Concello de Vigo

 

O Concello inspeccionará 19 fogueiras para que poidan ser autorizadas en San Xoán

O rexedor advertiu esta mañá de que só se autorizarán as fogueiras que previamente sexan revisadas polo servizo municipal de bombeiros. Tal e como explicou efectivos inspeccionarán entre hoxe luns e mañá as 19 solicitudes presentadas.

 


Profesionais británicos visitan Vigo para coñecer o uso do granito na construción da cidade

No Museo do Mar, o alcalde quixo este luns apoiar coa súa presenza a viaxe organizada polo Cluster do Granito, que trae á cidade a responsables de importantes estudos de arquitectura e edificación británicos para coñecer fórmulas e técnicas de uso deste material, tanto nos edificios como nas humanizacións de rúas.

 

O goberno local implantará en setembro os plans de tráfico para colexios de forma progresiva

Caballero indicou que a experiencia piloto levada adiante en xuño en 13 colexios “deu moi bo resultado”, polo que os plans de tráfico específicos se incorporarán ao resto de centros públicos e concertados de Vigo ao longo de setembro, de forma progresiva, para garantir a presenza de efectivos policiais de apoio durante os primeiros días.

 

Paseo guiado das herbas de San Xoán

A Concellaría de Normalización Lingüística prepara un ano máis unha saída guiada e charla sobre as herbas que compoñen o cacho, as súas propiedades, características, particularidades…Será o martes 23 a partir das 19.30 h na parroquia de Valadares, concretamente con saída e chegada ao seu centro cultural e veciñal.

 


OBRADOIROS DE VERÁN 2015 DA ESCOLA MUNICIPAL TEATRO

A Escola Municipal de Teatro,realiza no mes de xullo de 2015 tres Obradoiros de: DANZA PARA ACTORES, INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA e TEATRO MUSICAL CONTEMPORÁNEO,nas instalacións da EMT, avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.O prazo de preinscrición finalizará o 23 de xuño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: