Archivo | mayo 28, 2015

El ministro de Industria, Energía y Turismo anuncia una norma que facilitará el consumo de 6 millones de toneladas de carbón nacional‏

  • José Manuel Soria ha mostrado su absoluta voluntad de apoyar el carbón nacional con medidas que tienen que ser compatibles con el derecho comunitario.

 carbon

  • Los planes de reestructuración en el sector de la minería, que comenzaron en 1992, han recibido 22.000 millones de euros en ayudas públicas.

 

27.05.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, ha anunciado, durante la sesión de control en el Congreso de los Diputados, que el Gobierno ha preparado una orden ministerial para seguir con un sistema de compras de carbón nacional que permitirá la quema de un total de seis millones de toneladas de carbón, en lugar de los 3,6 millones de toneladas quemadas el año pasado. Esta orden se ha enviado a la CNMC para su informe preceptivo y después se enviará a Bruselas para que lo autorice. José Manuel Soria ha mostrado su absoluta voluntad de apoyar el carbón nacional con medidas que tienen que ser compatibles con el derecho comunitario.

 

El ministro Soria ha reconocido que el carbón nacional es más ineficiente y caro que el carbón importado. Por eso, el Gobierno anterior aprobó un Real Decreto que fijaba unas condiciones para que las compañías eléctricas compraran carbón nacional pero cuya vigencia finalizó el 31 de diciembre de 2014. Soria ha explicado que no se extendió la aplicación de ese Real Decreto porque la Comisión Europea no permite ayudas de esta naturaleza, ya que se considerarían ayudas de Estado.

 

José Manuel Soria ha recordado que los planes de reestructuración en el sector de la minería, que comenzaron en 1992, han recibido 22.000 millones de euros en ayudas públicas. En el 92 se producía 20 millones de toneladas de carbón y trabajaban en el sector 45.000 personas. En 2012 se produjeron 5,5 millones de toneladas con 4.000 empleados.

 

El objetivo final es que exista, a partir del año 2018, un sector de la minería energética en España competitivo y que pueda seguir operando sin ayudas públicas, puesto que eso es lo que establece la Decisión 787 de la Unión Europea.

 

 

 

 

 

Concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación cun violín de 1752 como protagonista

O Teatro Afundación de Vigo acollerá mañá venres 29 de maio, ás 20.30 h, un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión ten como protagonista unha reliquia musical: un violín de 1752, que custodia a Fundación Cultural Finlandesa.  Dirixida nesta ocasión por Paul Daniel e cos virtuosos das cordas, Pekka Kuusisto ao violín e Nicolas Altstaedt ao violonchelo, interpretará Doble concierto para violín e violonchelo en la menor, op102, composto por Johannes Brahms (1833-1897) e  Noche transfigurada, op. 4,de Arnold Schonberg (1874-1951. As entradas para este espectáculo están á venta a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquiriran o abono para a tempada.

 

Máis de 250 persoas asistirán mañá no Teatro Afundación ao II Foro Empresa Responsable organizado por Cruz Vermella

Cruz Vermella e a Escuela de Negocios Afundación apostan por promover a responsabilidade social entre as pequenas e medianas empresas gallegas como unha liña estratéxica de traballo Neste  contexto sitúase o II Foro Empresa Responsable de Galicia, que este ano celebrarase no Teatro Afundación de Vigo mañá venres 29 de maio e que estará dedicado ao «liderado, diversidade e innovación social», no que se inscribiron máis de 250 persoas.  A iniciativa, que ten entrada gratuíta e está organizada por Cruz Vermella coa colaboración da Escuela de Negocios Afundación, enmarcase nas accións do Programa Operativo Plurirrexional «Loita contra a discriminación».   O acto de apertura comezará ás 10.00 h e contará coas intervencións de Carmen Colmeiro Rojo, presidenta de autonómica de Cruz Vermella; Aurelio Villa, director da Escuela de Negocios Afundación; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

