Xornada técnica sobre sostibilidade na construción de obra civil en Allariz

A construtora de Ourense Misturas reúne a un cento de profesionais nun acto que coincide co 25 aniversario do seu nacemento 

Xornada técnica sobre sostibilidade na construción de obra civil en Allariz

Ourense (17-xuño-2015).- Allariz acollerá mañá, 18/06, a I Xornada Técnica ‘Sostibilidade na construción de obra civil: novas perspectivas’, un encontro organizado por Misturas cando se cumpren, neste mes de xuño, 25 anos do seu nacemento.

A construtora utilizará este evento para amosar os resultados dalgúns proxectos de investigación e innovación nos que participa, e analizar algunhas novas técnicas empregadas en construción. O Concello de Allariz e Extraco colaboran na organización da xornada, que reunirá arredor dun cento de participantes, entre técnicos de diferentes administracións, empresas e universidades, e que terá lugar no salón de actos de ‘O Fogar’ de Allariz a partir das 10.00 horas.

Concretamente abordarase o proxecto ‘Sitegi’, unha iniciativa dun consorcio empresarial do que forman parte Extraco e Misturas, ademais da Universidade de Vigo, e que optimiza a aplicación de sistemas integrados de tecnoloxías para a xestión de infraestruturas viarias, co obxectivo de mellorar a seguridade e reducir os custos de mantemento. Analizarase tamén o proxecto ‘Biovalvo’, para a valorización das cunchas de mexillón na construción, idea na que participa Extraco xunto con institucións como o CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) e a Universidade da Coruña. Os asistentes poderán comprobar ‘in situ’ algúns dos resultados destas dúas iniciativas, durante a visita técnica ás plantas de aglomerado en quente e en frío que Extraco e Misturas, respectivamente, teñen no polígono industrial de Chorente, en Allariz.

Así mesmo, a xornada inclúe outros relatorios sobre técnicas viarias adaptadas ao cambio climático, a cargo de Daniel Andaluz, da “Asociación Técnica de Emulsiones Bituminosas”, e sobre mesturas en frío fabricadas con RCD’s, que impartirán Ignacio Pérez e Breixo Gómez, do Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña.

 

Achégase a continuación un resumo do programa da xornada.

10.00 h: Inauguración

10:15 h: Relator D. Daniel Andaluz, Asociación Técnica de Emulsiones Bituminosas (ATEB). “Proxecto TRACC: Técnicas Viarias adaptadas ao cambio climático”.

10:45 h: Relatores  D. Ignacio Pérez e D. Breixo Gómez Meijide. Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da Universidade da Coruña (UDC). “Mesturas bituminosas en frío fabricadas con RCD´s”.

11:45 h: Relatores Dª Belén González Fonteboa e D. Fernando Martínez Abella. Grupo de Construción da UDC. “Proxecto Biovalvo: Valorización das cunchas de mexillón na construción”.

12:15 h: Relatores:  D. Higinio González Jorge e D. Pedro Arias Sánchez. Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de  Vigo (UVigo). “Proxecto SITEGI: Sistemas integrados de tecnoloxías para a xestión de infraestruturas do transporte. Unha porta aberta ao futuro da conservación”.

12:45 Visita técnica: tramos de proba construídos para os proxectos SITEGI (coa UVigo) e Biovalvo (coa UDC), e plantas de fabricación de aglomerado en frío e en quente de Misturas e Extraco.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: