Fallo do Premio Plácido Castro de Tradución

Mona Imai e Alejandro Tobar, gañadores do Premio Plácido Castro de Tradución

O xurado da décimo cuarta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou hoxe en Pontevedra recoñecer o labor dos tradutores Mona Imai e Alejandro Tobar.

A xaponesa Mona Imai concorreu nesta edición cunha tradución da obra Botchan, novela do escritor e poeta nipón Natsume Soseki, publicada por primeira vez en 1906. N. Soseki é o pseudónimo literario de Natsume Kinnosuke (1867-1916), profesor de literatura inglesa, escritor de haikus e de poesía chinesa. Botchan baséase na experiencia do propio autor como docente e narra as aventuras dun profesor natural de Tokio e que choca coa xente de provincias coa que convive. Trátase dunha das obras máis populares e lidas en Xapón nos últimos cen anos.

Alejandro Tobar concorreu coa tradución O forasteiro misterioso, de Mark Twain, a derradeira novela que intentou realizar este autor estadounidense. O centro da obra é un comentario social que aborda as súas ideas acerca do sentido moral.

O xurado destacou, no caso da tradución de Mona Imai, a sutileza e a capacidade para traer para o galego unha obra creada nunha cultura distante como a xaponesa, e tamén, no caso de Alejandro Tobar, a viveza do estilo e a naturalidade da lingua que leva a un pracer lector certamente estimable.

Integraron o xurado desta edición: Susi Castro Sineiro (Fundación Plácido Castro),  Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Camiño Noia Campos (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Antón Santamarina (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (Director do IGADI), quen actuou en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

Pontevedra, 3 de Xuño de 2015.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: