exposición

FRANCISCO MANTECÓN. Paixón e cálculo (ata o 31 de maio na planta baixa)

Próxima inauguración

A VOZ DO TRADUTOR (a partir do 29 de maio no 1º andar)

 

 

O domingo 31 de maio chega ao seu fin a retrospectiva de Francisco Mantecón nas salas da planta baixa do MARCO. Baixo o título ‘Paixón e cálculo’, este proxecto expositivo, coproducido polo MARCO e a Fundación Luis Seoane, e comisariado por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, formúlase como revisión dunha parte da traxectoria do artista e deseñador Francisco Mantecón (Vigo, 1948–2001), centrando a súa atención nas series de pinturas das décadas dos oitenta e noventa. A vindeira semana será pois a última ocasión para visitar esta mostra en Vigo, que a continuación viaxará á Fundación Luis Seoane na Coruña.

Durante os catro meses en que estivo aberta ao público, a retrospectiva de Mantecón no MARCO tivo unha grande acollida entre os visitantes, e serviu de soporte ao programa educativo para escolares e público familiar. Unha selección bibliográfica e documental na Biblioteca-Centro de documentación, e o libro publicado pola Editorial Galaxia con motivo da mostra, completaron a dobre vía, expositiva e editorial, deste proxecto.

 

 

Próxima inauguración

A VOZ DO TRADUTOR (a partir do 29 de maio no 1º andar)

Comisariada por: Martin Waldmeier

[Premio MARCO/Frac Lorraine/SFKM para novos comisarios]

Producida por: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Frac Lorraine, Metz, Francia / SFKM Sogn og Fjordane Museum of Fine Art in Førde, Noruega

 

Xu Bing, Sylvie Boisseau & Frank Westermeyer, Erik Bünger, Luis Camnitzer, Esra Ersen, Mladen Stilinović, Jakup Ferri, Rainer Ganahl, Dora García, Joseph Grigely, Nicoline van Harskamp, Susan Hiller, Christoph Keller, Zineb Sedira, Ingrid Wildi Merino

 

A voz do tradutor / Lingua materna, lingua estranxeira, lingua oficial ou minoritaria, lingua en perigo de desaparición, lingua vehicular… Non importa a categoría en que se encadren, os idiomas non son só unha forma de comunicación, senón que ofrecen un sentido de pertenza, crean comunidade, e filtran a nosa maneira de percibir o mundo. Do mesmo xeito, a lingua relaciónase co poder, e pode ser empregada tanto para incluír coma para excluír a aquel que fala diferente. Nun momento no cal a emigración e o desarraigamento son cada vez máis habituais, a exposición formula as seguintes preguntas: que significa vivir entre linguas? A globalización convértenos a todos en “tradutores”? Cal será o idioma do futuro?

Nicoline van Harskamp, English Forecast, 2013. Vídeo/performance. 38 min. Realizada originariamente para BMW Tate Live Performance Room, Tate Modern. Foto: Ana Escobar / Tate Photography. © Nicoline van Harskamp & Tate