Archive | junio 11, 2015

ESCUELA SUR Y ACCIONA PRESENTAN TRES NUEVAS CITAS DE LA CÁTEDRA ACCIONA EN JUNIO

Eduardo Souto de Moura, Miguel Zugaza y Antoni Muntadas son los protagonistas de las nuevas masterclass de la Cátedra ACCIONA

 

Tres nuevas fechas en este mes de junio que acercan al público la perspectiva de profesionales de relevancia internacional del mundo del arte y la cultura dentro del ciclo anual de Cátedra ACCIONA de SUR Escuela

unnamed (1)

Afundación abre mañá en Vigo a exposición fotográfica «Olladas da diversidade»

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta desde mañá na súa Sede de Vigo  (Velázquez Moreno, 18) a exposición «Olladas da diversidade », que mostra o traballo realizado no Laboratorio de fotografía  Di-versión-arte, que se desenvolveu nas sedes da entidade en Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra entre novembro de 2014 e maio de 2015 e no que participaron 60 persoas con diversidade funcional e profesionais de distintos ámbitos interesados no uso da fotografía e da arte como ferramenta de inclusión social. A exposición, que permanecerá aberta ata o 27 de xuño, pode visitarse de luns a sábados, de 17.30 h a 20.30 h. Con motivo da inauguración da mostra, ás 18.30 h, o grupo de danza da Fundación Igualarte, integrado tamén por persoas con diversidade funcional, fará unha performance na propia sala de exposicións, con acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

 

Nancho Novo protagoniza o monólogo máis representado da historia de Broadway: El cavernícola

Os teatros da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) en Vigo e Pontevedra acollerán a vindeira semana El cavernícola, o monólogo máis representado da historia de Broadway, protagonizado na súa versión para España polo actor coruñés Nancho Novo e dirixida por Marcus von Watchel. As representacións terán lugar o xoves 18 e o venres 19 de xuño no Teatro Afundación Vigo, ás 21.00 h e 22.00 h respectivamente e o sábado 20 de xuño no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, ás 21.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben en na billeteira telefónica no 902 504 500 e nas sedes de Afundación de Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña, nas billeteiras da Central de Espectáculos de Vigo e no recinto do espectáculo o propio día da función.