VALERIANO MARTÍNEZ LEMBRA QUE OS PENSIONISTAS RETORNADOS PODEN SOLICITAR ATA O 30 DE XUÑO A DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS, RECARGOS E XUROS DE DEMORA

  • O conselleiro de Facenda destacou que o proceso extraordinario de regularización dá resposta á principal demanda deste colectivo, que é non ser tratados como defraudadores
  • A asistencia aos contribuíntes realízase a través de plataformas conxuntas nas que participa persoal da Xunta e da AEAT, e que xa atenderon a 10.000 retornados
  • Con este proceso, todos os pensionistas reciben o mesmo trato fiscal

 

Santiago, 23 de xuño de 2015.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, lembrou hoxe que os pensionistas retornados teñen ata o 30 de xuño para solicitar a devolución das sancións, recargos e xuros de demora, dentro do proceso extraordinario de regularización posto en marcha pola Axencia Tributaria do Estado (AEAT).

 

Nunha intervención no Parlamento, o titular de Facenda destacou que este proceso extraordinario dá resposta á principal demanda deste colectivo, que foi dende un inicio non ser tratados como defraudadores. Tamén indicou que esta foi precisamente a petición aprobada por unanimidade no Parlamento galego.

 

Neste sentido, Valeriano Martínez explicou que a Administración está a prestar asistencia aos pensionistas retornados que o precisan. Esta asistencia está a levarse a cabo a través de plataformas conxuntas nas que participa persoal da Xunta –da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)- e tamén do Estado.

 

“O noso compromiso activo con este colectivo queda unha vez máis reflectido no número de contribuíntes atendidos ata o momento”, sinalou Valeriano Martínez, tras avanzar que preto de 10.000 pensionistas retornados recibiron asistencia a cargo de persoal especializado, que presta a axuda necesaria no proceso de regularización.

 

Ademais, recordou que a Axencia Tributaria de Galicia achegou 26 técnicos para participar nas plataformas conxuntas e axudar a este colectivo, cun custo de 300.000 euros. “Deste xeito, a atención é aínda máis directa e próxima aos cidadáns afectados”, afirmou o conselleiro, quen incidiu en que a ATRIGA tamén habilitou un teléfono de información para atender aos retornados que teñan dúbidas sobre o proceso que deben seguir.

 

Finalmente, na súa intervención o conselleiro de Facenda afirmou que o proceso extraordinario de regularización iniciado o pasado 1 de xaneiro permite outorgar o mesmo tratamento a todos os pensionistas retornados, aos que cumpriron as súas obrigas e tamén a aqueles que, aínda sen ánimo defraudatorio, non o fixeron

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: