GALICIA PECHA MAIO CON 7.780 PERSOAS DESEMPREGADAS MENOS QUE EN ABRIL E ACUMULA DEZANOVE MESES DE DESCENSOS INTERANUAIS

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, destacou que os descensos de Galicia volven situarse por riba da media estatal, tanto a nivel mensual como interanual
  • A diminución desde maio do pasado ano, con 26.463 desempregados menos, é a maior rexistrada neste mes en toda a serie histórica
  • Con esta evolución, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que había en maio de 2011

Santiago, 2 de xuño de 2015.- Galicia rexistrou no mes de maio un descenso do desemprego de 7.780 persoas, o que supón 3,18 por cento menos, a segunda maior baixada mensual da serie histórica (estatísticas desde 1996). Con este dato, xa se acumulan catro descensos intermensuais consecutivos do desemprego no que vai de ano. Así, o número de inscritos nas oficinas de emprego é actualmente de 236.981 persoas.

 

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, valorou hoxe que a evolución do desemprego este mes volve situar a Galicia por riba da media estatal a nivel interanual, unha situación que se leva producindo nos últimos quince meses. Neste mes, tamén se supera á media a nivel mensual.

 

Ademais, puxo en valor que xa se acumulan máis de ano e medio de descensos consecutivos interanuais, e que o deste mes foi o maior de todos eles en termos absolutos e relativos. En concreto, este mes a baixada foi de 26.463 persoas (-10,05%) con respecto a maio do pasado ano.

 

Seguindo coa análise interanual, destacou que o descenso rexistrado este mes é o maior de toda a serie histórica en termos absolutos, e se se computa en relativos, o maior desde 1999. Con esta evolución, sinalou Díaz López, Galicia volve a niveis de desemprego inferiores aos de 2011, “ou o que é o mesmo, a niveis de paro máis baixos que os de hai catro anos”.

 

En España, o desemprego baixou en 117.985 persoas, un 2,72 por cento, ata situarse nos 4.215.031 parados. En termos interanuais, o paro en España baixou nun 7,82%.

 

Por sectores, o desemprego baixa en todos eles, pero a principal diminución destes mes concéntrase no sector servizos (-4.954). A continuación sitúase a industria (-1.184), que é, ademais, o que rexistra o maior descenso en termos relativos. Séguenlle a construción (-1.103), o colectivo sen emprego anterior (-297), e a agricultura e a pesca (-242)

 

Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, especialmente en Pontevedra (-3.344), seguida pola Coruña (-2.684), Lugo (-1.056) e Ourense (-696).

 

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 68.273 contratos, 1.093 máis que no mes anterior. Deste total, 4.971 foron indefinidos (7,28%), e 63.302 temporais (92,72%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 8,88%.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: