Archive | junio 10, 2015

Este xoves no MARCO: clausura Sinsal Anecoico + concerto Nicolás Pastoriza

Sinsal clausura as sesións anecoicas cun concerto de Nicolás Pastoriza no MARCOunnamed

O xoves 11 de xuño a partir das 20:30 con proxeccións dos concertos que tiveron lugar na cámara da Universidade de Vigo e entrada libre

As sesións anecoicas do Festival Sinsal despídense e fano no Salón do Actos do MARCO este xoves 11 cun programa de proxeccións e concerto de Nicolás Pastoriza. Estas sesións, que tiveron lugar na cámara semianecoica da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, arrancaron co curso universitario o pasado mes de outubro. O xoves 11 a clausura terá lugar a partir das 20:30h e con entrada libre.

As sesións anecoicas do Festival Sinsal son unha exploración dos límites do son (e da música) que intenta espertar nos asistentes sensacións acústicas diferentes. É un ciclo que programa artistas da música galega actual no interior dunha cámara especialmente deseñada para que as paredes, o teito e o chan absorban todas as ondas sonoras, sen ningún tipo de reverberación. O público que forma parte desta experiencia tamén tivo a oportunidade de escoitar algunha canción dos artistas convidados nunha habitación contigua, de formigón, para comprobar a diferencia entre o son direccional, sen rebote (cámara semianecoica) e o son con reverberación do formigón. A cámara é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas, con apenas eco nin reverberación.

 

Puido probala o pasado 29 de maio Nicolás Pastoriza, que será, ademais, o encargado de poñer música á clausura este xoves 11 no MARCO. As actividades comezarán ás 20:30 h coa proxección dos audiovisuais das diferentes sesións anecoicas (Best Boy, Caxade, Ulobit, Apenino, 2uS e o propio Nicolás) e continuarán ás 21h co concerto de Nicolás Pastoriza, que presentará temas do seu novo proxecto discográfico «Luna de Kubrick». Baixo simplemente o nome de Nicolás, constrúe xunto ao guitarrista e teclista Marta Toro «un disco de pop artesanal e caseiro». O traballo inclúe colaboracións de Amaro Ferreiro, Iván Ferreiro, David Rial, Javi Embora ou Fran Bansfil e conta para a portada cun deseño de Victor Coyote.

 

Desde o seu nacemento en 2003, o Festival Sinsal sempre manifestou interese polos diferentes espazos nos que é posible presentar un concerto. O proxecto na cámara semianecoica nacía no último trimestre de 2014 coa colaboración entre o Festival Sinsal, o MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado polo centro de investigación AtlanTIC na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

 

Previa | Presentación mañá en Vigo de Vidrio Roto, de Emilio Pardo Bazán

Vidrio Roto, de Pardo Bazánunnamed

Mañá mércores 10 ás 19h no Centro de documentación e recursos feministas de Vigo, coa presenza do editor J.M. González Herrán

O profesor José Manuel González Herrán presenta mañá mércores día 10 de xuño ás 19h, no Centro de documentación e recursos feministas de Vigo, El vidrio roto. Cuentos para las Américas (Argentina), de Emilia Pardo Bazán. Trátase dun volume de relatos breves, eficaces, inspirados na condición humana da época recentemente publicado por Mar Maior, baixo a edición de González Herrán. Acompañarán o editor na presentación Montserrat Ribao, da Universidade de Vigo, e Carlos Lema, representante de Mar Maior.

Incluíde, por favor, a actividade nas vosas axendas. Agradecémosvos a difusión, para a que tedes dispoñibles os seguintes materiais:
Imaxe de Emilia Pardo Bazán
Cuberta do Libro
Plan editorial de Mar Maior

CRÓNICAS POP en concierto Sábado 13 de Junio a las 23:30 h. sala QUOMO entrada libre

QUOMO13JUNIODespués del gran éxito de publico en la campaña «Cada niño un juguete» del mercadillo la Casa de la Abuela (Concierto benéfico para la asociación STOP), el grupo CRONICAS POPactúa de nuevo y con entrada libre el próximo Sábado 13 de Junio a las 23:30 h. en la salaQUOMO en la calle Alfonso XIII, número 4 – VIGO (al lado de Santiago de Vigo).

Sabores Serranos Mantém Tradição da Pega ao Porco

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Pega ao Porco na Lama regressa a Valença no próximo domingo, 14 de junho, às 17h00, no âmbito do Festival Gastronómico “Sabores Serranos” no Parque de São Sebastião, em São Julião.

O porco bravo será o grande protagonista da Pega ao Porco na Lama uma singular tradição marcada pela agilidade do “bicho” e os tombos dos concorrentes.

Uma arena fechada circular, completamente enlameado e com porcos bravos (javalis) convidará as várias equipas a demonstrar a sua destreza em agarrar o “bicho”. De igual para igual “bicho” e concorrentes percorrem a arena entre as escapadas e os muitos tombos. Cada equipa será constituída por dois jogadores, podendo ser masculina ou feminina. Ganha a equipa que conseguir agarrar o porco no melhor tempo.

A equipa com o melhor tempo terá direito a dois porcos e duas caixas de vinho, o segundo lugar receberá um porco e 2 caixas de vinho e o terceiro lugar será contemplado com um presunto e duas caixas de vinho.

A Pega ao Porco na Lama decorre no âmbito do Festival gastronómico Sabores Serranos que no próximo fim de semana faz um convite a visitar a freguesia valenciana de São Julião e saborear as iguarias à base de carne de porco como o presunto, os chouriços, os rojões, o bolo do tacho, o leitão no caixote, a orelha de porco entre outros.

No âmbito do certame será possível degustar e adquirir os fumeiros, a broa de milho, o mel, as compotas e licores, a doçaria regional, os vinhos alvarinhos locai e os produtos do campo de temporada.

Os Sabores Serranos são uma iniciativa da Câmara Municipal de Valença, da Junta da União das Freguesias de São Julião e Silva e do Rancho Folclórico de São Julião e conta com o apoio das Adegas Edmund Val e Rolan e do Clube de Tração às 4.

Valença, 11 de junho de 2015

A XUNTA E A DELEGACIÓN DO GOBERNO COLABORAN NUNHA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRACTOR

  • A CORUÑA A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentarán en rolda de prensa unha campaña sobre Seguridade e prevención da sinistralidade no tractor. Na Delegación do Goberno 09/06/2015 FOTO: MONCHO FUENTES / AGN

    A CORUÑA
    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentarán en rolda de prensa unha campaña sobre Seguridade e prevención da sinistralidade no tractor. Na Delegación do Goberno
    09/06/2015
    FOTO: MONCHO FUENTES / AGN

    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, presentaron hoxe esta iniciativa na Coruña

  • O obxectivo é reducir ao máximo o número de accidentes, facendo especial fincapé naqueles que teñen como causa a envorcadura do vehículo
  • Distribuiranse 33.500 trípticos con información útil sobre os elementos de protección, as medidas de prevención e seguridade viaria
  • Ademais, o ISSGA impartirá 15 cursos especializados nesta materia, que se enmarcan nunha campaña formativa máis ampla de prevención no sector agrícola

 

A Coruña, 9 de xuño de 2015.- A Xunta e a Delegación do Goberno en Galicia colaboran na posta en marcha dunha nova campaña de prevención e sensibilización sobre sinistralidade laboral ou en estrada do tractor, que vén a complementar e reforzar á desenvolta o pasado ano pola Consellería de Traballo e Benestar.

 

A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentaron hoxe na Coruña esta iniciativa, que ten como obxectivo reducir ao máximo o número de accidentes que se  producen en Galicia ao usar este vehículo. Centrarase especialmente nas envorcaduras, en tanto son a principal causa de accidentes de tractor, seguida polo atrapamento na toma de forza e polos de circulación.

 

De feito, hai que recordar que o tractor é, ao mesmo tempo, unha maquinaria de traballo e un medio de transporte, polo que boa parte dos accidentes rexistrados non son catalogados como laborais ou de circulación. “En calquera caso, preocúpannos todos e cada un dos accidentes, e queremos reducilos ao mínimo posible”, subliñou Mato. Así, lembrou que, desde 2011 téñense rexistrado máis de 70 falecementos por accidente de tractor, dos que dous terzos producíronse no eido privado. De aí a importancia desta campaña, dado que hai que concienciar da necesidade de extremar as precaucións en todos os ámbitos.

 

Esta nova campaña basearase na coordinación. Deste xeito, a través da colaboración coa Delegación do Goberno, a Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil vai difundir máis de 33.500 trípticos e 1.600 carteis elaborados polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

 

O material incluirá información sobre os elementos de protección da máquina e o seu mantemento, as medidas para evitar envorcaduras e un apartado específico sobre seguridade viaria. Distribuiranse a través de catro puntos principais: os controis en estrada que realice a Garda Civil a tractores; nas unidades móbiles para tractores da ITV, así como nos seus puntos fixos; e nos concellos, especialmente naqueles do rural.

 

Esta iniciativa complementarase cos 15 cursos que impartirá o ISSGA centrados no manexo do tractor. Esta oferta forma parte dunha programación máis ampla, de 53 actividades formativas, centrada no sector agrícola e que inclúe outras áreas como a maquinaria forestal, as explotacións agropecuarias ou a prevención do uso nos produtos químicos fitosanitarios.

 

Asemade, o ISSGA participará na 38º Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra en Silleda entre os días 11 e 14 de xuño. Neste evento o instituto contará cunha caseta informativa onde divulgará diferentes documentos editados sobre prevención de riscos laborais nos sectores agrogandeiro e forestal, prestándolle especial atención ao manexo seguro do tractor.

 

Plan Estratéxico 2015-2020

O obxectivo, segundo Mato, é seguir avanzando na prevención de riscos laborais e, por iso, agora mesmo estase traballando no desenvolvemento do Plan estratéxico de seguridade e saúde laboral para o período de 2015-2020. Esta planificación dará continuidade á que xa se desenvolveu entre 2011 e 2014, e incluirá todas as melloras e actualizacións que sexan necesarias. O borrador desta estratexia xa foi presentado aos axentes sociais e agora mesmo atópase en fase de alegacións.

 

 

Evolución dos accidentes de circulación con vehículos agrícolas implicados (Fonte: DXT)

Galicia 2011 2012 2013 2014 2015 (ata 31 maio)
Acc. Fallc. Grav. Acc Fallc Grav Acc. Fallc Grav Acc Fallc Grav Acc Fallc Grav
A Coruña 8 3 4 8 1 1 7 1 0 10 2 0 3 1 1
Lugo 7 3 4 9 2 4 8 1 3 3 0 0 2 0 0
Ourense 2 1 0 2 2 0 3 0 1 2 1 1 0 0 1
Pontevedra 7 1 1 6 1 1 9 2 3 11 0 5 4 1 1
Total 24 8 9 25 6 6 27 4 7 26 3 6 9 2 3

 

 

 

 

 

 

 

 

Evolución dos accidentes laborais con vehículos agrícolas implicados (fonte: ISSGA)

 

Galicia 2011 2012 2013 2014 2015 (ata 31 maio)
Acc. Fallc. Grav. Acc Fallc Grav Acc. Fallc Grav Acc Fallc Grav Acc Fallc Grav
A Coruña 11 0 0 7 0 0 10 0 0 12 0 0 6 0 1
Lugo 29 0 5 17 0 3 8 1 0 14 1 0 12 0 2
Ourense 2 0 0 1 0 0 4 0 0 2 0 0 0 0 0
Pontevedra 4 0 0 7 0 0 6 0 1 5 0 1 2 0 0
Total 46 0 5 32 0 3 28 1 1 33 1 1 20 0 3

 

 

 

 

 

 

 

10 DE XUÑO, PRESENTACIÓN DA OBRA DE PATRICIA SKINNER EN DETRÁS DO MARCO

10 DE XUÑO, PRESENTACIÓN DA OBRA DE PATRICIA SKINNER EN DETRÁS DO MARCO – Vigo

Patricia Skinner presentará mañá 10 de xuño (20:00 horas) en Detrás do Marco a súa colección de libros en inglés, “para aprender inglés didáctica, lúdica e poéticamente”.

Con este acto, Patt desexa presentar a súa colección de libros escritos, ilustrados e narrados para educar a todos os públicos, de todas as idades, nacionalidades e relixións. Chámaos «o seu exército» para devolver o sorriso á humanidade cognitivamente.

Patricia é unha artista, escritora, poeta, deseñadora versátil e polifacética, que leva máis de 30 anos no ensino a todos os niveis e en varios países, dende nenos de 1 ano a directivos de empresas e médicos.

Debido á profesión dos seus pais viviu e educouse por todo o mundo: dende Bolivia, Arxentina,Gran Bretaña, Illas Caymán, Brasil, Irán, Panamá, Portugal, USA, Indonesia, España e  un longo etc.

Patricia Skinner, licenciada en Educación por Winchester University (UK),  tamén colabora activamente con institucións benéficas, de forma que organizou e doou parte da súa obra a distintas institucións e obras benéficas.

 

Día: 10 de xuño

Hora: 20:00

Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres s/n)

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o MARCO lanzan unha convocatoria conxunta de apoio á produción para alumnas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

unnamedA partir de mañá martes, 9 de xuño, ábrese o prazo de presentación de proxectos para a convocatoria de axudas á produción ARTISTAS 2015.

Trátase dunha iniciativa conxunta da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que ten como obxecto a realización dunha exposición individual no Anexo do MARCO (sala de proxectos situada no vestíbulo principal) no ano 2016, a través dunha convocatoria de apoio á produción.

A esta convocatoria poden presentar proxectos alumnas da Universidade de Vigo graduadas en Belas Artes, posgraduadas no Mestrado en Arte Contemporánea, Creación e Investigación, ou matriculadas en calquera programa de doutoramento durante o curso 2014-2015.

ARTISTAS é unha iniciativa destinada a apoiar ás mulleres que desexan comezar a súa andaina no campo da arte, facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional, buscando novas redes de difusión, promovendo e dando visibilidade aos seus traballos, dadas as maiores dificultades que teñen respecto aos homes. O proxecto está comisariado por Mar Caldas e Almudena Fernández Fariña, profesoras da Facultade de Belas Artes, e a colaboración co MARCO iniciouse no ano 2013, a través de varias presentacións públicas e da exhibición de postais realizadas polas artistas participantes nas dúas pasadas edicións.

En palabras da directora da Área de Igualdade da Universidade de Vigo, Anabel González Penín, “esta é a primeira ocasión que o proxecto ARTISTAS se concreta en axudas á produción. Ata agora, a convocatoria consistía na selección de imaxes de obras das artistas participantes, que se reproducían en postais para ser distribuídas de balde nos centros da Universidade de Vigo e noutros espazos e centros de arte contemporánea. Un percorrido necesario para chegar á edición deste ano, na que o proxecto intermedia entre as alumnas e o Museo para facilitarlles a posibilidade de expoñer a súa obra”.

“Levamos xa realizadas catro edicións, e a repercusión do proxecto foi alta dentro e fóra da comunidade universitaria. É un proxecto coñecido e reclamado cada ano. Nunha enquisa realizada entre as alumnas que participaron nas edicións anteriores, manifestan estar moi satisfeitas coa ampla difusión da súa obra a través das postais, que chegaron a un público ao que polos seus propios medios non sería posible achegarse. Agora ábrese unha nova etapa na que a implicación do MARCO é sustancial para os obxectivos do proxecto, pois ofrece a posibilidade de inmersión nun centro de arte real e de traballar nun entorno profesional. É unha oportunidade única para as alumnas de Belas Artes para ter un espazo de visibilización da súa obra nun centro de arte de referencia”.

Nesta misma liña apunta Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, que considera fundamental o apoio a iniciativas que contribúan á profesionalización no ámbito da arte contemporánea, como é o caso do Premio para novos comisarios —realizado en colaboración con FRAC Lorraine e SFKM e que tivo como resultado a exposición A voz do tradutor, recentemente inaugurada no 1º andar— ou as Bolsas de Produción DKV/MARCO, concedidas a Patricia Dauder e Misha Bies Golas.

“Neste caso, agradecemos a oportunidade que nos brinda a Área de Igualdade da Universidade de Vigo para poñer en marcha a convocatoria. O Museo comprométese nesta nova etapa do programa, para servir como plataforma de visibilización do traballo das artistas, e facilitarlles o inicio da súa andaina profesional mediante a elaboración dunha proposta para un espazo concreto e a implicación directa en todas as etapas dun proxecto expositivo, dende a súa concepción ata a produción e difusión. O proxecto seleccionado formará parte da programación de exposicións do MARCO en 2016, dentro do ciclo do Anexo, e a artista gañadora poderá levar a cabo a súa proposta contando coa implicación de todo o equipo, os medios técnicos, honorarios, e o orzamento necesario para produción de obra.”

O prazo de presentación finaliza o 1 de setembro de 2015, e a selección do proxecto gañador estará a cargo dun xurado integrado por Mar Caldas e Almudena Fernández Fariña, como representantes da Universidade de Vigo; Agar Ledo Arias e Iñaki Martínez Antelo por parte do MARCO; e a comisaria responsable da programación do Anexo en 2016.

Achéganse a esta nota de prensa as bases da convocatoria coa información sobre requisitos, prazos e criterios de valoración, tamén dispoñible para descarga nas webs de ámbalas dúas entidades, xunto con planos e imaxes do Anexo.

www.marcovigo.com

http://www.uvigo.es/uvigo_es/administracion/igualdade

 

Link á noticia publicada no Diario da Universidade de Vigo:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10055&Itemid=47