BENESTAR CREARÁ UN GRUPO DE TRABALLO CO IGE PARA DEFINIR UN NOVO INDICADOR QUE PERMITA MEDIR A EXCLUSIÓN TERRITORIAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe en Santiago o seminario final do proxecto europeo Symbios no que toma parte Galicia desde o ano 2012 para loitar contra a crise demográfica e a exclusión territorial
  • Mato destaca que o novo indicador será pioneiro e permitirá fixar a exclusión territorial “como un dos retos de presente e futuro”
  • Symbios chega a súa etapa final na que se realizarán recomendacións concretas que permitan deseñar políticas públicas na materia
  • Mato destacou que a carteira de inclusión recolle un novo servizo de intervención comunitaria nas zonas máis desfavorecidas para mellorar a dinamización destas zonas    

 

Santiago, 27 de maio de 2015.- O proxecto Symbios que analiza a crise demográfica que afronta Europa centrándose na exclusión territorial chega á súa etapa final. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe en Santiago o Seminario técnico definitivo ‘Recomendacións para a planificación de políticas públicas a prol duns territorios inclusivos’, onde anunciou que o departamento autonómico xunto co Instituto Galego de Estatística (IGE) crearán un grupo de traballo para definir un novo indicador que mida a exclusión territorial e, polo tanto, os avances que se vaian acadando nesta materia. Segundo explicou Mato, este indicador será pioneiro e resultará “de máxima utilidade para fixar a exclusión territorial como un dos retos de presente e futuro”.

 

A titular de Benestar apelou á importancia da inclusión territorial, explicando que é necesario loitar contra o desequilibrio de oportunidades para que os veciños e veciñas das zonas rurais non se atopen con maiores dificultades para levar un proxecto de vida equiparable ao das áreas urbanas. “Hai que deixar de considerar a despoboación das zonas rurais como un círculo vicioso, senón como un espazo para novas oportunidades”, subliñou.

 

A inclusión territorial é unha prioridade transversal e eixo vertebrador na nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e é tamén un dos factores que se valoran na orde de axudas para entidades de inclusión, que este ano conta con 5,2 millóns de euros, un 40 por cento máis que o ano anterior. Así mesmo, destacou que a carteira de inclusión, pioneira en Galicia, incluirá un novo servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión para mellorar a dinamización destes lugares e a súa poboación.

 

Ademais, para loitar contra a exclusión territorial, as rexións europeas que participan en Symbios levan a traballar desde o ano 2012 neste eido a través da posta en valor da cultura e o medio rural; a concienciación do problema demográfico; o reforzo do espírito emprendedor e creativo que sexa capaz de aproveitar as oportunidades do medio rural; a aposta por un desenvolvemento sostible; a implantación dun modelo rural propio; a aposta pola economía social e o cooperativismo como fórmula empresarial axeitada ás características do rural; o fomento do intercambio interxeneracional; e a superación da brecha dixital.

 

Para rematar, Mato destacou que o foro que hoxe se clausura en Santiago servirá para transformar toda a aprendizaxe das sesións anteriores levadas a cabo en Symbios en recomendacións concretas que permitan deseñar unhas políticas públicas que favorezan a inclusión territorial e, desta forma, loitar contra a problemática demográfica.

 

Obxectivos de Symbios

O proxecto europeo, no que toma parte Galicia desde o ano 2012, conta con dous obxectivos principais: coñecer con maior profundidade as causas e consecuencias da crise demográfica que vive na actualidade a sociedade europea e debater sobre as políticas máis axeitadas para darlle unha resposta a esta crise. Symbios permitiu o intercambio de experiencias, a suma de forzas e o traballo conxunto con outros países e rexións da UE. Ao longo deste programa desenvolveuse unha primeira fase de análise técnico e unha segunda na que a protagonista foron as experiencias locais de cada un dos socios.

 

Ademais da Xunta de Galicia, colaboran co proxecto Symbios outras entidades galegas como o Instituto de Desenvolvemento Económico de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC); o Instituto Galego de Estatística (IGE); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER); o colexio de Traballo Social de Galicia; e a rede de centros de desenvolvemento rural (COCEDER). Ademais, forman parte activa do programa o Consello Rexional de Carelia do Norte de Finlandia, a Universidade de Tràs-os-Montes e Alto Douro de Portugal, a Universidade Zuyd de Ciencias Aplicadas de Holanda e o University College Cork de Irlanda.

 

En definitiva, Symbios naceu para abordar o estudo, o intercambio e a aprendizaxe sobre os desafíos do cambio demográfico e as súas consecuencias no benestar e na inclusión social das persoas e dos territorios, especialmente intensas nas áreas rurais.