O BANCO DE ESPAÑA CONFIRMA QUE GALICIA SEGUE SENDO A COMUNIDADE DE REFERENCIA NO CONTROL DA DÉBEDA, QUE XA É 4,5 PUNTOS INFERIOR Á MEDIA AUTONÓMICA

  • A Xunta reduciu o seu endebedamento no primeiro trimestre en 55 millóns de euros
  • Galicia é a comunidade que menos aumentou a súa débeda dende 2008
  • Tendo en conta a ratio global que inclúe empresas públicas, Galicia ten un endebedamento 4,9 puntos inferior á media

 

Santiago, 12 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia reduciu a súa débeda no primeiro trimestre do ano en 55 millóns de euros, e o endebedamento público da Comunidade galega xa é 4,5 puntos inferior á media das comunidades autónomas, segundo os últimos datos publicados hoxe polo Banco de España, que ratifican que Galicia segue sendo a comunidade de referencia no control da débeda pública.

 

Así, a ratio de débeda/PIB de Galicia reduciuse no primeiro trimestre do ano en dúas décimas, ata o 18,0%, mentres que no total das comunidades autónomas aumentou unha décima, ata o 22,5%. En consecuencia, Galicia mantén un diferencial positivo de 4,5 puntos respecto ao conxunto do Estado, un indicador que está mellorando ano a ano dende 2009 e que hai un ano era de 2,7 puntos.

 

Os datos do Banco de España confirman que Galicia é a autonomía que mellor controla a súa débeda pública. De feito, é a comunidade que menos incrementou o seu endebedamento dende 2008, cun crecemento acumulado 76 puntos menor que a media autonómica. En contraste, Galicia era en 2008 a cuarta autonomía con maior ratio de débeda/PIB de toda España.

 

Ademais, a Comunidade galega foi tamén a comunidade de réxime común onde menos creceu a débeda durante o ano 2014.

 

Empresas públicas

Tendo en conta a ratio global de débeda -incluíndo a das empresas públicas- o diferencial positivo é aínda maior, de 4,9 puntos. Segundo os datos do Banco de España, a ratio de débeda/PIB das empresas públicas en Galicia é do 0,1%, moi inferior ao conxunto de comunidades (0,5%).

 

De feito, o endebedamento das empresas públicas da Administración galega reduciuse no último ano á metade, pasando dunha ratio débeda/PIB do 0,2% ao 0,1%. Compróbase así que Galicia segue apostando pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas, cunha redución acumulada do 75% dende 2009.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: