A XUNTA LEMBRA QUE AS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL RECIBIRÁN ESTE ANO MÁIS DE 5,2 MILLÓNS DE EUROS PARA AS SÚAS ACTIVIDADES

  • _MG_2652A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá AFÁN, a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado, que nos últimos anos foi beneficiaria deste tipo de subvencións con máis de 280.000 euros.
  • Esta Orde de axudas medra en Galicia este ano un 40%, está parcialmente cofinanciada polo FSE e, por primeira vez, é plurianual.
  • As entidades que traballan a prol da inclusión na cidade e en toda Galicia teñen de prazo ata o 9 de xullo para poder solicitalas.
  • Outórganse ao abeiro da nova convocatoria recentemente publicada no DOG para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión.
  • AFÁN tamén conta cunha escola infantil de iniciativa social para nenos e nenas de 0 a 3 anos con poucos recursos que na última convocatoria de axudas da Xunta recibiu máis de 37.000 euros.

 

Vigo, 29 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia ten aberta nestes momentos a nova convocatoria de axudas para as entidades de iniciativa social que dirixan o seu labor á promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión.

 

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou unha visita a AFÁN (Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado), que nos últimos anos foi beneficiaria deste tipo de subvencións con máis de 280.000 euros. Na última convocatoria de 2014, o colectivo recibiu un total de 44.500 euros para financiar o mantemento das súas actividades e servizos que prestan de cara a atender ás persoas en risco de exclusión.

 

Bravo Bosch aproveitou a ocasión para lembrar que as entidades de iniciativa social da cidade e de toda Galicia teñen de prazo ata o 9 de xullo para poder solicitar este tipo de axudas. De feito, concretou que esta nova convocatoria medra en Galicia este ano un 40% con respecto a 2014, en concreto ata os 5,2 millóns de euros, e un 62% con respecto a 2013, sendo así o terceiro ano consecutivo que aumenta o seu financiamento.

 

Ademais, informou de que estas subvencións están parcialmente cofinanciadas polo FSE é, por primeira vez, son plurianuais, “co obxectivo de dar resposta precisamente ás demandas das propias entidades”. Deste xeito facilítaselles un prazo maior para executar as súas actuacións, polo que poden mellorar cualitativamente e afondar en actividades que precisan dun recorrido amplo, como poden ser os itinerarios de inclusión sociolaboral. O período subvencionable estenderase así desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de marzo de 2016.

 

A escola infantil Santo Tomé de Freixeiro

A delegada visitou as instalacións de AFAN xunto a súa presidenta, Hortensia González, e a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, María Peón, onde gabou o labor que realiza esta institución amosando así o recoñecemento do Goberno galego ao traballo que día tras día desenvolven ao servizo da sociedade dende o ano 1987.

 

Bravo Bosch percorreu tamén a escola infantil de iniciativa social que AFÁN ten nas súas instalacións. E que ademais do seu labor asistencial e de voluntariado, o colectivo mantén unha gardería para nenas e nenos de familias con poucos recursos que acolle a uns trinta cativos.

 

Neste curso que agora remata, a Consellería de Traballo e Benestar concedeu axudas por preto de 3 millóns de euros a este tipo de escolas infantís de iniciativa social sen ánimo de lucro coas que se financian unhas 2.700 prazas de nenos e nenas de 0 a 3 anos subvencionadas polo Goberno galego.

 

Na última convocatoria resolta, a Xunta concedeu case 1,12 millóns de euros para o mantemento de 14 escolas infantís de 0 a 3 anos dos concellos de Vigo e a súa área territorial. En concreto, para 9 escolas de Vigo, 2 de Moaña, 1 de Cangas, 1 de Soutomaior e outra de Gondomar onde se ofrecen, en total, 864 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Santo Tomé de Freixeiro recibiu nesta última convocatoria un total de 37.066 euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: