Este xoves no MARCO: clausura Sinsal Anecoico + concerto Nicolás Pastoriza

Sinsal clausura as sesións anecoicas cun concerto de Nicolás Pastoriza no MARCOunnamed

O xoves 11 de xuño a partir das 20:30 con proxeccións dos concertos que tiveron lugar na cámara da Universidade de Vigo e entrada libre

As sesións anecoicas do Festival Sinsal despídense e fano no Salón do Actos do MARCO este xoves 11 cun programa de proxeccións e concerto de Nicolás Pastoriza. Estas sesións, que tiveron lugar na cámara semianecoica da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, arrancaron co curso universitario o pasado mes de outubro. O xoves 11 a clausura terá lugar a partir das 20:30h e con entrada libre.

As sesións anecoicas do Festival Sinsal son unha exploración dos límites do son (e da música) que intenta espertar nos asistentes sensacións acústicas diferentes. É un ciclo que programa artistas da música galega actual no interior dunha cámara especialmente deseñada para que as paredes, o teito e o chan absorban todas as ondas sonoras, sen ningún tipo de reverberación. O público que forma parte desta experiencia tamén tivo a oportunidade de escoitar algunha canción dos artistas convidados nunha habitación contigua, de formigón, para comprobar a diferencia entre o son direccional, sen rebote (cámara semianecoica) e o son con reverberación do formigón. A cámara é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas, con apenas eco nin reverberación.

 

Puido probala o pasado 29 de maio Nicolás Pastoriza, que será, ademais, o encargado de poñer música á clausura este xoves 11 no MARCO. As actividades comezarán ás 20:30 h coa proxección dos audiovisuais das diferentes sesións anecoicas (Best Boy, Caxade, Ulobit, Apenino, 2uS e o propio Nicolás) e continuarán ás 21h co concerto de Nicolás Pastoriza, que presentará temas do seu novo proxecto discográfico «Luna de Kubrick». Baixo simplemente o nome de Nicolás, constrúe xunto ao guitarrista e teclista Marta Toro «un disco de pop artesanal e caseiro». O traballo inclúe colaboracións de Amaro Ferreiro, Iván Ferreiro, David Rial, Javi Embora ou Fran Bansfil e conta para a portada cun deseño de Victor Coyote.

 

Desde o seu nacemento en 2003, o Festival Sinsal sempre manifestou interese polos diferentes espazos nos que é posible presentar un concerto. O proxecto na cámara semianecoica nacía no último trimestre de 2014 coa colaboración entre o Festival Sinsal, o MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado polo centro de investigación AtlanTIC na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: