A XUNTA SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROCESO PARA GARANTIR O TRANSPORTE PÚBLICO AO NOVO HOSPITAL DE VIGO DESDE A CAÑIZA, PONTEAREAS, MOS E O PORRIÑO

  • Cómpre lembrar que a semana pasada, Medio Ambiente xa publicaba outro procedemento para facilitar o servizo cara o novo hospital de Vigo, en Beade, desde os concellos de Tui, Tomiño, Gondomar e O Rosal

 

Santiago, 29 de xuño de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se somete a información pública o proceso para garantir o transporte público ao novo hospital de Vigo, en Beade, desde A Cañiza, Ponteareas, Mos e O Porriño. Esta resolución pode consultarse a través deste enlace ao Diario Oficial de Galicia (DOG): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioCA02-230615-0006_gl.html.

 

Ante a posta en marcha dos servizos sanitarios que ofrecer o novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a previsible demanda de transporte público por parte de usuarios, así como de persoal do novo centro hospitalario, a Dirección Xeral de Mobilidade está a tramitar a posibilidade de novos servizos de conexión co mencionado hospital.

 

A solicitude sometida hoxe a información pública foi presentada por parte da empresa Auto Industrial S.A, e os seus servizos estarán complementados cos que solicitou prestar Viajes Melytour S.L. desde Tui, Tomiño, Gondomar e O Rosal.

 

Así mesmo, estase a iniciar a tramitación da solicitude presentada polas empresas Ojea S.A. para comunicar a nova infraestrutura hospitalaria cos municipios de Arbo Crecente As Neves, Salvaterra A Cañiza, Pontearas, O Porriño e Mos; e, no caso de Automóviles de Tuy S.A, para conectar aos concellos de Tui A Guarda, O Porriño e Mos con ovo hospital.

 

Os Servizos de Mobilidade de Pontevedra e Ourense están instruíndo os correspondentes expedientes coa audiencia e información pública preceptivas.

 

A normativa en vigor establece que a Administración autonómica valorará a conveniencia de modificar un servizo preexistente con motivo da entrada en funcionamento de centros sanitarios xeradores dunha demanda significativa de transporte. Neste sentido, o Goberno galego avanza na tramitación dunha nova parada que facilitará a mobilidade daqueles usuarios que se desprazan ata as novas instalacións hospitalarias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: