Archive | mayo 29, 2015

RedrumTeatro despide o seu “Amor Flexible”

ninformación sobre as últimas funcións da xira do espectáculo teatral “Amor Flexible” da compañía Redrum Teatro que terán lugar no Salón Teatro do Auditorio de Lalín o xoves 4 de xuño ás 21.30 h. e no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 5 e 6 de xuño ás 21.00 h.

Trátase dunha comedia de enredo dirixida por Alex Sampayo e protagonizada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo que se despide dos escenarios despois dun grande éxito por máis de 25 Concellos da nosa xeografía. 

A compañía Redrum Teatro pon fin a esta comedia porque comeza a produción do seu novo espectáculo, “Noiteboa“, que estará protagonizado por Ernesto Chao, Mela Casal eGuillermo Carbajo e que se estreará no mes de setembro no Teatro Principal de Santiago. 

Na nosa páxina web podedes acceder a toda a información do espectáculo:

www.redrumteatro.wix.com/amorflexible

MARCO: inauguración A VOZ DO TRADUTOR / Vigo

A voz do tradutor Unha exposición coproducida por MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 49 Nord 6 Est – FRAC Lorraine, e SFKM Sogn og Fjordane Kunstmuseum MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo 29 maio–30 agosto de 2015 49 Nord 6 Est – FRAC Lorraine 30 xaneiro – 3 maio de 2015 Sogn og Fjordane Kunstmuseum – SFKM 31 outubro 2015 –31 xaneiro 2016 Comisariada por Martin Waldmeier, gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios 2014 Xu Bing, Sylvie Boisseau & Frank Westermeyer, Erik Bünger, Luis Camnitzer, Esra Ersen, Mladen Stilinović, Jakup Ferri, Rainer Ganahl, Dora García, Joseph Grigely, Nicoline van Harskamp, Susan Hiller, Christoph Keller, Zineb Sedira, Ingrid Wildi Merino Catálogo A voz do tradutor = La voz del traductor = La voix du traducteur = The Tranlator’s Voice = Omsetjarens Røyst. Catálogo colectivo, 2015. Textos: Martin Waldmeier, Béatrice Josse, Agar Ledo, Ingrid Norum, Iñaki Martínez Antelo Textos en galego, castelán, francés, inglés e noruego 115 p., 20 x 14 cm. PVP: 2€ Información e visitas guiadas O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais: Todos os días ás 18.00 Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11 Contacto Departamento de info@marcovigo.com | http://www.marcovigo.com

Nicoline van Harskamp_BMW_TateLive3 Síntese do proxecto expositivo Calquera pode ser un tradutor en potencia? Esta é a hipótese que formula o novo comisario suízo Martin Waldmeier. A través das obras de quince artistas de diferentes xeracións e procedencias, a exposición “A voz do tradutor” crea un percorrido que analizar permite ao visitante e repensar o lugar da tradución na era da globalización. O termo “tradución” utilízase aquí no seu sentido máis amplo, que inclúe os esforzos por comunicarse nunha lingua que non é a propia, sen tomar en consideración o dominio da lingua, as nocións básicas de expresión ou o forte acento. Se cadra a lengua do futuro podería derivarse desta hibridación. Lingua materna, lingua estranxeira, lingua oficial ou minoritaria, lingua en perigo de desaparición, lingua vehicular… No importa a categoría na que se encadren, os idiomas non son só unha forma de comunicación, senón que ofrecen un sentido de pertenza, crean comunidade, e filtran o noso xeito de percibir o mundo. Do mesmo xeito, a lingua relaciónase co poder, e pode ser empregada tanto para incluír coma para excluír aquel que fala diferente. Nun momento no cal a emigración e o desarraigamento son cada vez máis habituais, a exposición formula as seguintes preguntas: que significa vivir entre linguas? A globalización convértenos a todos en “tradutores”? Cal será o idioma do futuro?

 

Artistas e obras en exposición XU BING Chongqing (CN), 1955. Vive e traballa en Beijing (CN) Telephone, 1996-2006 9 páxinas impresas resaltadas con rotulador acompañadas de traducións de apoio Dimensións variables Cortesía do artista Ao igual ca no xogo popular do teléfono avariado, a peza de Xu Bing recolle un extracto dun libro sobre tradución escrito orixinalmente en chinés, que vai traducindo a nove idiomas diferentes para finalizar de novo no chinés. Con cada tradución, o texto muda o seu significado. Cada unha representa en si mesma unha reescritura, o que devén nun texto completamente novo. Onde radican os límites da tradución? Pódese relacionar a tradución coa invención?