PRETO DE 3.300 PERSOAS PRESENTARANSE MAÑÁ EN SILLEDA ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

  • O obxectivo desta iniciativa é fomentar o acceso dos participantes aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade
  • As competencias, que se dividen en dous niveis, céntranse nas seguintes especialidades: matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés

 

Santiago, 22 de maio de 2015.- Preto de 3.300 persoas presentaranse mañá no Recinto Feiral de Silleda ás probas de avaliación en competencias clave que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

 

Estas probas de avaliación permiten aos beneficiarios que non teñan un nivel determinado de formación acreditada acceder a aqueles cursos de formación vinculados a certificados de profesionalidade.

 

En concreto, mañá examinaranse de competencias de nivel 2 e 3 nas seguintes especialidades: matemáticas, lingua castelá, lingua galega, e inglés. En total, entre os case 3.300 participantes desenvolverán unhas 11.600 probas nestas materias. A que acumula un maior número é matemáticas, seguida de lingua castelá, lingua galega, e inglés.

 

Toda a información pode consultarse no enderezo http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave  onde, ademais das listaxes de admitidos e excluídos, pode consultarse a porta do pavillón que corresponde a cada persoa, tanto para as quendas de mañá como de tarde.

 

As persoas admitidas para as probas da mañá de nivel 2 deberán acudir ao pavillón número 1 ás 09,00 horas da mañá, mentres que os que se presenten ao nivel 3 deberán achegarse ás 15,30 horas.

 

A posta en marcha desta iniciativa responde á renovación que desde 2009 se vén realizando en toda a oferta de formación para o emprego, en base aos novos certificados de profesionalidade. Unha das principais novidades que introducen estes módulos é a de esixir uns requisitos de acceso para os alumnos, que aseguren deste xeito que contan cunha formación mínima para seguir con aproveitamento a actividade.

 

En definitiva, con este fin, puxéronse en marcha as probas de avaliación en competencias clave, que permiten acceder a estes cursos a aquelas persoas que non poidan acreditar posuír a formación básica necesaria para optar aos mesmos.

 

Desde 2009 preto de 19.000 persoas participaron neste proceso, que adoitan aprobar de media un 80 por cento dos participantes

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: