BENESTAR LICITA A CONTRATACIÓN DE XANTAR NA CASA, QUE CADA SEMANA LEVA MENÚS A DOMICILIO A 1.300 BENEFICIARIOS‏

  • Este programa permite que as persoas maiores, en risco de exclusión ou dependentes reciban no seu fogar unha alimentación de calidade, adaptada ás súas necesidades
  • O servizo proporciona tamén un seguemento individualizado dos usuarios e posibilita a detección de necesidades psicosociais
  • O importe da licitación ascende a preto de sete millóns de euros e o prazo de execución é de dous anos con posibilidade de prórrogas ata os catro anos

 

Santiago, 17 de xuño de 2015.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación, polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do desenvolvemento do programa Xantar na Casa en máis de 150 concellos galegos durante os próximos dous anos.

 

O programa Xantar na Casa consiste na subministración e entrega nos domicilios un día á semana de menús para os sete días seguintes. Os beneficiarios do servizo son persoas maiores de 60 anos que teñen limitada a súa autonomía persoal e non contan con rede de apoio; persoas dependentes que carecen de apoio familiar e requiren de axuda para a preparación de alimentos, e outras persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, avaliada polos Servizos Sociais do concello respectivo.

 

O obxectivo do programa é proporcionar aos beneficiarios unha alimentación de calidade e nutritiva, atendendo os casos de xeito individualizado e profesionalizado, co que se evita o deterioro da calidade de vida das persoas maiores e/ou dependentes por teren unha dieta inadecuada. Busca tamén evitar situacións de risco que se poidan producir no proceso de elaboración da comida, e facilitar un respiro ás familias e aos coidadores.

 

Ademáis da subministración dos menús, o programa inclúe polo tanto un componente social no eido da detección precoz da dependencia, xa que a visita do persoal repartidor permite un seguemento individualizado e a detección de necesidades psicosociais, en coordinación e como apoio aos servizos sociais municipais de referencia nos concellos.

 

O importe da licitación do programa Xantar na Casa ascende a 6.910.618 euros e o prazo de execución inicial é de dous anos, con posibilidade de prórrogas anuais ata acadar os catro anos. O prazo para a presentación de ofertas remata o de xullo ás 14,00 horas.

 

Segundo se recolle nos pregos da licitación, o número medio de persoas beneficiarias é de 1.300, distribuidas por todo o territorio galego nos concellos adheridos ao programa: 53 na provincia de A Coruña, 32 na de Lugo, 42 na provincia de Ourense e 26 en Pontevedra.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: