Afundación acolle desde mañá a mostra de Proxecto Home «Arte e solidariedade»

A Sede da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) en Vigo acollerá desde mañá a exposición «Arte e solidariedade», unha iniciativa coa que Proxecto Home celebra o seu 25 aniversario en Galicia. Na mostra, que se inaugurará ás 20.00 h na Sala de Exposicións I, colaboran 39 artistas que ceden a súa obra para obter fondos en favor do proxecto desta asociación. Así, un setenta e cinco por cento do diñeiro que se recade coas ventas, destinarase ao sostemento dos programas que desenvolve Proxecto Home. A exposición, que ten carácter itinerante, poderá visitarse ata o vindeiro 18 de xullo, de luns a sábados de 17.30 a 20.30 h. O presidente de Proxecto Home en Galicia, Ramón Gómez Crespo, e os dous comisarios da mostra en Vigo, Paula Mariño e Antón Pulido, presentarán o proxecto mañá en rolda de prensa, ás 12.00 h na Sede de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 24).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: