Mar Maior amosa unha nova Emilia Pardo Bazán

El vidrio roto recolle unha antoloxía de relatos publicados en diversas publicacións arxentinas

Máis coñecida polas súas novelas, a narradora máis poderosa das letras españolas do século XIX e primerios anos do século XX, volve á actualidade da man do profesor González Herrán, que reúne por primeira vez esta producción dispersa entre os anos 1892 e 1921 en diversas publicacións arxentinas.
O acto de presentación será este venres día 26 de xuño, na librería Cronopios deSantiago de Compostela ás 20horas e nel interventrán: Darío Villanueva,presidente da Real Academia Española​, J.M. González Herrán, autor e Víctor Freixanes, director do selo Mar Maior, nacido dentro da Editorial Galaxia para dar a coñecer a nosa literatura máis alá das nosas fronteiras.

Os relatos recollidos nesta antoloxía ofrecen unha boa mostra dos diferentes tipos de literatura cos que Pardo Bazándeu mostra abondo da súa capacidade narrativa nun contexto histórico no que os homes dominaban a literatura. Unha muller cunha personalidade arrolladora, polémica e transgresora; un espíritu libre que nunca deixou indiferentes aos seus contemporáneos, como tampouco deixa indiferentes aos seus lectores.
Relatos breves inspirados na condición humana e nos conflictos sociais da época. González Herrán defende que a mellor maneira de entrar en contacto coa obra dePardo Bazán é a través dos seus máis de 600 contos, “pezas literarias magníficas pensadas para ser publicadas en periódicos” e que polo tanto “son breves, sinxelas, dixidas a un público amplo e con final sorprendente”. Nesta recopilación de corenta e seis relatos, destacan os referidos á emigración e de ahí provén o título  El vidrio roto, dun dos textos que conta a historia dun campesiño galego emigrante que envía caros á súa familia para que restauren a casa na que viven e que, cando regresa,comprende que non os empregaron exactamente para o que él pedira.
O profesor José Manuel González Herrán ten previsto publicar a finais de ano un segundo volume de relatos cortos, centrándo esta vez as publicacións de Pardo Bazán enviadas a Estados Unidos, Cuba e Venezuela.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: