Ayuntamiento de Vigo

 


Caballero supervisa a humanización de María Berdiales a quince días de que remate a obra

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu na mañá deste mércores a María Berdiales para supervisar a evolución dos traballos de humanización que acomete o Concello nunha rúa “no corazón de Vigo” que “sufría afundimentos continuos”. Nesta visita, avanzou, asimesmo, que a rúa Manuel Núñez terá o tráfico restrinxido para residentes.

 

Vigo adica preto de medio millón de euros ao servizo sanitario e de socorrismo nas praias

O alcalde de Vigo asinou hoxe mércores o convenio do Cruz Vermella para a prestación da asistencia de primeiros auxilios e transporte sanitario en dez praias da cidade, do 15 de xuño ao 15 de setembro. O goberno local adica preto de medio millón de euros á atención da seguridade nas praias, unha prestación, que non sufriu ningún recorte nos últimos anos.

 

Preto de 3.000 familias viguesas solicitan axudas de aluguer, subministros e alimentación

Máis de 2.800 familias solicitaron acceso ao Plan Extraordianario de Axudas -dotado con 2 millóns de euros- para achegas de aluguer, alimentación ou subministros. Estas cifras supoñen, segundo o rexedor, un aumento dun 40% respecto do ano pasado.

 


Caballero di que a Copa Vigo, “o torneo máis antigo”, ofrece “alta calidad e emoción” nunha final inédita entre Santa Mariña e Victoria

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por presidentes, directivos e xogadores de varios equipos de fútbol afeccionado da cidade, presentou hoxe a Copa Vigo de fútbol, que en categoría masculina xa coñece os finalistas, Santa Mariña e Victoria, con Balaídos como escenario este sábado día 13 (19,00 horas), e a terceira edición do torneo feminino, que xogará as súas semifinais o día 17 e a súa final o sábado 20. O Concello é o patrocinador do evento, que ten entrada gratuíta á final.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: