CEGASAL PRESENTA A BRAVO BOSCH O SEU TRABALLO PARA FACILITAR E IMPULSAR A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • _MG_2368A delegada territorial da Xunta en Vigo recibiu esta mañá ao presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro – Cegasal, José Antonio Vázquez Freire
  • A entidade integra a 17 iniciativas empresariais que dan traballo a preto de 800 persoas con discapacidade, 19 delas traballan na provincia de Pontevedra
  • Cegasal comeza unha rolda de contactos institucionais e empresariais co fin de dar a coñecer o seu traballo para facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade en máis de 14 sectores produtivos, de artes gráficas, alimentación, recollida de residuos, xardinería ou atención sociosanitaria, entre outros
  • En Galicia existen uns 119 Centros Especiais de Emprego con preto de 2.000 traballadores aos que a Xunta subvenciona o seu contrato laboral
  • A Consellería de Traballo e Benestar colabora cos centros específicos de Cegasal e cos restantes de Galicia a través de distintas liñas de axudas e de formación
  • O compromiso da Xunta coas persoas con discapacidade é “total e absoluto” cun orzamento global de 100 millóns de euros dos que 18 están destinados a programas de emprego para a discapacidade

 

Vigo, 27 de maio de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro co presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro – Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, entidade que integra a 17 iniciativas empresariais que dan traballo a preto de 800 persoas con discapacidade, 19 delas traballan na provincia de Pontevedra.

 

O motivo da reunión non foi outro que presentarlle á representante da Administración autonómica na cidade olívica, o traballo que Cegasal está a realizar na Comunidade Autónoma para facilitar e impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade. Neste eido, coma recordou Bravo Bosch en declaracións aos medios, o compromiso da Xunta de Galicia é “total e absoluto” xa que a Consellería de Traballo e Benestar incrementou por segundo ano consecutivo o orzamento para discapacidade alcanzado a cifra global de 100 millóns de euros. Ademais, aumentouse tamén nun 2% o investimento en programas de emprego para a discapacidade, chegando case ata os 18 millóns de euros dos que, aproximadamente, a metade está destinado aos Centros Especiais de Emprego.

 

É por iso polo que a delegada da Xunta agradeceu e loubou o “especial traballo” que entidades coma Cegasal realizan a prol da inserción laboral das persoas con diversidade funcional apelando así á responsabilidade social das empresas xa que, segundo considerou, o acceso a un posto de traballo é “a mellor vía de inserción social”. “Cegasal é un referente da inclusión a través do emprego”, sinalou Bravo Bosch.

 

Cegasal está a realizar así unha rolda de contactos institucionais e empresariais co fin de dar a coñecer o seu traballo para facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade a través do traballo que se realiza nos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS). O seu presidente agradeceu a “acollida e sensibilidade” da delegada ao proxecto de Cegasal que, coma cualificou, é un proxecto “de realidade” onde queren que “Vigo estea presente” porque ten un “tecido empresarial moi importante”. De feito, emprazou á delegada e a toda a cidadanía a un vindeiro encontro que realizarán na cidade no mes de xuño.

 

Cegasal é unha asociación empresarial galega de carácter multisectorial que está formada por un grupo de centros especiais de emprego que carecen de ánimo de lucro e/ou entidades do movemento asociativo de persoas con discapacidade que os promoven, que integrados na organización empresarial son referentes de cara a defensa, promoción e representación das entidades que proporcionan emprego protexido.

 

Coma explicou Vázquez Freire, a normativa actual obriga a empresas públicas e privadas que teñen en plantilla 50 ou máis traballadores a reservar unha cota do 2% a favor de persoas con discapacidade. Neste senso, Cegasal se ofrece coma alternativa a estas empresas xa que esta reserva se pode sustituír en determinados supostos pola contratación de servizos e produtos aos centros especiais de emprego, o que permitirá xerar emprego dentro do mercado de traballo protexido.

 

Hoxe en día integra a un conxunto de 17 iniciativas empresariais que dan traballo a preto de 800 persoas con discapacidade das cales, de media, o 95% presenta algún tipo de discapacidade. Delas, máis de 200 son mulleres.

 

As empresas asociadas a Cegasal desenrolan a súa actividade en máis de 14 sectores produtivos, de artes gráficas, alimentación, atención socio-sanitaria, transporte, selección e recollida de residuos, restauración, artesanía, outsourcing, consultoría, comercialización de embalaxes e produtos para a industria, a automoción, servizos de xardinería, limpeza viaria e viveirismo, así como no sector agrícola e gandeiro ou actividades textís, entre outras.

 

A colaboración da Xunta con Cegasal

No período 2009-2014, a Consellería de Traballo e Benestar colaborou con Cegasal a través de distintas liñas de axudas e de formación que se traducen nun investimento que chega case aos 17 millóns de euros.

 

No eido da formación, Cegasal foi beneficiario de 9 accións formativas nas que se formaron un total de 162 persoas durante máis de 450 horas en especialidades tan diversas coma Xestión do Tempo, Técnicas de Negociación, de Comunicación, Condución Eficiente de Vehículos, Animación Social ou, nestes momentos, Dirección Motivadora. Ademais, recibiron subvencións para sufragar gastos de funcionamento, contratación de axentes de emprego e unidades de apoio así coma axudas dirixidas a todos os centros que conforman a entidade a través de 3 ordes de subvencións para a creación ou ampliación do cadro de persoal, mantemento dos postos e para unidades de apoio a actividade profesional.

 

Os Centros Especiais de Emprego de Galicia

En Galicia existen un total de 119 Centros Especiais de Emprego cun total de 1.950 traballadores. Estes centros son beneficiarios dos programas de integración laboral das persoas con discapacidade a través das distintas convocatorias de Ordes de axudas. Deste xeito, a Consellería de Traballo e Benestar subvenciona o contrato laboral de todos os seus traballadores. É por isto polo que, dende o ano 2009 e ata o 2014, os Centros Especiais de Emprego recibiron un total de 52 millóns de euros neste eido.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: