CONVOCATORIA DE FOLGA E CONCENTRACIÓN EN “LOS TELARES”

Santiago de Compostela, a 26 de maio de 2015

As traballadoras/es de todas as tendas que Los Telares ten en Galiza están chamadas/os a secundar unha xornada de folga mañá, mércores 27 de maio, en demanda do pagamento das nóminas que a empresa adebeda ao conxunto do persoal, a ocupación efectiva de traballo e para esixir un plan de viabilidade que garanta a continuidade dos estabelecementos e dos actuais empregos.

 

Para dar maior visibilidade ao conflito, persoal das diferentes tendas trasladarase até Compostela para realizar unha concentración, ás 12:00 horas, diante do comercio de Los Telares situado na Rúa Doutor Teixeiro, 17.

 

Dende hai anos a empresa Julián Rus Cañibano, co nome comercial de Los Telares, vén arrastrando problemas no pago puntual dos salarios e mesmo, nos últimos tres anos, realiza o ingreso das nóminas en dous prazos, un a primeiro de mes e outro cara finais do mes vencido. Porén, nestes momentos ten pendente de pagar ao seu persoal o soldo de abril, así como dúas pagas extraordinarias.

Ademais, as traballadoras están altamente preocupadas polo futuro dos seus empregos, porque dende o pasado mes de decembro a empresa non aprovisiona as tendas de material, polo que non dispoñen de produto para vender as/os clientes. Deste xeito, as traballadoras están sen actividade e sen ocupación efectiva, producíndose ademais unha baixada considerábel da clientela e que as vendas sexan mínimas.

Pola súa banda, a dirección non achega ningún tipo de información sobre a situación da empresa nin explica os motivos polos que deixou de adquirir material para as tendas (unha falta de aprovisionamento que se dá nos estabelecementos galegos mais tamén nos que posúe no resto do estado).

Los Telares ten 16 tendas en Galiza. Sete na Coruña, catro na provincia de Pontevedra (Vigo, Cangas, Vilagarcía e Pontevedra), tres en Lugo e dúas en Ourense.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: