GALICIA É A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE MÁIS ACTUACIÓNS INCLÚE NO SEU PLAN ANUAL DE EMPREGO, O QUE SUPÓN UN 20% DO TOTAL ESTATAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe no Parlamento galego para dar conta do Plan Anual de Política de Emprego (PAPE)
  • Esta folla de ruta inclúe un total de 88 medidas -45 propias-, o que supón que un de cada cinco programas para a emprego das comunidades autónomas desenvolverase en Galicia
  • A Xunta destinará este ano 164 millóns para o emprego, 12 millóns máis que o ano pasado
  • Os principais eixos do PAPE son: orientación, formación, oportunidades de emprego, igualdade no acceso ao mercado laboral, emprendemento e mellora do marco institucional
  • Nesta planificación inclúense os dous novos plans acordados en xaneiro con patronal e sindicatos: Garantía Xuvenil e Activación para o emprego
  • Tamén forma parte do PAPE o Plan de Emprego Xuvenil, posto en marcha en 2014, e que xa ten beneficiado a preto de 48.000 mozos e mozas, o 50 por cento do previsto para dous anos

 

Santiago, 26 de maio de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, sinalou hoxe que Galicia é a comunidade autónoma que máis programas ten incluído no seu Plan Anual de Políticas de Emprego (PAPE), que se debe presentar todos os anos ante o Estado. En concreto, dos 442 programas de todas as comunidades autónomas, corresponden a Galicia un total de 88 –dos que 45 son propios-, un 20 por cento do total estatal. Isto é, un de cada cinco programas para o emprego das comunidades autónomas desenvolverase en Galicia.

 

Así o destacou hoxe a titular do departamento autonómico durante a súa comparecencia no Parlamento galego para dar conta do PAPE. Na súa intervención, recordou que Galicia recibirá este ano do Estado case 114 millóns de euros para políticas activas de emprego, un 14 por cento máis que no ano anterior. Este aumento débese á boa execución do programa de emprego do ano pasado, xa que parte do orzamento repártese en base a obxectivos cumpridos.

 

As 88 medidas do PAPE agrúpanse ao redor de seis eixos de actuación principais: orientación, formación, oportunidades de emprego, igualdade no acceso ao mercado laboral, emprendemento, e mellora do marco institucional. En total, Galicia contará este ano con 164 millóns destinados ao emprego, 12 millóns máis do que se prevía cando se elaboraron os orzamentos.

 

Mato fixo un repaso polas medidas concretas máis destacadas, entre as que salientou especialmente as referidas á formación, ás que se destinarán case 70 millóns de euros, dos que 40 serán específicos para persoas desempregadas. Nesta partida tamén se inclúen os obradoiros de emprego, dos que por primeira vez haberá unha convocatoria específica para menores de 25 anos; a formación dual; os programas integrados; ou a formación para ocupados.

 

Outra das grandes novidades presentes no PAPE é a orde de contratación para preceptores da RISGA, que se convocou por vez primeira o pasado ano e que este ano se amplía ata os 10 millóns de euros, duplicando así o orzamento de 2014.

 

A conselleira destacou tamén a relevancia dos procesos de recoñecemento da experiencia profesional, en tanto Galicia foi a “primeira comunidade autónoma en apostar decididamente por este tipo de acreditación”. Ata agora, téñense realizado 7 convocatorias con preto de 10.000 prazas en especialidades como atención sociosanitaria, redeiras ou o control de pragas. Ata agora, 5.000 persoas obtiveron o certificado completo a través desta modalidade. De feito, este esforzo permitiu que Galicia fora proposta en Madrid como sede dun seminario de boas prácticas nesta materia.

 

O fomento do emprendemento é outro dos eixos fundamentais do PAPE, e conta en 2015 cun orzamento de 27 millóns de euros. Desde 2009, o departamento autonómico ten apoiado a máis de 20.000 autónomos. Ademais, Galicia foi pioneira en ofrecer financiamento para a contratación do segundo e do terceiro traballador.

 

Novos plans de emprego

O PAPE incorpora tamén os novidosos programas que a Xunta pactou con patronal e sindicatos o pasado mes de xaneiro: a Garantía Xuvenil e Programa de Activación para o emprego para parados de longa duración con cargas familiares.

 

Mato lembrou que, a estas dúas iniciativas, súmase o Plan de Emprego Xuvenil –complementario ao de Garantía Xuvenil-, e que empezou a funcionar en 2014. Así, ao longo do pasado ano, este paquete de medidas beneficiou a uns 48.000 mozos e mozas, aproximadamente o 50 por cento dos beneficiarios previstos para dous anos, polo que o balance da execución “é positivo”. Entre outras actuacións destacadas ao abeiro deste Plan, a conselleira mencionou a atención personalizada e orientación proporcionada a máis de 8.000 mozos que nin estudan nin traballan; ou os incentivos á contratación concedidos a máis de 1.500 persoas.

 

En definitiva, concluíu a conselleira, “a Xunta ten posto en marcha medidas importantes en materia de emprego e a folla da ruta a seguir a partir de agora é seguir traballando para mellorar a situación de todos os desempregados galegos”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: