A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INICIA AS OBRAS DE PROLONGACIÓN DO CARRIL BICI DE BAIONA

  • A actuación permitirá conectar o paseo marítimo existente ata o Parador co carril bici Baiona – A Guarda nun período estimado de tres meses
  • Estes traballos supoñen un investimento de, aproximadamente, 175.000 euros
  • A empresa Construcións Taboada e Ramos, S.L. é a encargada de executar as obras, que se axilizarán ao máximo para que o carril bici poida estar xa en servizo neste verán

 

Santiago, 8 de xuño de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), comeza hoxe as obras que teñen como obxectivo crear unha prolongación ata o Parador de Baiona do carril bici existente na PO-552, desde a Guarda ata as proximidades desta vila pontevedresa.

 

Aínda que o contrato de obras, adxudicado á empresa Construcións Taboada e Ramos, S.L., conta cun prazo de tres meses, procurarase axilizar ao máximo a súa execución para que o carril-bici poida xa ser utilizado neste verán polos residentes e numerosos visitantes da vila pontevedresa.

 

O novo tramo de carril bici, dun quilómetro de lonxitude, unirá o punto quilométrico 16+700 (acceso ao Parador) e o 17+700 (curva do Hotel Rompeolas) da estrada Vigo – Tui (PO-552), polo que servirá para comunicar o carril bici xa en servizo entre Baiona e a Guarda, que finaliza a aproximadamente 350 metros da entrada ao núcleo de Baiona, co existente no paseo marítimo de Baiona.

 

Este itinerario contará cun ancho de 2 metros no cal se poderán distinguir os seguintes subtreitos:

  • Desde o punto quilométrioc 16+700 (Parador) ao 17+030 (glorieta), discorre polo treito central da actual Alameda, anexo ás árbores existentes
  • Desde o punto quilométrico 17+030 (glorieta) ao 17+700, deséñase polo lado do mar para o que se despraza o eixo da estrada, sendo preciso acondicionar as actuais beirarrúas e calzadas, onde existen. Ademais, levarase a cabo a construción de novas beirarrúas.

 

As obras foron adxudicadas no pasado mes de maio por un importe de, aproximadamente, 175.000 euros.

 

Nesta imaxe, sinálase o treito da estrada PO-552 no que se actuará:clip_image002

Fomento da mobilidade peonil e ciclista

O Goberno autonómico está actualmente a desenvolver diversos programas cos que se pretende favorecer a sostibilidade ambiental, reducindo a utilización dos vehículos privados, tanto mediante o fomento do transporte colectivo ou público coma coa execución de infraestruturas que favorezan a utilización de formas alternativas de transporte, menos contaminantes.

 

Nos últimos anos, o departamento de Infraestruturas executou varias obras de construción de carrís para uso peonil e ciclista na comarca de Vigo, nas estradas Vigo-Baiona (PO-325) e Baiona – A Guarda (PO-552). Estas actuacións supuxeron xa a posta en servizo de máis de 40 Km de infraestruturas diferenciadas destinadas a favorecer a circulación de peóns e bicicletas, e requiriron dun investimento superior aos 24 M€.

 

Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente está a traballar na análise das posibles actuacións que faciliten os desprazamentos peonís e ciclistas en sete comarcas. Un deles analiza as necesidades nesta materia nas estradas autonómicas da Comarca de Vigo.

 

A consellería que dirixe Ethel Vázquez aposta por este tipo de actuacións, coas que se facilita a circulación en condicións de maior seguridade para o conxunto dos usuarios e ademais se fomentan comportamentos máis respectuosos co medio ambiente.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: