MATO APELA Á RESPONSABILIDADE DAS EMPRESAS COAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL PARA ACADAR UNHA ACCESIBILIDADE UNIVERSAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asistiu hoxe en Santiago á presentación do programa Ford Adapta que se desenvolve en colaboración coa Fundación ONCE
  • Mato lembrou o “firme compromiso” da Xunta coas persoas con discapacidade resaltando a actualización da Lei de Accesibilidade de Galicia que entrou en vigor este ano
  • O Goberno galego incrementou por segundo ano consecutivo o orzamento para a discapacidade que alcanzou en 2015 os 100 millóns de euros

 

Santiago, 17 de xuño de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apelou hoxe á responsabilidade das empresas coas persoas con diversidade funcional na presentación en Santiago do programa Ford Adapta que esta firma multinacional está a desenvolver en colaboración coa Fundación ONCE. A titular de Benestar destacou a importancia de contar en Galicia cun tecido empresarial responsable coa sociedade para acadar unha accesibilidade universal.

 

O programa Ford Adapta pretende contribuír a acadar unha accesibilidade e mobilidade universal e, polo tanto, dar un paso máis na integración e inclusión das persoas con discapacidade.

 

Estes mesmos obxectivos, segundo explicou Mato, son compartidos e son prioritarios para o Goberno galego, lembrando o “firme compromiso” da Xunta coas persoas con discapacidade.

 

Así, sinalou que este mesmo ano entrou en vigor a actualización da Lei de Accesibilidade de Galicia que a Xunta levou a cabo en consenso coas principais entidades que traballan neste eido. O obxectivo deste marco lexislativo é acadar unha accesibilidade universal, que supere o concepto tradicional das barreiras arquitectónicas, regulando, por exemplo, o ámbito das novas tecnoloxías da comunicación.

 

Ademais, a titular de Benestar apuntou que a Consellería de Traballo e Benestar aumentou en 2015 e por segundo ano consecutivo o orzamento para a discapacidade, alcanzando en global a cifra de 100 millóns de euros. Isto supón un crecemento de preto do 9 por cento nos dous últimos anos

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: