O CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA DI QUE AS MEDIDAS POSTAS EN MARCHA POLA XUNTA NO MERCADO DE CARBURANTES “VAN POLO BO CAMIÑO”

  • O presidente deste organismo, Francisco Hernández, presentou hoxe no Parlamento a memoria anual do organismo
  • Destacou os avances logrados na loita contra a colusión na contratación pública
  • Mostrou a preocupación do CGC polo sector agroalimentario galego e lembrou a importancia da competencia para incrementar a eficiencia dos produtores e axudarlles a adaptarse ao novo marco
  • Ademais, Francisco Hernández informou sobre a realización dun novo informe sobre o sector eléctrico

 

Santiago, 18 de xuño de 2015.- O presidente do Consello Galego da Competencia (CGC), Francisco Hernández, afirmou hoxe no Parlamento que tanto o diagnóstico como as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para reforzar a competencia no mercado minorista dos carburantes son correctos e “van polo bo camiño”.

 

Neste sentido, durante a presentación da Memoria Anual do organismo que preside, lembrou que o informe elaborado polo CGC advertira de que o mercado galego de carburantes ten un menor grao de competencia na distribución minorista, o que ten relación directa cos prezos de venda ao consumidor, maiores que a media estatal, e propoñía aumentar a competencia como fórmula para reducir os prezos.

 

Precisamente, Hernández puxo como exemplo a cidade de Lugo, onde na actualidade existen xa varias estacións de servizo non pertencentes ás grandes operadoras. Isto provocou unha tendencia á baixa nos prezos das estacións de servizo da cidade, de forma que os prezos do gasóleo na maior parte das gasolineiras de Lugo “son inferiores á media de Galicia”.

 

“É dicir, o noso diagnóstico é correcto e as medidas do Goberno galego para reforzar a competencia minorista facilitando a apertura de gasolineiras van polo bo camiño”, sinalou o presidente do Consello Galego de Competencia.

 

Ademais, Hernández fixo alusión aos avances logrados na loita contra a colusión na contratación pública e á preocupación do CGC por esta área. Neste contexto, explicou que a aprobación da Lei de racionalización do sector público autonómico abriu unha vía eficaz que permite que cheguen a este organismo procedementos de contratación nos que existen sospeitas de colusión entre licitadores. Así, no 2014 foron numerosas as consultas e pliegos remitidos a este organismo, con catro expedientes abertos e un xa incoado.

 

Por outra banda, o presidente do CGC lembrou que este organismo leva anos implicado nos problemas do sector agroalimentario, no que destaca o mercado do leite. Neste campo, destacou o informe de denuncia da situación  elaborado en Galicia e a apertura no ámbito estatal dun expediente á industria láctea pola que se sancionou cunha cantidade superior aos 88 millóns de euros. Abriuse ademais un expediente a unha gran cadea de distribución polos baixos prezos de venda do polo.

 

Francisco Hernández incidiu en que nos novos mercados agroalimentarios liberalizados e cada vez máis globais a competencia é necesaria para incrementar a eficiencia dos produtores, axudándolles a adaptarse mellor ao novo marco comunitario.

 

Informe sobre o sector eléctrico

Na mesma comparecencia, o presidente do CGC informou da realización dun novo informe sobre o sector eléctrico que estará centrado en dous mercados de ámbito autonómico e local, a distribución e a comercialización. Segundo expuxo, trátase de dous mercados moi diferentes, posto que no primeiro caso existe unha situación “de monopolio ou ‘cuasi’ monopolio”, mentres que no segundo hai máis competencia.

 

Deste xeito, este informe terá en conta aquelas prácticas do sector eléctrico que causan máis queixas por parte dos consumidores.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: